Sinopsis
Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?
Episodios
-
Efer 489 (16-10-19): Un cabaliño do demo en Titán e outras historias do Astrogalicia
21/10/2019 Duración: 56minPrograma monográfico no Astrogalicia 19 en Castrelo de Miño. En compaña dos nosos amigo astrónomos viaxaremos nun vira a vira ó xélido Titán montados nun cabaliño do demo, faremos unha excursión por Marte e inmortalizaremos fotograficamente un burato negro. Con Alejandro Sánchez de Miguel da Universidade de Exeter, Marcos Álverez Merinero (Sociedad Astronómica Asturiana), Matin Pawley, Scot Rafkin (Planetary Atmospheres and Surfaces Department of Space Studies, Southwest Research Institute Boulder), Jorge Pla (CSIC-INTA), Raquel Fraga (grupo BlackHoleCam do departamento de Astrofísica de Radboud Universiteit, Países Baixos), Martin Pawley, Denébola e Dosi Veiga.
-
Efer 488 (9-10-19): A xanela ao universo de Forcarei cumpre 10 anos
19/10/2019 Duración: 57minVisitamos o observatorio astronómico de Forcarei da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura para celebrar o seu 10 aniversario e coñecemos aos gañadores dos Premios de Investigación 2019 da Real Academia Galega de Ciencias. 1. As castañas de hoxe "creáronse" antes de Colón. Con Santiago Pereira (USC) Premio Investigadores Sénior RAGC (1:44) 2. Desde o observatorio astronómico de Forcarei, 10 anos ollando ao universo. Con Ana Ulla (UVigo), Enrique Alonso (Fundación FC3), Richi e Susana (14:40) 3. Detección de contaminantes emerxentes procedentes de produtos cosméticos. Con María Celeiro (USC), mención honorífica investigadores sénior Premio RAGC (32:23) 4. En álxebra tamé se investiga con Xavier García, mención honorífica investigadores mozos Premio RAGC (37:06) 5. Nobel aos mecanismos de adaptación ao osíxeno das células con José A. Costoya (CIMUS) (40:37) 6. 0 P107, un elo feble para atacar á obesidade? Con Juan Cuñaro (USC), premio investigadores mozos RAGC (47:14)
-
Baixo cúpula con Héctor Socas
06/10/2019 Duración: 21minConversa baixo a cúpula da Casa das Ciencias co astrofísico do IAC-CSIC e divulgador, e alma márter de @pcoffeebreak Héctor Socas
-
Efer 487 (2-10-19): Cerebroides, neuronas en adultos e improvisación [Especial Neurociencia SENC19]
04/10/2019 Duración: 59minInfiltrámonos no congreso 18 congreso da "Sociedad Española de Neurociencia" celebrado en setembro de 2019 en Santiago de Compostela. Descubrimos unha feixe de temas apaixonantes: - Cerebroides en placa petri - Curar cegueira restaurando conos na retina con optoxenética - Existe o libre albedrío? - Polémica sobre a neuroxénese de neuronas en humanos adultos - En ratiños de laboratoio os efectos positivos do exercicio físico transmítese aos fillos aínda que estes sexan sedentarios - Cal é o estado mental dun músico cando fai improvisación? - As bolboretas femininas da alma, o papel das hormonas no cerebro feminino Para tratar estes temas conversamos con Agnés Gruart (Presidenta da SENC, catedrática de fisioloxía Universidade Pablo Olavide), José Mª Delgado (catedrático de fisioloxía Universidade Pablo Olavide), Guglielmo Foffani (enxeñeiro biomédico, HM CINAC), Paola Arlotta (Universidade de Harvard), Luis Miguel García Segura (Profesor de investigación do CSIC-Instituto Cajal), Botond Roska (Friedrich Mies
-
Efer 486 (26-9-19): VII Noite Efervescente e baixo a cúpula con Héctor Socas
26/09/2019 Duración: 56min1. As vacacións da avoa de Einstein. Inicio da tempada 13 (0:00) 2. Carlos Fernández @AcuArchitects ten 16 anos e vén de gañar o concurso de vídeo científico para escolares Ciencia Clip cunha peza sobre arquitectura. (3:17) 3. VII Noite Efervescente desde Castrelo de Miño e Festival Divulgación. Un ano mais organizamos unha observación pública e inclusiva do ceo nocturno. Acompañáronnos os amigos de Amipa, Aspronaga e Fundación Adcor. Luisa Martínez presentounos "Puf! Vaia Peido" (Editorial Galaxia), Martin Pawley explicounos o ceo e Xurxo Mariño adiantounos o contido da súa charla no Festival Divulgacción. (9:04) 4. Convite de Beatriz Díaz para o concurso internacional de biotecnoloxía Zendal (30:35) 5. Conversa baixo a cúpula da Casa das Ciencias co astrofísicom do IAC-CSIC e divulgador @pcoffeebreak Héctor Socas (31:36)
-
A promo da tempada 13
02/09/2019 Duración: 30sRetornamos ao noso horario habitual dos mércores ás 24 horas. Seguiremos a emitir o mellor dos últimos capítulos ata a chegada do outono. O 25 de setembro iniciaremos a nova tempada efervescente. Férvenos a mente!
