Efervesciencia

Efer 543 (21-1-21): Pasar de fabricar vacinas veterinarias a humanas para a covid e a tuberculose: Biofabri no Porriño

Informações:

Sinopsis

(3:35) O proxecto CONCISE estudou como inflúe a comunicación científica nas actitudes dos cidadáns ante cuestións como as vacinas, o cambio climático ou as pseudociencias . Conversamos coa catedrática de xornalismo da Universidade de Valencia Carolina Moreno e directora do grupo de investigación Science Flows (20:54) O director do Museo de Historia Natural da USC Marcos González convídanos á exposición virtual “A ciencia en imaxe” (23:04) Non todas as vacinas se desenvolven á “velocidade da luz” como é o caso das vacinas da covid. O grupo de Carlos Martín, catedrático da Universidade de Zaragoza, leva dúas décadas desenvolvendo unha nova vacina contra a tuberculose, a MTBVAC en consorcio con Biofabri, do grupo biofarmacéutico Zendal no Porriño. Falamos dos últimos resultados de MTBVAC con Carlos Martín e Esteban Rodríguez, director xeneral de Biofabri. MTBVAC amosa protección en macacos contra a tuberculose transmitida de forma respiratoria por aerosois. Ademais veñen de demostrar en ratos que esta vacina c