Sinopsis
Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?
Episodios
-
A árbore xenética do coronavirus. Entrevista completa Salas-Martinón.
30/05/2020 Duración: 41minVesrsión integra da entrevista a Antonio Salas e Federico Martinón emitida en EFER 516. O profesor da Facultade de Medicina da USC Antonio Salas é xenetista de poboacións. Federico Martinón é o xefe de pediatría do CHUAC e infectólogo. No seu grupo levan anos investigando o xenoma dos doentes que sofren infeccións. Pero desta volta veñen de analizar o xenoma non de persoas senón o do virus SARS-COV-2 para reconstruíren a súa árbore xenealóxica. Así puideron datar a súa orixe e atopar, dun xeito non buscado, a aparición da figura do supercontaxiador nos seus datos. www.efervesciencia.org
-
Historias da peste negra con Esteban Fernández e Eduardo Rolland
30/05/2020 Duración: 14minFragmento do EFER 516 Da man de Eduardo Rolland de GCiencia e o noso microbiólogo Esteban Fernández Moreira percorremos parte da historia da peste negra. Desde a súa chegada a Galicia ata a identificación por Yersin do seu axente patóxeno en Hong Kong no século XIX. www.efervesciencia.org
-
Efer 516 (28-5-20): Supercontaxiadores
30/05/2020 Duración: 55min(2:19) Da man de Eduardo Rolland de GCiencia e o noso microbiólogo Esteban Fernández Moreira percorremos parte da historia da peste negra. Desde a súa chegada a Galicia ata a identificación por Yersin do seu axente patóxeno en Hong Kong no século XIX. (17:10) Aulas Galegas é un repositorio de contidos didácticos en galego, tamén de ciencias. Nolo contan Susana Vázquez e Ramón Cabanelas. (21:22) O profesor da Facultade de Medicina da USC Antonio Salas é xenetista de poboacións. Federico Martinón é o xefe de pediatría do CHUAC e infectólogo. No seu grupo levan anos investigando o xenoma dos doentes que sofren infeccións. Pero desta volta veñen de analizar o xenoma non de persoas senón o do virus SARS-COV-2 para reconstruíren a súa árbore xenealóxica. Así puideron datar a súa orixe e atopar, dun xeito non buscado, a aparición da figura do supercontaxiador nos seus datos. (48:23) A chamada sorpresa da Avoa levounos ao físico e divulgador José Edelsteien no seu aniversario e no día da publicación do seu primeiro a
-
No confinamento cun gramo de marihuana facíanse máis porros " con Manuel Isorna
24/05/2020 Duración: 10minFragmento do programa EFER 515. O psicólogo Manuel Isorna participa nunha investigación en curso para determinar o padrón de consumo de substancias legais e ilegais no confinamento. Con el tamén falamos da importancia da actividade física nestes días. www.efervesciencia.org
-
Modelos matemáticos e COVID con Saúl Ares e Anxo Sánchez.
24/05/2020 Duración: 15minFragmento do programa EFER 515. Cales son os límites dos modelos matemáticos da COVID? con Saúl Ares e Anxo Sánchez. www.efervesciencia.org
-
Test virais e control de calidade con Manuel Lolo de AMS LABS
24/05/2020 Duración: 17minFragmento do programa EFER 515. Test virais e control de calidade contra a COVID. Con Manuel Lolo de AMS LAB. www.efervesciencia.org
-
Efer 515 (21-5-20): Os modelos matemáticos da COVID non son máxicos
21/05/2020 Duración: 55min(2:38) Afectou o confinamento ao consumo de drogas legais e ilegais? Conversamos co psicólogo Manuel Isorna. (12:49) Cales son os límites dos modelos matemáticos da COVID con Saúl Ares e Anxo Sánchez. (28:45) Test virais e control de calidade contra a COVID. Con Manuel Lolo de AMS LAB. (45:24) Chamada sorpresa da Avoa aos estreleiros Irene Baspiño e Martin Pawley.
-
"Teoría do PCPE ou persoa con presa esperando" [Relato de Ciencia que Conta]
19/05/2020 Duración: 06minRecuperamos da nosa radioteca o relato gañador do Ciencia que Conta 2010 na categoría de Bacharelato orixinal de Breixo Álvarez na voz de César Goldi
-
8 proxectos galegos de innovación para loitar contra a Covid da man do GAIN
15/05/2020 Duración: 10minFragmento do programa EFER 514 A Axencia Galega de Innovación, GAIN, ven de apoiar 8 proxectos galegos de innovación para loitar contra a Covid como resultado dunha convocatoria de emerxencia. Nolo conta a directora do Gain, Patricia Argerey.
