Efervesciencia
COVIDBens con Marga Poza e Ricardo Cao [Versión estendida]
- Autor: Vários
- Narrador: Vários
- Editor: Podcast
- Duración: 0:26:51
- Mas informaciones
Informações:
Sinopsis
Un dos problemas fundamentais na xestión da pandemia da covid é anticiparse aos cambios de tendencia. O problema é que existe un número oculto indeterminado de casos que non se detectan no rastrexo coas PCR e test de antíxenos (asintomáticos e casos leves). Un grupo galego interdisciplinario de microbiólogos, matemáticos, químicos e enxeñeiros informáticos vén de validar unha metodoloxía que permite anticiparse dúas semanas á evolución da pandemia. A estratexia foi medir a carga viral mediante PCR das augas residuais da EDAR de Bens na que se recollen as augas da área metropolitana da Coruña (370.000 habitantes dos concellos de A Coruña, Oleiros, Culleredo, Cambre e Arteixo) e crear un modelo matemática que proporciona cun 90% de fiabilidade o número de persoas infectadas. Conversamos coa Margarita Poza (microbióloga no INIBIC e na UdC) e Ricardo Cao (catedrático de estatística e investigación operativa da UdC). [Versión estendida]