Efervesciencia
Efer 511 (23-4-20): A carreira mundial pola vacina é colaborativa
- Autor: Vários
- Narrador: Vários
- Editor: Podcast
- Duración: 0:55:59
- Mas informaciones
Informações:
Sinopsis
O virólogo César Muñoz Fontela traballa no Plan de Aceleración de Vacinas da OMS onde se enrolou hai unhas semanas tras solicitar unha excedencia no seu posto habitual no Instituto Bernhard Nocht de Hamburgo. Múñoz-Fontela participou na loita contra o ébola tanto desde o terreo como desde o laboratorio de máxima bioseguridade P4 deste instituto de investigación. Para o virólogo ferrolán a pescuda dunha vacina segura e eficaz está sendo o maior esforzo científico da historia no que se están enrolado organismos de todo o mundo. No Plan de Aceleración de Vacinas da OMS teñen rexistrados polo de agora 140 prototipos. O obxectivo e testalos todos. Un proxecto de vacina so se descartará cando falle nalgunha das probas da batería de fitos que teñen que superar no laboratorio, e logo nos ensaios clínicos. A conversa con César Muñóz-Fontela reflexa as súas opinións persoais, e en ningún caso representan á OMS: Tamén conversamos Eduardo Rolland, director de GCiencia, que nos explicou como se viviron en Galicia outros a