Efervesciencia
Efer 517 (4-6-20): A visión global da COVID de Margarita del Val
- Autor: Vários
- Narrador: Vários
- Editor: Podcast
- Duración: 0:59:55
- Mas informaciones
Informações:
Sinopsis
(2:43) A investigadora científica do Centro de Bioloxía Molecular “Severo Ochoa” -CSIC Margarita del Val é un dos científicos que ten unha visión mais global da pandemia da Covid. Conversamos coa inmunóloga e viróloga que coordina a Plataforma de Saúde Global, que axunta os esforzos de loita contra a pandemia por parte do CSIC. (26:20) Logo de 9 anos a NASA foi quen de poñer astronautas no espazo – na ISS – con medios propios. O modelo de subcontratar as viaxes espaciais á empresa privada é todo un cambio de paradigma. Wicho analiza para Efervesciencia a misión da Crew Dragon Endeavour de Space X -Nasa á Estación Espacial Internacional. (43:38) A Avoa de Einstein fai a súa chamada sorpresa ao catedrático de electromagnetismo e divulgador Jorge Mira... e a conversa acaba chegando a “Interstellar”. www.efervesciencia.org