Sinopsis
Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?
Episodios
-
Efer 527 (8-10-20): Anticorpos de laboratorio contra a Covid
08/10/2020 Duración: 58min(2:08) A reprogramación de células adultas en células nai pluripotentes inducidas (iPSC) é unha realidade actual. Pero o proceso ten moi baixa eficiencia e mesmo pode dar lugar a tumores benignos nas células. Unha investigación dos grupos dos grupos de Epitranscriptómica e Envellecemento e de Células Nai e Enfermidades Humanas do CiMUS veñen de ganar o Premio de Investigación 2020 da Real Academia Galega de Ciencias por un artigo en Cell Stem Cell. Nel os investigadores dan conta do mecanismo dun esencial para estas transformacións. Conversamos co investigador de doutoramento Alejandro Fuentes. (14:10) Se houbese un tratamento eficaz contra a Covid e fose creado utilizando experimentación con ratos de laboratorio habería que prohibilo? Isto non é unha ficción, unha recomendación da Unión Europea veta a creación de anticorpos monoclonais empregando estes animais. Hai proxectos que corren o risco de paralizarse. Esta semana unha carta en Nature Methods alerta que na actualidade non existen alternativas viables
-
Efer 526 (1-10-20): “De lugares e órganos”: Música e ciencia entre tubos [Versión estendida]
01/10/2020 Duración: 01h15minOs centos de tubos do órgano da Igrexa da Universidade dannos a escusa perfecta para falar de acústica, física, química, enxeñaría e evolución. E sobre todo para escoitar ao vivo as interpretacións da organista Erea Blanco. Conversamos con Belén Bermejo, comisaria de “Lugares e órganos”, Andrés Cea, organista e doutor en historia, e Andrés Díaz, músico e físico. Versión estendida en podcast do programa especial con público de Efervesciencia para o ciclo “De lugares e órganos” do Concello de Santiago desde a Igrexa da Universidade. www.efervesciencia.org
-
"Agora tócanos tolerar a incerteza". Conversa con Luis Muiño.
07/08/2020 Duración: 31minO único que se pode dicir é "non o sei". isto saiu varias veces na conversa que tivemos co psicológo Luis Muiño sobre psicoloxía e mundo Covid.
-
Efer 525 (30-7-20): Psicoloxía no incerto mundo Covid
07/08/2020 Duración: 56minActualización 16-8-20: Arranxado arquivo de audio No último Efervesciencia da tempada número 13... (2:26) Co psicólogo galego Luis Muiño conversamos sobre que lles pasa ás nosas cabeciñas nestes tempos raros nos que toca convivir coa incerteza (34:11) Coñecemos a terceira edición do programa Talento Senior da mar de Mª José Mariño directora da área de Centros do GAIN, a Axencia Galega de Innovación. Eccocar é unha das empresas que participaron neste programa. Así, o enxeñeiro en telecomunicación Eutelo Pena puido regresar a Galicia e achegar a súa experiencia a esta compañía centrada un novos xeitos de mobilidade. (39:19) “RCP en tempos da Covid”. Primeiro capítulo da nova sección “Saber por se acaso” dedicado aos primeiros auxilios na casa en colaboración co grupo Remoss (Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo) da Universidade de Vigo. Coa participación de Roberto Barcala, Antonio Rodríguez (USC) e Felipe Fernández. http://www.efervesciencia.org
-
"Agora a ciencia política é unha ciencia de datos", Suso Baleato [Versión estendida]
03/08/2020 Duración: 38minNo mundo actual hiperconectado adoitamos pensar que a mais dixitalización maior democracia e transparencia. Pero que din os datos? O doutor en Ciencias Políticas Suso Baleato publicou un estudo en Science en 2016 que analiza este fenómeno. [Versión estendida]
-
Efer 524 (23-7-20): A dixitalización fortalece a democracia?
