Efervesciencia

  • Autor: Vários
  • Narrador: Vários
  • Editor: Podcast
  • Duración: 475:45:23
  • Mas informaciones

Informações:

Sinopsis

Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?

Episodios

  • As castañas de hoxe “creáronse” antes de Colón

    15/04/2020 Duración: 12min

    As castañas de hoxe “creáronse” antes de Colón. Con Santiago Pereira (USC) Premio Investigadores Sénior RAGC Fragmento de Efer 488 (9-10-19)

  • Luis Enjuanes, a carreira para producir unha vacina para o coronavirus

    13/03/2020 Duración: 23min

    Actualización 23-3-20: Nesta entrevista realizada o 9-3-20 o profesor Enjuanes comenta que o seu laboratorio non dispón de permiso administrativo para reconstruír o SARS-COVID-2. O CNB-CSIC vén de recibir financiamento extraordinario e a autorización para reconstruír o virus como paso para a obtención da vacina. Sen a ciencia producida nas dúas últimas décadas a crise do coronavirus sería moitas veces mais grave. O grupo de investigación de Luis Enjuanes e Isabel Sola leva 35 anos investigando en coronavirus. Foron os primeiros no mundo en reconstruír un virus deste tipo e teñen desenvolvido unha vacina contra o SARS-CAV-1, o primo do virus que está causando a actual pandemia. Luis Enjuanes do laboratorio de coronavirus CNB-CSIC cóntanos as diferentes estratexias para crear vacinas e antivirais contra o SARS-COV-2. Episodio completo aquí: https://www.ivoox.com/48844204

  • Adolfo García Sastre: "Entre o 10 e 40% da poboación mundial vaise infectar nun ano e medio""

    12/03/2020 Duración: 27min

    Sen a ciencia producida nas dúas últimas décadas a crise do coronavirus sería moitas veces mais grave. Pero queda moito por facer. Conversamos con Adolfo García Sastre (Director do Instituto de Saúde Global e Patóxenos Emerxentes da escola ICAHN de medicina Mount Sinai de NYC) . Episodio completo aquí: https://www.ivoox.com/48844204

  • Efer 510 (11-3-20): Luces longas contra o coranavirus: Adolfo García Sastre e Luis Enjuanes [Versión estendida]

    12/03/2020 Duración: 01h01min

    Sen a ciencia producida nas dúas útimas décadas a crise do coronavirus sería moitas veces mais grave. Pero queda moito por facer. Conversamos con Adolfo García Sastre (Director do Instituto de Saúde Global e Patóxenos Emerxentes da escola ICAHN de medicina Mount Sinai de NYC) (5:41) e Luis Enjuanes (laboratorio de coronavirus CNB-CSIC) (38:14). Con Gema Revuelta (directora do Centro de Estudios de Ciencia, Comunicación e Sociedade da UPF) analizamos como esta a ser a comunicación da crise do coronavirus. (30:01) Tamén facemos unha comparanza entre a crise do coronavirus e a gripe de 1918 (0:22)

  • Efer 509 (4-3-20): Ciencia e diversidade sexual

    07/03/2020 Duración: 57min

    1. Que dia a ciencia da diversidade sexual? Existen sesgos no estudo da naturez? Hai discriminación na comunidade científica das persoas LGTBIQ+? Conversamos con Javier Armentia @javierarmentia @PRISMAciencia @EEEPCompostela (2:55) 2. A RAGC anuncia a convocatorio dos Premios á Transferencia. Con Fernando Pérez (27:38) 3. O filósofo da ciencia Mario Bunge visto a ollos de Avelino Muleiro (34:41)