-
Os artífices da nova vacina da tuberculose estudan se produce inmunidade contra o coronavirus
15/05/2020 Duración: 30minFragmento do programa EFER 514. Este ano van morrer no mundo polo menos un millón e medio de persoas por esta doenza. Non é coronavirus, senón a tuberculose. A centenaria vacina BCG non é segura pero non defende das formas respiratorias da enfermidade. A MTBVAC é a única vacina candidata actual para substituír á BCG. Foi creada polo grupo de Carlos Martín, catedrático de microbioloxía da Universidade de Zaragoza. A implementación industrial de MTBVAC e os estudos clínicos os está a levar a cabo á biofarmaceútica galega Biofabri, do grupo Zendal. Actualmente estase a rematar a fase clínica 2a. Hai sospeitas de que tanto BCG, e por extensión MTBVAC, poderían proporcionar inmunidade cruzada contra a COVID. Esta hipótese está en estudo en macacos en Holanda. En poucos meses teremos os resultados. Conversamos con Carlos Martín e Esteban Rodríguez, director xeral de Biofabri.
-
Efer 514 (14-5-20): O papel da nova vacina da tuberculose contra a COVID en estudo
14/05/2020 Duración: 55min(5:19) Este ano van morrer no mundo polo menos un millón e medio de persoas por esta doenza. Non é coronavirus, senón a tuberculose. A centenaria vacina BCG non é segura pero non defende das formas respiratorias da enfermidade. A MTBVAC é a única vacina candidata actual para substituír á BCG. Foi creada polo grupo de Carlos Martín, catedrático de microbioloxía da Universidade de Zaragoza. A implementación industrial de MTBVAC e os estudos clínicos os está a levar a cabo á biofarmaceútica galega Biofabri, do grupo Zendal. Actualmente estase a rematar a fase clínica 2a. (22:46) Hai sospeitas de que tanto BCG, e por extensión MTBVAC, poderían proporcionar inmunidade cruzada contra a COVID. Esta hipótese está en estudo en macacos en Holanda. En poucos meses teremos os resultados. Conversamos con Carlos Martín e Esteban Rodríguez, director xeral de Biofabri. (34:52) A chamada sorpresa da Avoa de Einstein apunta desta volta ao teléfono de Deborah García Bello. (43:03) A Axencia Galega de Innovación, GAIN, ven de ap
-
Libro para cuñados premium "14 maneras de destruir la humanidad" con @Daniel_Arbos
08/05/2020 Duración: 14minPublican en febreiro de 2020 un libro ciencia-humor sobre catástrofes globais para “cuñados premium” (Avoa dixit) e acertan cunha pandemia global causada por un virus respiratorio provinte dun animal. O libro é “14 maneras de destruir la humanidad” (Next Door Publishers) e falamos cun dos seu autores, o divulgador Daniel Arbós.
-
“Enjuanes púxome o sombreiro seleccionador e acabei con Margarita Salas”. Anatomía dun test. Unha noite con Luis Blanco.
08/05/2020 Duración: 01h24sVersión completa da entrevista a Luis Blanco emitida en el programa Efer 513. O Instituto de Saúde Carlos III vén de financiar na súa convocatoria de urxencia contra a Covid-19 un proxecto para desenvolver unha alternativa á PCR para detectar o virus SARS-COV-2. Este novo test de detección viral pretende ser tan fiable como a PCR, escalable, 4 veces mais rápido e realizable cun equipamento básico de laboratorio sen necesidade de termocicladoras. Mesmo nunha segunda fase podería ser implementado en dispositivos tipo o “predictor” dos embarazos Este é o titular, pero esta idea disruptiva de test é o resultado de 3 décadas de investigacións onde aparecen os nomes de Margarita Salas, da polimerasa do fago ?29 e o do galego Luis Blanco Davila. “O sombreiro seleccionador de [Luis] Enjuanes levoume a Margarita [Salas]” contounos o profesor de investigación do CSIC no Centro de Bioloxía Molecular “Severo Ochoa” Luis Blanco. Repasamos a carreira investigadora do profesor Blanco no mundo das polimerasas para disecion
-
Efer 513 (7-5-20): Test disruptivo do coronavirus: a investigación de urxencia que xurdiu hai 3 décadas
07/05/2020 Duración: 55min(2:33) O Instituto de Saúde Carlos III vén de financiar na súa convocatoria de urxencia contra a Covid-19 un proxecto para desenvolver unha alternativa á PCR para detectar o virus SARS-COV-2. Este novo test de detección viral pretende ser tan fiable como a PCR, escalable, 4 veces mais rápido e realizable cun equipamento básico de laboratorio sen necesidade de termocicladoras. Mesmo nunha segunda fase podería ser implementado en dispositivos tipo o “predictor” dos embarazos Este é o titular, pero esta idea disruptiva de test é o resultado de 3 décadas de investigacións onde aparecen os nomes de Margarita Salas, da polimerasa do fago ?29 e o do galego Luis Blanco Davila. “O sombreiro seleccionador de [Luis] Enjuanes levoume a Margarita [Salas]” contounos o profesor de investigación do CSIC no Centro de Bioloxía Molecular “Severo Ochoa” Luis Blanco. Repasamos a carreira investigadora do profesor Blanco no mundo das polimerasas para disecionar como, nun contexto de emerxencia, aparece a idea de crear unha nova t
-
Cazadores de exoplanetas con Zaira Modroño Berdiñas
04/05/2020 Duración: 19minA astrofísica Zaira Modroño Berdiñas da Universidade de Chile debúllanos a metade do premio nóbel de física 2019 que recibiron Michel Mayor e Didier Queloz. Fragmento de Efer491 emitido o 30-10-19.
