Efervesciencia
Efer 520 (25-6-20): Anatomía do escándalo do LANCET e a hidroxicloroquina
- Autor: Vários
- Narrador: Vários
- Editor: Podcast
- Duración: 0:56:03
- Mas informaciones
Informações:
Sinopsis
(2:40) Alberto García Besteiro xunto cos seus compañeiros Carlos Chacour e Joe Brew destapou o escándalo do “LANCET Gate”. O supostamente artigo “definitivo” que desbotaba o uso da hidroxicloroquina contra a Covid tivo que ser retractado desta importante revista medica. A base de datos do estudo semella ter sido inventada. Alberto García-Basteiro é investigador de ISGlobal e do Centro de Investigación en Saúde de Manhiça en Mozambique. Con el debullamos o “LancetGate” e coñecemos o traballo contra a tuberculose en África. (28:22) Roberto Barcala coordina o grupo de investigación en socorrismo REMOSS da Universidade de Vigo. Veñen de estudar como se deben de adaptar as actuacións dos socorristas nas praias na era Covid. (40:18) Luisa Martínez da UCC do CSIC-Galicia encargou unhas novas pílulas de coñecemento en YouTube a Rony Flamingo (Carlos Godoy) durante o confinamento.