Efervesciencia

  • Autor: Vários
  • Narrador: Vários
  • Editor: Podcast
  • Duración: 475:45:23
  • Mas informaciones

Informações:

Sinopsis

Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?

Episodios

  • Efer 543 (21-1-21): Pasar de fabricar vacinas veterinarias a humanas para a covid e a tuberculose: Biofabri no Porriño

    14/02/2021 Duración: 58min

    (3:35) O proxecto CONCISE estudou como inflúe a comunicación científica nas actitudes dos cidadáns ante cuestións como as vacinas, o cambio climático ou as pseudociencias . Conversamos coa catedrática de xornalismo da Universidade de Valencia Carolina Moreno e directora do grupo de investigación Science Flows (20:54) O director do Museo de Historia Natural da USC Marcos González convídanos á exposición virtual “A ciencia en imaxe” (23:04) Non todas as vacinas se desenvolven á “velocidade da luz” como é o caso das vacinas da covid. O grupo de Carlos Martín, catedrático da Universidade de Zaragoza, leva dúas décadas desenvolvendo unha nova vacina contra a tuberculose, a MTBVAC en consorcio con Biofabri, do grupo biofarmacéutico Zendal no Porriño. Falamos dos últimos resultados de MTBVAC con Carlos Martín e Esteban Rodríguez, director xeneral de Biofabri. MTBVAC amosa protección en macacos contra a tuberculose transmitida de forma respiratoria por aerosois. Ademais veñen de demostrar en ratos que esta vacina c

  • "Os curandeiros de África, aquí son os do 5G e as vacinas" César Muñoz Fontela [Versión estendida]

    16/01/2021 Duración: 34min

    [Versión estendida en podcast] O virólogo César Muñoz Fontela coordina a mais de 200 científicos de todo o mundo dentro do grupo de Modelos Animais do proxecto R&D Blueprint da OMS. Logo dunha maratoniana videoconferencia de 6 horas onde estes expertos analizaron as novas variantes do SARS-COV-2, César tivo tempo de atender desde Hamburgo (Alemaña) a chamada de Efervesciencia para conversar das novas cepas, o estado das vacinas que están por vir, a equidade na vacinación entre os diferentes países e o papel dos modelos animais. No seu traballo de campo en África co ébola e laza, Muñoz Fontela ten atopado reticencias e rumores tales como “os europeos veñen aquí a roubármonos ós órganos”. Argumentos que no fondo son moi semellantes ao “o virus o causa o 5G”

  • Oportunidade única de ollar Urano cos teus ollos [Guía do ceo]

    16/01/2021 Duración: 16min

    Urano é un planeta tan difícil de atopar no ceo que tan so puido ser descuberto co uso do telescopio por William Herschel. Pero agora os noso estreleiros, Pawley e Baspino, dannos unha pista para atopalo facilmente a vindeira semana.

  • Efer 542 (14-1-20): Como vacinar a todo o planeta

    14/01/2021 Duración: 56min

    (2:24) En “Cambio de fase” Dani Pizarro analiza a banda deseñada “En órbita con Thomas Pesquet” (13:58) O virólogo César Muñoz Fontela coordina a mais de 200 científicos de todo o mundo dentro do grupo de Modelos Animais do proxecto R&D Blueprint da OMS. Logo dunha maratoniana videoconferencia de 6 horas onde estes expertos analizaron as novas variantes do SARS-COV-2, César tivo tempo de atender desde Hamburgo (Alemaña) a chamada de Efervesciencia para conversar das novas cepas, o estado das vacinas que están por vir, a equidade na vacinación entre os diferentes países e o papel dos modelos animais. No seu traballo de campo en África co ébola e laza, Muñoz Fontela ten atopado reticencias e rumores tales como “os europeos veñen aquí a roubármonos ós órganos”. Argumentos que no fondo son moi semellantes ao “o virus o causa o 5G” (40:54) Urano é un planeta tan difícil de atopar no ceo que tan so puido ser descuberto co uso do telescopio por William Herschel. Pero agora os noso estreleiros, Pawley e Baspino,

  • Efer 541 (6-1-21) Contamos e cantamos un ano de ciencia [Parte 2]