  • Efer 508 (26-2-20): Os nenos da varíola chegan ao teatro

    27/02/2020 Duración: 56min

    1. Recibimos a "Pérez & Fernández", Victoria e Manuel, antes da estrea no Salón Teatro de Compostela da adaptación na novela de María Solar "Os nenos da varíola" en coprodución co CDG. (2:30). 2. O académico Pedro Merino preséntanos a fascinante vida do enxeñeiro Comerma, homenaxeado no Día da Ciencia 2020 da Real Academia Galega de Ciencias. (18:11) 3. Na Guía do Ceo de Irene Baspino e Martin Pawley sabemos das diferentes vidas das estrelas ao fío de Betelgeuse. (35:32)

  • Efer 506 (12-2-20): Un 11-F coas enxeñeiras do CITEEC [versión estendida]

    26/02/2020 Duración: 59min

    Visitamos a Agrupación Estratéxica do CITEEC (Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil) da Universidade de A Coruña durante a xornada do 11 de febreiro, Día Internacional de Muller e a Nena na Ciencia. Realizamos un percorrido sonoro polas instalacións do CITEEC, coñecemos que é a enxeñería civil e debatemos en torno ao papel da mulleres científicas e tecnólogas. Coa participación de Gemma Rojo, Sindy Seara, Isabel Martínez Laje, Amal Nnechachi, Pilar de la Cruz, Margarita Martínez Díaz, Delia Regueira, Natalia Pérez Barge, Fernando Varela Puga, Noelia Veiga, Candela Fernández e Eva Suárez.

  • Efer 505 (5-2-20): Galaicos, un pobo entre dous mundos

    16/02/2020 Duración: 57min

    1. Galaicos, un pobo entre dous mundos (2:45) Como eran os pobos que viviron no que agora é Galicia desde o ano 1500 antes da nosa era ata chegada dos romanos? Como eran os habitantes da que logo se chamaría Gallaecia que se atopou Décimo Xunio Bruto no ano 137 antes de cristo cando atravesou o río do esquecemento, o río Limia posiblemente? Ata hai non moito os expertos coidaban que os habitantes do noroeste peninsular eran pobos pouco desenvolvidos, por dicilo finamente, e illados uns de outros. A historiográfica clásica chamábaos cunha denominación xenérica, os celtas. Pero esta imaxe é moi grosa, ten pouco detalle e non concorda coa información arqueolóxica que se ven acumulando nas ultimas décadas. Levamos o noso laboratorio sonoro ao edificio VI do Museo de Pontevedra para coñecer a ciencia que hai atrás da exposición temporal “Galaicos, un pobo entre os dous mundos”. Compartimos micro con José Manuel Rey (director do Museo de Pontevedra), Luisa Castro (coordiandora da exposición) e Xurxo Ayán (arqueólo

  • Efer 504 (29-1-20): Monográfico aire limpo [versión estendida]

    03/02/2020 Duración: 01h03min

    Versión estendida do monográfico sobre a calidade do aire ao fío do proxecto europeo @trafairproject. Conversamos con José Ramón Ríos Viqueira (CITIUS, USC) e Jose Antonio Souto (Escola Técnica Superior de Enxeñería USC – CRETUS). Contamos tamén con declaracións de Mª Jesús Cruz Carmona, xefa do grupo de investigación de enfermidades respiratorias no Instituto Vall D’Hebron e coordinadora do programa de asma do @CIBERES, Xosé Manuel Tato Camino da Dirección Xeral da Área de Urbanismo do Concello de Pontevedra, Faustino Gómez de @composcleta, e Manuel Miramontes @manolomira dos Museos Científicos Coruñeses.