-
Crebeiros sen fronteiras
03/05/2020 Duración: 15minAsistimos ao IV Encontro Internacional de crebeiros no CEIDA. Conversamos con Carles Vales (Ceida), Isabel García (Retoque Retro), Xosé Manuel Barros (Mar de Fábula) e Margarita Cimadevila (Ars Ciencia). Fragmento de Efer 490 (23-10-19)
-
"Podes ter pasado a COVID-19, e non ter xerado anticorpos" África González [Versión completa]
02/05/2020 Duración: 43minVersión completa da entrevista á África González do programa EFER512. https://www.spreaker.com/user/9238794/efer-512-30-4-20-inmunoloxia-e-covid-19 África González é a presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía e Catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo. Con ela debullamos o que se sabe e as preguntas abertas que temos enriba da mesa sobre a COVID-19.
-
Efer 512 (30-4-20): Inmunoloxía e COVID-19
29/04/2020 Duración: 55minTodos queremos saber canto tempo dura a inmunidade tras pasar a COVID-19? Inmunizarémonos todos por igual? Que porcentaxe da poboación xa está inmunizado? Por que os test serolóxicos se empregan para tomar mostras da poboación? Cales son as vías de ataque para buscar tratamentos para a doenza? Algunhas destas preguntas aínda non teñen resposta, nolas contextualiza África González, catedrática de Inmunoloxía da Universidade de Vigo e presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía Sociedade Española de Inmunoloxía (4:12) Desde Suíza aténdenos Carmela García, bióloga estrutural na Universidade de Zurich e creadora do podcast Bacteriófagos (33:21) A nosa colaboradora Bibiana García Visos cóntanos como leva o confinamento (44:33).
-
"Imos testar todas as vacinas, agora temos 140 propostas” con César Muñoz Fontela [Versión completa]
24/04/2020 Duración: 40min[Versión estendida da entrevista a César Muñoz Fontela do programa Efer 511 do 23-4-0] O virólogo César Muñoz Fontela traballa no Plan de Aceleración de Vacinas da OMS onde se enrolou hai unhas semanas tras solicitar unha excedencia no seu posto habitual no Instituto Bernhard Nocht de Hamburgo. Múñoz-Fontela participou na loita contra o ébola tanto desde o terreo como desde o laboratorio de máxima bioseguridade P4 deste instituto de investigación. Para o virólogo ferrolán a pescuda dunha vacina segura e eficaz está sendo o maior esforzo científico da historia no que se están enrolado organismos de todo o mundo. No Plan de Aceleración de Vacinas da ONS teñen rexistrados polo de agora 140 prototipos. O obxectivo e testalos todos. Un proxecto de vacina so se descartará cando falle nalgunha das probas da batería de fitos que teñen que superar no laboratorio, e logo nos ensaios clínicos. A conversa con César Muñóz-Fontela reflexa as súas opinións persoais, e en ningún caso representan á OMS:
-
Efer 511 (23-4-20): A carreira mundial pola vacina é colaborativa
24/04/2020 Duración: 55minO virólogo César Muñoz Fontela traballa no Plan de Aceleración de Vacinas da OMS onde se enrolou hai unhas semanas tras solicitar unha excedencia no seu posto habitual no Instituto Bernhard Nocht de Hamburgo. Múñoz-Fontela participou na loita contra o ébola tanto desde o terreo como desde o laboratorio de máxima bioseguridade P4 deste instituto de investigación. Para o virólogo ferrolán a pescuda dunha vacina segura e eficaz está sendo o maior esforzo científico da historia no que se están enrolado organismos de todo o mundo. No Plan de Aceleración de Vacinas da OMS teñen rexistrados polo de agora 140 prototipos. O obxectivo e testalos todos. Un proxecto de vacina so se descartará cando falle nalgunha das probas da batería de fitos que teñen que superar no laboratorio, e logo nos ensaios clínicos. A conversa con César Muñóz-Fontela reflexa as súas opinións persoais, e en ningún caso representan á OMS: Tamén conversamos Eduardo Rolland, director de GCiencia, que nos explicou como se viviron en Galicia outros a