    11/01/2021 Duración: 01h25min

    Versión estendida da segunda parte do programa especial de aninovo, emitida o 6 de xaneiro de 2020. Contamos, e cantamos a mellor ciencia do 2020 e a que está por vir neste ano novo. Empregamos de referencia, como é tradición, a escolma da revista Science e os persoeiros do ano de Nature. Nestas dúas horas de radio escoitaremos achados fascinantes pero tamén fracasos, saberemos de senlleiros científicos e científicas que nos deixaron e tamén haberá tempo para o debate. Para todo isto contamos coa nosa tripulación titular de colaboradores científicos que nos atenden desde Vigo, A Coruña, Santiago e Ourense: Marta Vila, Irene Baspino, Martin Pawley, Rosa Pedrido, Borja Tosar, Deborah García Bello, Leonor Parcero, Wicho, Joana Magallaes, Susana Ladra e Nacho Munilla. Equipo que se complementa con César Goldi e o pianista Juanjo Fernández, e con Dosi Veiga, editor de Ceos Galegos.

  • Efer 539-540 (1-1-21) Contamos e cantamos un ano de ciencia [Parte 1]

    11/01/2021 Duración: 02h11min

    Versión estendida da primeira parte do programa especial de aninovo, que se emitiu o 1 de xaneiro de 2020. Sen dúbida as vacinas son o achado científico do ano. Falaremos delas coa catedrática de inmunoloxía da Universidade de Vigo África Gónzalez. Pero tamén abordaremos a outra ciencia que se fixo no intenso 2020. Fieis a nosa tradición tomaremos como referencia a escolma que fai a revista Science anualmente e os persoeiros que escolle Nature. Teremos tempo para contarche historias emocionantes, achados que cambian as nosas vidas, descubrimentos que fascinan o escoitalos. Tamén trataremos o bo e malo que houbo no mundo da ciencia nestes últimos 365 días, pero como estamos comezando un novo ano e gústanos a festa haberá ocasión de probar as habilidades cantoras dos noso equipo efervescente. Para todo isto contamos coa nosa tripulación titular de colaboradores científicos que nos atenden desde Vigo, A Coruña, Santiago e Ourense: Marta Vila, Irene Baspino, Martin Pawley, Rosa Pedrido, Borja Tosar, Deborah Garc

  • A peluxe do embigo [Ciencia para andar por casa]

    10/01/2021 Duración: 10min

    Bibiana García Visos analiza de onde sae a peluxe dos embigos e os diferentes tipos de cera que podemos ter nos oídos na súa sección “Ciencia para andar por casa”

  • Efer 538 (24-12-20): Como ven as adolescentes galegas a profesión científica

    10/01/2021 Duración: 58min

    (4:01) Bibiana García Visos analiza de onde sae a peluxe dos embigos e os diferentes tipos de cera que podemos ter nos oídos na súa sección “Ciencia para andar por casa” (14:47) Xuvenciencia analizou en “A Ciencia como profesión” os estereotipos e os prexuízos de xénero nas carreiras científicas nunha enquisa a 700 escolares de ESO, BAC e FP de 31 centros galegos. Unha das conclusións é que as rapazas galegas cren en si mesmas e nas súas capacidades cara facer ciencia máis que a sociedade en conxunto. Da man de Joana Magalhães conversamos con Marta Veiga (xestora de Xuvenciencia) e Laiala Al-Soufi, doutoranda en neurociencia e analista deste estudo. (34:39) Como anticipo do XIV Congreso Estatal de Astronomía que se organizará na Coruña en 2021 anúnciase a entrevista en Youtube da astrónoma galega Ana Ulla á súa colega Jocelynn Bell. A astrofísica norirlandesa xa forma parte dos grandes persoeiros da historia da astronomía. (39:25) Dani Pizarro tráenos unha crítica da versión en banda deseñada do “Sapiens” de

  • Fusobacterium, cara bonita pero malas compañas [Circo de bacterias]

    05/01/2021 Duración: 10min

    O Fusobacterium semella un pasaxeiro inofensivo do noso microbioma que temos na boca, ou na vaxina. Pero malia a súa cara bonita, esta bacteria anda con moi malas compañas e iso agora sabemos que non é casualidade. Circo de Bacterias con Esteban Fernández Moreira.