03/08/2020 Duración: 56min(1:52) No mundo actual hiperconectado adoitamos pensar que a mais dixitalización maior democracia e transparencia. Pero que din os datos? O doutor en Ciencias Políticas Suso Baleato publicou un estudo en Science en 2016 que analiza este fenómeno. (26:03) Na sección dedicada a GAIN, a Axencia Galega de Innovación, coñecemos o papel das plataformas aceleradoras de innovación. (30:10) Desde a Casa Museo de Rosalía de Castro o noso estreleiro Martin Pawley conversa con Anxo Angueira. Deste xeito coñecemos o ceo nocturno que non nos podemos perder este verán. Estade moi atentos ás recomendacións de hixiene ante a Covid Como complemento, Irene Baspino e Martin Pawley da Agrupación IO prepararon esta guía visual que nos pode ser de valiosa axuda para nos orientar no firmamento estival. http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2020/07/O-ceo-do-ver%C3%A1n-EFERVESCIENCIA-2020_v3.pdf
-
Un millón para estudar a escrita medieval invisible con Ainoa Castro
03/08/2020 Duración: 24minAinoa Castro da Universidade de Salamanca recibiu un millón de euros da Unión Europea para investigar os escritos medievais galegos e portugueses “invisibles”. Versión web completa. http://www.efervesciencia.org
-
"O coltan dos nosos teléfonos extráenno nenos escravos" Chema Caballero
03/08/2020 Duración: 28minChema Caballero descúbrenos os minerais de sangue que se agochan na última tecnoloxía que levamos nos nosos petos. Versión completa.
-
Efer 523 (16-7-19): Minerais de sangue
28/07/2020 Duración: 55min(2:13) Chema Caballero descúbrenos os minerais de sangue que se agochan na última tecnoloxía que levamos nos nosos petos. (27:41) Na chamada sorpresa da Avoa de Einstein pescamos a Borja Tosar con nocturnidade andando polo monte... (34:42) Ainoa Castro da Universidade de Salamanca recibiu un millón de euros da Unión Europea para investigar os escritos medievais galegos e portugueses “invisibles” http://www.efervesciencia.org
-
Guía do ceo de veran 2020: Estrela Rosalia, Covid, Cometa,...
28/07/2020 Duración: 25minDesde a Casa Museo de Rosalía de Castro o noso estreleiro Martin Pawley conversa con Anxo Angueira. Deste xeito coñecemos o ceo nocturno que non nos podemos perder este verán. Estade moi atentos ás recomendacións de hixiene ante a Covid Como complemento, Irene Baspino e Martin Pawley da Agrupación IO prepararon esta guía visual que nos pode ser de valiosa axuda para nos orientar no firmamento estival. http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/wp-content/uploads/2020/07/O-ceo-do-ver%C3%A1n-EFERVESCIENCIA-2020_v3.pdf
-
Efer 522 (9-7-20): Minority Report como inspiración. Premios á Transferencia da @RAGalegaCiencias.
21/07/2020 Duración: 58minMonográfico dedicado aos Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia convocado pola Real Academia Galega de Ciencias, co apoio da Axencia Galega de Innovación. Conversamos con Elisardo González Agulla de RelEyeble, María Mayán do grupo CellCOM do INIBIC, e Francisco Otero Espinar do Grupo Paraquas da USC. www.efervesciencia.org
-
Conquista e exploración do Ártico con @irreductible
21/07/2020 Duración: 21minJavier Peláez @Irreductible fainos pasar “500 anos de frío” no Ártico
-
A illa de (Javier) Cacho na Antártida
21/07/2020 Duración: 17minO escritor e científico polar Javier Cacho ten unha illa na Antártida (versión estendida).
