Efervesciencia

Como décadas de investigación conseguiron acurralar á hepatice C, con Juan Turnes

Informações:

Sinopsis

[Versión estendida] Juan Turnes, xefe de Gastroentoroloxia e Hepatoloxía no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, debúllanos o camiño de décadas de investigación que levaron a descubrir un novo virus da hepatite transmisible polo sangue e o seu tratamento Un dos protagonistas desta historia é Michel Hougton. Hougton traballaba para a empresa farmacéutica Chiron cando se propuxo identificar o virus que causaba a hepatite que non era A nin B. E aquí comezou a verdadeira guerra dos clons ou unha misión case imposible. O equipo de Hougton propúxose analizar fragmentos de ADN de sangue de chimpancés infectados poñéndoos en contacto con soro de doentes con anticorpos. O traballo foi inxente. Cambiaron de método mais de 30 veces en 8 anos, peneiraron 100 millóns de clons. Afortunadamente a farmacéutica mantivo o proxecto malia non ter resultados inmediatos. Finalmente deron cun único clon que tirando do fío resultou ser un novo virus descoñecido para a ciencia que bautizaron como o virus da hepatite C.