Efervesciencia

Efer 516 (28-5-20): Supercontaxiadores

Informações:

Sinopsis

(2:19) Da man de Eduardo Rolland de GCiencia e o noso microbiólogo Esteban Fernández Moreira percorremos parte da historia da peste negra. Desde a súa chegada a Galicia ata a identificación por Yersin do seu axente patóxeno en Hong Kong no século XIX. (17:10) Aulas Galegas é un repositorio de contidos didácticos en galego, tamén de ciencias. Nolo contan Susana Vázquez e Ramón Cabanelas. (21:22) O profesor da Facultade de Medicina da USC Antonio Salas é xenetista de poboacións. Federico Martinón é o xefe de pediatría do CHUAC e infectólogo. No seu grupo levan anos investigando o xenoma dos doentes que sofren infeccións. Pero desta volta veñen de analizar o xenoma non de persoas senón o do virus SARS-COV-2 para reconstruíren a súa árbore xenealóxica. Así puideron datar a súa orixe e atopar, dun xeito non buscado, a aparición da figura do supercontaxiador nos seus datos. (48:23) A chamada sorpresa da Avoa levounos ao físico e divulgador José Edelsteien no seu aniversario e no día da publicación do seu primeiro a