Efervesciencia

Efer 536 (10-12-20): Detección temperá do iceberg de casos ocultos de covid cunha única PCR

Informações:

Sinopsis

(0:52) Faraday e o Gran Fedor (5:27) O caganer é a figura máis importante dos beléns de 2020. Un dos problemas fundamentais na xestión da pandemia da covid é anticiparse aos cambios de tendencia. O problema é que existe un número oculto indeterminado de casos que non se detectan no rastrexo coas PCR e test de antíxenos (asintomáticos e casos leves). Un grupo galego interdisciplinario de microbiólogos, matemáticos, químicos e enxeñeiros informáticos vén de validar unha metodoloxía que permite anticiparse dúas semanas á evolución da pandemia. A estratexia foi medir a carga viral mediante PCR das augas residuais da EDAR de Bens na que se recollen as augas da área metropolitana da Coruña (370.000 habitantes dos concellos de A Coruña, Oleiros, Culleredo, Cambre e Arteixo) e crear un modelo matemática que proporciona cun 90% de fiabilidade o número de persoas infectadas. Conversamos coa Margarita Poza (microbióloga no INIBIC e na UdC) e Ricardo Cao (catedrático de estatística e investigación operativa da UdC). (32: