Efervesciencia

  • Autor: Vários
  • Narrador: Vários
  • Editor: Podcast
  • Duración: 475:45:23
  • Mas informaciones

Informações:

Sinopsis

Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?

Episodios

  • "Campo de espigas": Recreación radiofónica do gañador de @inspraciencia na categoria de mocidade

    08/12/2020 Duración: 12min

    Recreación radiofónica de "Campo de espigas" coas voces de Isabel Pichel e César Goldi. Este relato de Paula Domínguez Barreiro fíxose co certame Inspiraciencia 10 na categoría de autores novos.

  • "Suiseki": Adaptación radiofónica do gañador de @inspiraciencia

    08/12/2020 Duración: 16min

    Recreación radiofónica de "Suiseki" coa locución de Anxo Quintela. Con “Suiseki” O enxeñeiro de telecomunicacións Daniel Pereira vén de gañar o concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia organizado pola delegación do CSIC en Cataluña na categoría de adultos de relatos en galego.

  • Diego Peña: "Ao interrogar a moléculas individuais descubriremos novas cousas"

    08/12/2020 Duración: 34min

    [Versión estendida] Durante dous séculos ás reaccións químicas en laboratorios e industrias lévanse facendo en disolución. Con esta metodoloxía convencional, mesmo utilizando cantidades pequenas de reactivos, estamos a xogar. como pouco con miles de trillóns de moléculas simultáneamente. O Consello Europeo de Investigación (ERC) ven de conceder 34 axudas da prestixiosa e selecta convocatoria Synergy Grant. Un destes proxectos pretende explorar unha idea revolucionaria: a química das moléculas individuais. E precisamente un dos tres grupos de investigación que participan neste proxecto MolDAM (Dispositivos moleculares individuais por manipulación atómica) está liderado por Diego Peña do CIQUS-USC.

  • Efer 533 (19-11-20): A revolución da química das moléculas individuais

    06/12/2020 Duración: 56min

    (3:34) Nos “Paxaros na cabeza” de Nacho Munilla escoitamos os chíos do tordo malvís e o galo da braña. A primeira destas especies invernantes aliméntanse de bagas de acivro, que son tóxicas para os humanos. (14:21) Durante dous séculos ás reaccións químicas en laboratorios e industrias lévanse facendo en disolución. Con esta metodoloxía convencional, mesmo utilizando cantidades pequenas de reactivos, estamos a xogar. como pouco con miles de trillóns de moléculas simultáneamente. O Consello Europeo de Investigación (ERC) ven de conceder 34 axudas da prestixiosa e selecta convocatoria Synergy Grant. Un destes proxectos pretende explorar unha idea revolucionaria: a química das moléculas individuais. E precisamente un dos tres grupos de investigación que participan neste proxecto MolDAM (Dispositivos moleculares individuais por manipulación atómica) está liderado por Diego Peña do CIQUS-USC. (40:05) Con “Suiseki” O enxeñeiro de telecomunicacións Daniel Pereira vén de gañar o concurso de relatos de inspiración c

  • "Material Minds" O meirande experimento de cognición visual [Versión estendida]

    16/11/2020 Duración: 22min

    [Versión estendida] O arqueólogo Felipe Criado (INCIPIT-CSIC) e o nuerocientífico Luís Martínez (Instituto de Neurociencia de Alacante) veñen de conseguir unha das altamente cotizadas Synergy Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC) co proxecto “Mentes Materiais”. Este ambicioso proxecto é o maior experimento deseñado de cognición visual, e ten como premisa que o “as humanos facemos obxectos, e os obxectos fannos humanos, configuran a nosa mente”. www.efervesciencia.org

  • O Galeón de Ribadeo con Miguel San Claudio e Ana Crespo [Versión estendida]

    16/11/2020 Duración: 37min

    [Versión estendida podcast] Para dominar o mundo global actual compre dominar o ciberespazo. Pero non esta non é a primeira época global da historia da humanidade. Entre os séculos XVI e XVIII a globalización era marítima, e quen se fixese co mar facíase co poder. Os galeóns daquela son o equivalente aos avións de combate Eurofighter actuais. Do mesmo xeito que para fabricar un destes avións de combate precísanse fornecedores de múltiples países, para construír os galeóns as madeiras chegaban aquí de media Europa. A mellor conservada do mundo destas fabulosas máquinas de guerra do século XVI está uns poucos metros de profundidade no porto de Ribadeo. O galeón Santiago de Galicia ha ser o protagonista desta velada Efervescente co arqueólogo subacuatico Miguel San Claudio e a investigadora do Instituto de Historia do Centro de Ciencias Humanas e Sociais do CSIC. www.efervesciencia.org

  • Fogo amigo inmunolóxico na diabete infantil con Iria Gómez Touriño [Arquivo Efervescente]

    16/11/2020 Duración: 25min

    Recuperamos do noso arquivo Efervescente a entrevista que lle fixemos a Iria Gómez Touriño sobre as súas investigacións en diabete I emitida o 26-10-14

  • Efer 532 (12-11-20): Un “Eurofighter” do século XVI na ría de Ribadeo

    12/11/2020 Duración: 56min

    (2:37) Para dominar o mundo global actual compre dominar o ciberespazo. Pero non esta non é a primeira época global da historia da humanidade. Entre os séculos XVI e XVIII a globalización era marítima, e quen se fixese co mar facíase co poder. Os galeóns daquela son o equivalente aos avións de combate Eurofighter actuais. Do mesmo xeito que para fabricar un destes avións de combate precísanse fornecedores de múltiples países, para construír os galeóns as madeiras chegaban aquí de media Europa. A mellor conservada do mundo destas fabulosas máquinas de guerra do século XVI está uns poucos metros de profundidade no porto de Ribadeo. O galeón Santiago de Galicia ha ser o protagonista desta velada Efervescente co arqueólogo subacuatico Miguel San Claudio e a investigadora do Instituto de Historia do Centro de Ciencias Humanas e Sociais do CSIC Ana Crespo. (34:29) O arqueólogo Felipe Criado (INCIPIT-CSIC) e o nuerocientífico Luís Martínez (Instituto de Neurociencia de Alacante) veñen de conseguir unha das altament

  • Como décadas de investigación conseguiron acurralar á hepatice C, con Juan Turnes

    10/11/2020 Duración: 31min

    [Versión estendida] Juan Turnes, xefe de Gastroentoroloxia e Hepatoloxía no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, debúllanos o camiño de décadas de investigación que levaron a descubrir un novo virus da hepatite transmisible polo sangue e o seu tratamento Un dos protagonistas desta historia é Michel Hougton. Hougton traballaba para a empresa farmacéutica Chiron cando se propuxo identificar o virus que causaba a hepatite que non era A nin B. E aquí comezou a verdadeira guerra dos clons ou unha misión case imposible. O equipo de Hougton propúxose analizar fragmentos de ADN de sangue de chimpancés infectados poñéndoos en contacto con soro de doentes con anticorpos. O traballo foi inxente. Cambiaron de método mais de 30 veces en 8 anos, peneiraron 100 millóns de clons. Afortunadamente a farmacéutica mantivo o proxecto malia non ter resultados inmediatos. Finalmente deron cun único clon que tirando do fío resultou ser un novo virus descoñecido para a ciencia que bautizaron como o virus da hepatite C.

  • O verdadeiro clon do Carballo das Mentiras

    10/11/2020 Duración: 13min

    O carballo das mentiras do campo da festa de San Miguel de Sarandón está enfermos. A poucos quilómetros de distancia un laboratorio garda fai medrar nun tubo de ensaio en clon desta árbore senlleira. Conversamos co xornalista e historiador Henrique Neira e coa investigadora do IIAG-CSIC Nieves Vidal.

  • Efer 531 (5-11-20): Clons que salvan árbores, clons para desenmascarar o virus da hepatite C

    07/11/2020 Duración: 57min

    (3:00) O carballo das mentiras do campo da festa de San Miguel de Sarandón está enfermos. A poucos quilómetros de distancia un laboratorio garda fai medrar nun tubo de ensaio en clon desta árbore senlleira. Conversamos co xornalista e historiador Henrique Neira e coa investigadora do IIAG-CSIC Nieves Vidal. (16:45) Juan Turnes, xefe de Gastroentoroloxia e Hepatoloxía no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, debúllanos o camiño de décadas de investigación que levaron a descubrir un novo virus da hepatite transmisible polo sangue e o seu tratamento Un dos protagonistas desta historia é Michel Hougton. Hougton traballaba para a empresa farmacéutica Chiron cando se propuxo identificar o virus que causaba a hepatite que non era A nin B. E aquí comezou a verdadeira guerra dos clons ou unha misión case imposible. O equipo de Hougton propúxose analizar fragmentos de ADN de sangue de chimpancés infectados poñéndoos en contacto con soro de doentes con anticorpos. O traballo foi inxente. Cambiaron de método

  • A astrónoma paciente [Postal Planetaria de @borjatosar]

    31/10/2020 Duración: 20min

    Andrea Ghez foi a astrónoma paciente que durante dúas décadas seguiu o movemento das estrelas próximas ao centro da nosa galaxia. Grazas á óptica adaptativa os resultados foron espectaculares e lle valeron o premio nóbel de física deste ano. Postal planetaria con Borja Tosar.

  • CRISPR tamén é unha ferramenta contra a Covid, con @lluismontoliu

    31/10/2020 Duración: 39min

    Versión integra da entrevista a Lluis Montoliu do programa Efer 330. O nobel non recoñeceu o traballo de Francis Mojica. Por iso, pasadas unhas semanas da concesión do premio nobel de química 2020 ás tecnoloxías de edición xenómica CRISPR e boa ocasión para conversar con sosego e profundidade co investigador do CNB-CSIC Lluis Montoliu.

  • Efer 530 (29-10-20): O CRISPR noso de cada día, con @lluismontoliu

    31/10/2020 Duración: 56min

    (2:28) O nobel non recoñeceu o traballo de Francis Mojica. Por iso, pasadas unhas semanas da concesión do premio nobel de química 2020 ás tecnoloxías de edición xenómica CRISPR e boa ocasión para conversar con sosego e profundidade co investigador do CNB-CSIC Lluis Montoliu. (36:11) Andrea Ghez foi a astrónoma paciente que durante dúas décadas seguiu o movemento das estrelas próximas ao centro da nosa galaxia. Grazas á óptica adaptativa os resultados foron espectaculares e lle valeron o premio nóbel de física deste ano. Postal planetaria con Borja Tosar. www.efervesciencia.org

  • Guía do Ceo de outono 2020: A danza de Xúpiter e Saturno

    27/10/2020 Duración: 23min

    Malia o mal tempo e o toque de queda a tempada de outono tamán nos ofrece espectáculos no frimamento. Guía do Ceo de outono con Martín Pawley e Irene Baspino.

  • Efer 529 (22-10-20): O obxecto supermasivo do interior da nosa galaxia é un burato negro?

    25/10/2020 Duración: 57min

    Efer 529 (22-10-20): O obxecto supermasivo do interior da nosa galaxia é un burato negro? (3:25) José Edelstein debulla para Efervesciencia todos os detalles do premio Nobel de Física 2020. Por que o comité Nobel fala de obxecto supermasivo no centro da nosa Galaxia e non de burata negro? Podería ter levado Penrose outro Nobel previamente? Que traballo compartiron Hawking e Penrose? (27:45) Como ventila a nosa Bibiana García Visos a súa casa? (37:49) Guia do Ceo de Outono con Martin Pawley e Irene Baspino. Sigue a danza cósmica de Xúpiter e Saturno que culminara o 21 de decembro. www.efervesciencia.org

  • Os universitarios non comprenden ben a evolución

    25/10/2020 Duración: 27min

    O traballo científico máis popular do catedrático de xenética da Universidade de Vigo Emilio Rolán non vai de caracois mariños a súa especialidade, senón un artigo sobre o coñecemento sobre a evolución dos universitarios galegos. No artigo de Plos One tamén colaborou Marta Vila xunto con outros investigadores.

  • Revólveres Colt, Karajan e normalización con @manuelfherradorcción

    25/10/2020 Duración: 10min

    Falamos dos revólveres Colt, Herbert von Karajan e a normalización co profesor de contrucción da Universidade de A Coruña Manuel Herrador. Herrador forma parte do grupo de normalización CTN 140 de estructuras de hormigón. Deste xeito conmemoramos o día internacional da Normalización que se celebra anualmente todos os 14 de outubro.

  • Efer 528 (15-10-20): Unha nova mosca para a ciencia arma contra a cortadeira

    16/10/2020 Duración: 01h08s

    (2:18) Un traballo asinado polos profesores da UdC Marta Vila e Jaime Fagúndez describe unha nova mosca descuberta en Galicia. Pero ollo, este insecto aliméntase das sementes da cortadeira da pampa. Poderá converterse nun arma contra esta invasora? (22:58) Os revólveres Colt, Karajan e a normalización co profesor de contrucción da UdC Manuel Herrador. (34:01) O traballo científico máis popular do catedrático de xenética da Universidade de Vigo Emilio Rolán non vai de caracois mariños a súa especialidade, senón un artigo sobre o coñecemento sobre a evolución dos universitarios galegos. No artigo de Plos One tamén colaborou Marta Vila xunto con outros investigadores. www.efervesciencia.org

  • "Non se poden crear anticorpos para a Covid sen ratos" África Gónzalez

    10/10/2020 Duración: 24min

    Se houbese un tratamento eficaz contra a Covid e fose creado utilizando experimentación con ratos de laboratorio habería que prohibilo? Isto non é unha ficción, unha recomendación da Unión Europea veta a creación de anticorpos monoclonais empregando estes animais. Hai proxectos que corren o risco de paralizarse. Esta semana unha carta en Nature Methods alerta que na actualidade non existen alternativas viables para a creación destes anticorpos de alta especifidade que teñan como obxecto curar doenzas en humanos. Un exemplo da utilidade destas investigacións é o tratamento que ven de recibir Donald Trump. Conversamos con África González sobre anticorpos monoclonais, e tamén sobre os novos test de antíxenos. www.efervesciencia.org

página 14 de 43