  • Efer 495 (27-11-19): Diálogos de plástico con Touriñán e Gago

    27/01/2020 Duración: 56min

    Se xuntamos ao actor e cómico Xosé Antonio Touriñán xunto co investigador do Instituto Español de Oceanografía Jesús Gago a falar sobre os plásticos so pode pasar que o pasemos ben e aprendamos unha chea de cousas. Isto aconteceu na sede da Fundación en Santiago por iniciativa da Unión de Consumidores de Galicia. E polo medio estivemos os de Efervesciencia. Tamén coñecemos os casos de transferencia de coñecemento desde os centros de investigación ao mundo da empresa que veñen de gañar os premios á Transferencia da Real Academia Galega de Ciencias. Conversamos con Ana Belén Moldes (EQ10, USC), Maite Flores (Photonics4life, USC) e Antón Vázquez (Alén Space)

  • Efer 503 (22-1-20): Curandeiros. Cloro. Ceo

    23/01/2020 Duración: 56min

    1. Os non moi lonxanos tempos do cólera en Galicia e a cloración da auga con @Moises_Canle 2. A loita contra as pseudoterapias chega aos xulgados con @FernandoCervera @apetp_ 3. Gañadores do premio @CeosGalegos 2019 de astrofotografía

  • Efer 502 (15-1-20): O teu cerebro non son (só) neuronas

    20/01/2020 Duración: 57min

    1. Onde están as exolúas? Exocometas con Isabel Rebollido @Yollevoreloj [Baixo cúpula] (2:30) 2. As descoñecidas células de glía do teu sistema nervioso con Fernando de Castro @FdeCastroS (13:23) 3. A proba da Crew Dragon e outras novidades aerotrastornadas con @wicho (33:16)

  • Efer 501 (8-1-20): Heroes científicos

    08/01/2020 Duración: 56min

    Continuamos contando e cantando a mellor ciencia do ano desde o Paraninfo da USC acompañados co piano de Juanjo Fernández e os nosos colaboradores. César Muñoz Fontenla traballa nun laboratorio de máxima seguridade P4 en Hamburgo e tamén sobre o terreo en África. Este virólogo galego investigador do Instituto Bernhard-Nocht de Medicina Tropical analiza para nós os avances contra o ébola. O químico da USC Fran Rivadulla explícanos por que as baterías dos móbiles non estoupan e o traballo do seu mestre, o Nobel John Goodenough.

  • Efer 494 ( 20-11-19): O secuestro Prismático

    05/01/2020 Duración: 58min

    A Avoa de Einstein secuestrou no Ágora de A Coruña aos gañadores dos Premios Primas Casa das Ciencias á Divulgación. Conversamos con Jaume Villalta, Sergio Ferrer, Amparo Garrido, Sara Gil, Emilio García, Susana Escudero, Natalia Ruiz Zelmanovitch, Josemi Álvarez, Manuel González, Lluis Montolliu, Javier Salas, Marta Palomo, César Lopez y José Edelstein. @joseedelstein @Suescudero @sagilca @PalomoMarta @bynzelman @manolux4444 @javisalas @LluisMontoliu @quequicom33 @SergioEfe @CNIO_Cancer

  • Efer 499-500 (1-1-20): Especial programa 500

    03/01/2020 Duración: 01h50min

    Programa especial dobre no que celebramos as 500 edicións en antena de Efervesciencia na Radio Galega. Desde o Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela coa música en directo do piano de Juanjo Fernández. Repasamos a mellor (e peor) ciencia do ano 2019 con @pawley @CesarGoldi @Estebanfmoreira @castoriva @dosiveiga Nacho Munilla, Irene Baspino e Rosa Pedrido.

  • Efer 493 (13-11-19): Cánnabis, temos dereito á felicidade química?

    23/12/2019 Duración: 57min

    No mundo real, se existe un felicidade química, esta é o cánnabis. Nos últimos 20 anos o contido en principio activo, THC, do cánnabis consumido en España ten pasado do 5% ó 20 %. Iso quere dicir que un porro dos da agora equivale a fumarse 4 hai dúas décadas. Pra coñecer o que di a ciencia sobre o consumo do cánnabis en nenos e adolescentes estaremos no II Congreso Internacional sobre Cannabis e os seus derivados: Saúde, educación e lei con Fernando Rodríguez Fonseca (Instituto de Investigaciones Biomédicas de Málaga) e Mª José Iglesias Fungueiriño (Psicóloga, Técnica de prevención de drogodependencias da Asociación Renacer de Ribeira).(27:24) Conversamos "Baixo Cúpula" con Daniel Marín @eurekablog en como saír do pozo gravitatorio da terra (2:34) A química analítica da USC en Lugo Gema Puertas emprega a espectroscopia para loitar contra unha fraude de ovos [SINC] (18:40)