  • Anafilaxe: Unha alerxia grave e inmediata [Saber por se acaso #2]

    01/01/2021 Duración: 11min

    “Anafilaxe: Unha alerxia grave e inmediata”. Segundo capítulo da nova sección “Saber por se acaso” dedicado aos primeiros auxilios na casa en colaboración co grupo Remoss (Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo) da Universidade de Vigo. Coa participación de Roberto Barcala, Antonio Rodríguez (USC) e Felipe Fernández.

  • RCP en tempos da Covid [Saber por se acaso #1]

    01/01/2021 Duración: 16min

    “RCP en tempos da Covid”. Primeiro capítulo da nova sección “Saber por se acaso” dedicado aos primeiros auxilios na casa en colaboración co grupo Remoss (Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo) da Universidade de Vigo. Coa participación de Roberto Barcala, Antonio Rodríguez (USC) e Felipe Fernández.

  • Efer 537 (17-12-20): Os microplásticos tamén contaminan os solos

    26/12/2020 Duración: 58min

    (2:51) “Anafilaxe: Unha alexia grave e inmediata”. Segundo capítulo da nova sección “Saber por se acaso” dedicado aos primeiros auxilios na casa en colaboración co grupo Remoss (Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo) da Universidade de Vigo. Coa participación de Roberto Barcala, Antonio Rodríguez (USC) e Felipe Fernández. (13:27) (13:27) Existe unha conciencia global da contaminación que supoñen os plásticos nos mares. O libro “Mare Plasticum. The plastic sea” é o primeiro que aborda este problema desde a perspectiva conxunta da arte e a ciencia. Os editores desta obra son os artistas plásticos Margarita Cimadevila e Wolfagang Treknat, e a investigadora Marilena Bianchi. O investigador Andrés Rodríguez Seijo foi pioneiro en demostrar que a presenza de plásticos tamén afecta a saúde dos solos ao estudar as miñocas de terra. (43:20) O Fusobacterium semella un pasaxeiro inofensivo do noso microbioma que temos na boca, ou na vaxina. Pero malia a súa cara bonita, esta bacteria anda con moi malas c

  • COVIDBens con Marga Poza e Ricardo Cao [Versión estendida]

    26/12/2020 Duración: 26min

    Un dos problemas fundamentais na xestión da pandemia da covid é anticiparse aos cambios de tendencia. O problema é que existe un número oculto indeterminado de casos que non se detectan no rastrexo coas PCR e test de antíxenos (asintomáticos e casos leves). Un grupo galego interdisciplinario de microbiólogos, matemáticos, químicos e enxeñeiros informáticos vén de validar unha metodoloxía que permite anticiparse dúas semanas á evolución da pandemia. A estratexia foi medir a carga viral mediante PCR das augas residuais da EDAR de Bens na que se recollen as augas da área metropolitana da Coruña (370.000 habitantes dos concellos de A Coruña, Oleiros, Culleredo, Cambre e Arteixo) e crear un modelo matemática que proporciona cun 90% de fiabilidade o número de persoas infectadas. Conversamos coa Margarita Poza (microbióloga no INIBIC e na UdC) e Ricardo Cao (catedrático de estatística e investigación operativa da UdC). [Versión estendida]

  • O algoritmo mátame: Rastrexo e privacidadade con @lparcero e @susanaladra

    21/12/2020 Duración: 24min

    Inauguramos sección efervescente: “O algoritmo mátame” con Susana Ladra (enxeñeira informática, directora do Campus Innova da UdC) e Leonor Parcero (xestora da Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo e presidenta de Divulgacción). Unha parolada sobre as novísimas tecnoloxías desde o punto de vista técnico pero tamén de impacto na sociedade. Comezamos debullando as aplicación de rastrexo da Covid.