-
Un TRASGO na Antartida con Juan Antonio Garzón
21/07/2020 Duración: 15minNa Antártida hai un TRASGO, o medidor de raios cósmicos deseñado polo equipo de Juan Antonio Garzón do IGFAE-USC. (Versión estendida)
-
Un home do tempo na Antártida con Xavier Fonseca
21/07/2020 Duración: 19minO home do tempo Xavier Fonseca estivo a principio deste ano na Antártida (Versión estendida)
-
Efer 521 (2-7-20): Monográfico: ciencia e exploración polar
13/07/2020 Duración: 57min(1:51) O home do tempo Xavier Fonseca estivo a principio deste ano na Antártida (15:47) O escritor e científico polar Javier Cacho ten unha illa na Antártida (26:58) Na Antártida hai un TRASGO, o medidor de raios cósmicos deseñado polo equipo de Juan Antonio Garzón do IGFAE-USC. (36:06) Javier Peláez @Irreductible fainos pasar “500 anos de frío” no Ártico www.efervesciencia.org
-
Efer 520 (25-6-20): Anatomía do escándalo do LANCET e a hidroxicloroquina
25/06/2020 Duración: 56min(2:40) Alberto García Besteiro xunto cos seus compañeiros Carlos Chacour e Joe Brew destapou o escándalo do “LANCET Gate”. O supostamente artigo “definitivo” que desbotaba o uso da hidroxicloroquina contra a Covid tivo que ser retractado desta importante revista medica. A base de datos do estudo semella ter sido inventada. Alberto García-Basteiro é investigador de ISGlobal e do Centro de Investigación en Saúde de Manhiça en Mozambique. Con el debullamos o “LancetGate” e coñecemos o traballo contra a tuberculose en África. (28:22) Roberto Barcala coordina o grupo de investigación en socorrismo REMOSS da Universidade de Vigo. Veñen de estudar como se deben de adaptar as actuacións dos socorristas nas praias na era Covid. (40:18) Luisa Martínez da UCC do CSIC-Galicia encargou unhas novas pílulas de coñecemento en YouTube a Rony Flamingo (Carlos Godoy) durante o confinamento.
-
Efer 519 (17-6-20): Avalancha de publicacións sobre a COVID: problema ou cambio de modelo? con Juan Ignacio Pérez
17/06/2020 Duración: 55min(2:40) Como separar o gran da palla na avalancha de publicación científicas da COVID? Pode o bosque de preprints ocultarnos os traballos relevantes? Como deben comunicar os expertos a evidencias dispoñibles aos xestores políticos? Temos o privilexio de escoitar as reflexións sobre estes temas de Juan Ignacio Pérez, director da cátedra de Cultura Científica da Universidade do Pais Vasco (27:23) “DNA Meat” é un kit de experimentación en xenética desenvolvido por Xuvenciencia no Campus de Lugo da USC. Con este kit os escolares poden identificar carne de porco ou vaca mediante PCR caseira e un visor fluorescente maker. Conversamos con Manel Vera, investigador do grupo ACUIGEN da USC: (43:24) A chamada sorpresa da Avoa de Einsten é para o investigador en células nai e cancro do IDIS Manuel Collado. http://www.efervesciencia.org
-
Efer 518 (10-6-20): Faladoiro oceánico desde o Centro de Investigacións Mariñas
11/06/2020 Duración: 01h03min[Versión estendida] Celebramos o Día Mundial do Océanos desde a illa de Toralla na ría de Vigo convidados polo Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo. Desde o ECIMAT conversamos sobre a economía azul e sostenibilidade dos océanos con Belén Rubio (vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo), Fran Ramil (zoólogo mariño do grupo de Bioloxía Ambiental), Moncho Gómez Gesterira (EPHYSLAB) e María Pérez Lorenzo (técnica de investigación do grupo de Oceanografía Biolóxica). Tamén interveñen Daniel Rey, director do CIM, e Alba Hernández, técnica de divulgación do CIM. www.efervesciencia.org
-
Efer 517 (4-6-20): A visión global da COVID de Margarita del Val
10/06/2020 Duración: 59min(2:43) A investigadora científica do Centro de Bioloxía Molecular “Severo Ochoa” -CSIC Margarita del Val é un dos científicos que ten unha visión mais global da pandemia da Covid. Conversamos coa inmunóloga e viróloga que coordina a Plataforma de Saúde Global, que axunta os esforzos de loita contra a pandemia por parte do CSIC. (26:20) Logo de 9 anos a NASA foi quen de poñer astronautas no espazo – na ISS – con medios propios. O modelo de subcontratar as viaxes espaciais á empresa privada é todo un cambio de paradigma. Wicho analiza para Efervesciencia a misión da Crew Dragon Endeavour de Space X -Nasa á Estación Espacial Internacional. (43:38) A Avoa de Einstein fai a súa chamada sorpresa ao catedrático de electromagnetismo e divulgador Jorge Mira... e a conversa acaba chegando a “Interstellar”. www.efervesciencia.org