  • Efer 492 (6-11-19): A lei psicofísca que permite roubar galletas reformulada, con José Pardo

    06/12/2019 Duración: 56min

    Recomendamos escoitar este episodio con auriculares 1.- Se temos que comernos unhas galletas dun prato sen que se note sempre escolleremos a que mais galletas ten. Isto ten que ver coa lei de Weber. Jose Pardo é investigador no grupo Neurocom da Universidade de A Coruña, e ven de publicar o seu traballo dos últimos anos nos que reformula esta lei psicofísica. [2:18] 2. Segunda parte da campaña pro estrela Rosalía con Martin Pawley. 3. Conversa baixo cúpula co físico e divulgador Alberto Aparici @cienciabrujula

  • Efer 491 (30-10-19): 20 anos da Asociación Astronómica Sirio e conversa coa exoplanetóloga Zaira Modroño

    26/11/2019 Duración: 58min

    Desde o observatorio astronómico de Cotobade celebramos os 20 anos de andaina da Asociación Sirio con David Filgueira, Igor Piñeiro e Emma [2:13]. Elena Mora adiántanos a Semana da Ciencia no Instituto Galego de Fïsica de Altas Enerxías, IGFAE [22:18] A astrofísica Zaira Modroño Berdiñas da Universidade de Chile debúllanos a metade do premio nóbel de física 2019 que recibiron Michel Mayor e Didier Queloz. Coñecemos da man de Martin Pawley a campaña da Agrupación Astronómica Io para nomear unha estrela con exoplaneta como "Rosalía de Castro" na votación de nombraexplanetas.es

  • Efer 490 (23-10-19): Tiburóns e plásticos nas praias

    27/10/2019 Duración: 57min

    1. Asistimos ao IV Encontro Internacional de crebeiros no CEIDA. Conversamos con Carles Vales (Ceida), Isabel García (Retoque Retro), Xosé Manuel Barros (Mar de Fábula) e Margarita Cimadevila (Ars Ciencia). (1:56) 2. A oceanógrafa Debora Iglesias traballa na Universidade de California-Santa Bárbara foi testemuña do caso de varias quenllas varadas na praia. Gonzalo Mucientes do IIM-CSIC cóntanos o que se debe facer nestes casos. Desde enfoques distintos a conversa con Debora e Gonzalo axúdanos a comprender a situación actual dos océanos. (17:32) 3. O proxecto D´tec de Gain con María José Mariño e David Ballesteros. (46:48)

  • Efer 489 (16-10-19): [Versión estendida] Un cabaliño do demo en Titán e outras historias do Astrogalicia

    21/10/2019 Duración: 02h01min

    [Versión estendida para podcast] Programa monográfico no Astrogalicia 19 en Castrelo de Miño. En compaña dos nosos amigo astrónomos viaxaremos nun vira a vira ó xélido Titán montados nun cabaliño do demo, faremos unha excursión por Marte e inmortalizaremos fotograficamente un burato negro. Con Alejandro Sánchez de Miguel da Universidade de Exeter, Marcos Álverez Merinero (Sociedad Astronómica Asturiana), Matin Pawley, Scot Rafkin (Planetary Atmospheres and Surfaces Department of Space Studies, Southwest Research Institute Boulder), Jorge Pla (CSIC-INTA), Raquel Fraga (grupo BlackHoleCam do departamento de Astrofísica de Radboud Universiteit, Países Baixos), Martin Pawley, Denébola e Dosi Veiga.

página 17 de 43