  • Efer 536 (10-12-20): Detección temperá do iceberg de casos ocultos de covid cunha única PCR

    21/12/2020 Duración: 56min

    (0:52) Faraday e o Gran Fedor (5:27) O caganer é a figura máis importante dos beléns de 2020. Un dos problemas fundamentais na xestión da pandemia da covid é anticiparse aos cambios de tendencia. O problema é que existe un número oculto indeterminado de casos que non se detectan no rastrexo coas PCR e test de antíxenos (asintomáticos e casos leves). Un grupo galego interdisciplinario de microbiólogos, matemáticos, químicos e enxeñeiros informáticos vén de validar unha metodoloxía que permite anticiparse dúas semanas á evolución da pandemia. A estratexia foi medir a carga viral mediante PCR das augas residuais da EDAR de Bens na que se recollen as augas da área metropolitana da Coruña (370.000 habitantes dos concellos de A Coruña, Oleiros, Culleredo, Cambre e Arteixo) e crear un modelo matemática que proporciona cun 90% de fiabilidade o número de persoas infectadas. Conversamos coa Margarita Poza (microbióloga no INIBIC e na UdC) e Ricardo Cao (catedrático de estatística e investigación operativa da UdC). (32:

  • Razón de taxas, IA... como interpretar ben os datos da pandemia con @lipido @omeuxeito

    15/12/2020 Duración: 30min

    (2:54) Recreación radiofónica de "Campo de espigas" coas voces de Isabel Pichel e César Goldi. Este relato de Paula Domínguez Barreiro fíxose co certame Inspiraciencia 10 na categoría de autores novos. Con Daniel González Peña @lipido, enxeñeiro bioinformático da Universidade de Vigo, creador de #semáforoCOVID e Saúl Ares @omeuxeito, investigador do CNB-CSIC, debullamos como interpretar correctamente os datos da pandemia (incidencia acumulada, razón de taxas, positividade,...)

  • Efer 535 (3-12-20): Dentro de #SemáforoCOVIDGalicia

    15/12/2020 Duración: 56min

    (2:54) Recreación radiofónica de "Campo de espigas" coas voces de Isabel Pichel e César Goldi. Este relato de Paula Domínguez Barreiro fíxose co certame Inspiraciencia 10 na categoría de autores novos. (13:53) Con Daniel González Peña @lipido, enxeñeiro bioinformático da Universidade de Vigo, creador de #semáforoCOVID e Saúl Ares @omeuxeito, investigador do CNB-CSIC, debullamos como interpretar correctamente os datos da pandemia (incidencia acumulada, razón de taxas, positividade,...) (46:00) Presentación da campaña de micromecenado do libro “Esponxas do litoral de Galicia” en Goteo.org con Patricia Ramos de “Grupo de Estudo do Medio Mariño”. www.efervesciencia.org

  • A nosa xénetica inflúe na covid? Con Federico Martinón

    15/12/2020 Duración: 13min

    Un dos proxectos financiados nesta convocatoria extraordinaria contra a covid da GAIN estuda se a nosa xenética inflúe en como nos infectamos. Conversamos con Federico Martinón, xefe de pediatría do CHUS.

  • GAIN financia 15 proxectos de investigación sobre a covid, con Patricia Argerey

    13/12/2020 Duración: 07min

    A Axencia Galega de Innovación GAIN financia con 3 millóns de euros 15 proxectos de investigación sobre a covid-19 que tiveron unha avaliación positiva na convocatoria de emerxencia do Instituto Carlos III, pero que non chegaron a ter financiamento. Conversamos coa directora da GAIN Patricia Argerey.

  • “Aínda coas vacinas temos que ter un plan B para unha eventual mutación do virus

    13/12/2020 Duración: 35min

    “Aínda coas vacinas temos que ter un plan B para unha eventual mutación do virus. Nos estamos creando clons de laboratorio, modelos animais, anticorpos monoclonais” Versión completa da conversa con Luis Martínez Sobrido. O virólogo galego Luis Martínez Sobrido mudouse desde a Universidade de Rochester (Nova Iork) a Texas para traballar no Instituto de Investigacións Biomédicas desta cidade en febreiro de 2020. O que ía ser unha transición tranquila converteuse nunha carreira frenética de traballo no laboratorio. Neste tempo teñen creado clons infectivos do SARS-COV-2 que poidan ser manipulados no laboratorio como ferramenta para comprender mellor a covid. Por exemplo, o equipo do laboratorio de Martínez-Sobrido teñen creado virus do SARS-COV-2 fluorescentes. Tamén teñen creado ratos e hámster transxénicos que son uns primeiros modelos animais válidos para estudar esta doenza. As vacinas actuais teñen como diana a mesma proteína Spike do virus por iso necesitamos un plan B ante unha eventual mutación do virus

página 13 de 43