-
Carmen Burgués e Claudi Alsina, unha vida nas matemáticas
21/08/2019 Duración: 11minUnha vida ensinando a aprender matemáticas: Carmen Burgués e Claudi Alsina. A nosa visión da JAEN celebradas en A Coruña organizadas por AGAPEMA.
-
O graffiti tamén ten a súa ciencia, con @deborahciencia
21/08/2019 Duración: 18minA arte contestataria do graffiti tamén ten a súa ciencia, con @deborahciencia
-
Informar (tamén) dos efectos adversos no cribado do cancro de mama
21/08/2019 Duración: 29minQueren as mulleres que se lles informe dos efectos adversos do cribado de mama? Os programas de cribado do cancro de mamá salvan vidas, pero a evidencia científica actual apunta a que existen efectos adversos. Un artigo en PLOSOne explora os efectos de dar información completa ás mulleres en idade de incorporarse aos programas de detección precoz de cancro de mama. Conversamos con Monserrat Rúe (IRBLLeida). http://dx.plos.org/10.1371/journal.pone.0214057
-
Os ollos vagos necesitan mirar ao ceo
21/08/2019 Duración: 16minJosé Manuel Alonso aténdenos desde a cidade do rañaceos onde é investigador en optometría na Universidade Estatal de New York. O seu grupo ven de propoñer un novo tratamento do ollo vago a partir das súas investigacións básicas. A cuestión está en mirar ao ceo...
-
As ondas gravitacionais fixeron posible a evolución humana
21/08/2019 Duración: 06minDurante todo un século foron un resultado teórico das ecuacións de Einstein, pero desde 2016 sabemos que as ondas gravitacionais son unha realidade física. Para Bernard F. Schutz, director emérito do Instituto Max-Planck de Física Gravitacional – Instituto Albert Einstein e catedrático na Universidade de Cardiff, sen a existencia destas ondas gravitacionais non sería posible a vida na terra.
-
O ángulo máxico da revolución "viratrónica" con Pablo Jarillo Herrero [Versión estendida]
20/08/2019 Duración: 26min[Versión podcast estendida] Existen libros infantís que conseguen animacións máxicas ao mover unha transparencia cunhas barras horizontais sobre diversos patróns de liñas. Deste xeito xérase o coñecido como patrón de Moiré. O máis vangardista en física da materia condensada é facer isto mesmo a nivel molecular. O primeiro en conseguilo foi o catedrático do MIT Pablo Jarillo Herrero. En 2018 presentou no encontro anual da Sociedade Americana de Física un achado revolucionario. Se viramos exactamente 1,1º dúas capas de grafeno – o material bidimensional mais delgado que existe – e achegamos carga ó sistema, este primeiramente pasa a un estado illante e logo convertese en supercondutor. Acaba de nacer a “viratrónica” (twistronic). E mesmo hai expertos que lle din que este achado cheira a Nobel. Debullamos toda esta revolución co seu protagonista, o investigador valenciano Pablo Jarillo.
-
"A singularidade dun burato negro é Marie Kondo". A foto de M87 con Javier Mas e José Luis Gómez
09/08/2019 Duración: 42minFalar de buratos negros é tan habitual, que para moitos foi unha sorpresa saber que nunca se tiñan observado directamente ata que o "Event Horizont Telescope" deu a coñecer a primeira "foto" dun destes obxectos. Conversamos sobre buratos negros con Javier Mas Solé, profesor do departamento de física de partículas da USC e investigador do IGFAE. Tamém contamos con José Luis Gómez, do Instituto de Astrofísica de Andalucía-CSIC e que formou parte do equipo que tomou a famosa foto do burato de M87.
-
Guía do Ceo de Verán 2019
16/07/2019 Duración: 17minA nosa tradicional Guía do Ceo radiofónica para non nos perder nada do que pase no ceo nocturno en todo o verán. Con Martin Pawley e Irene Baspino. Valaquí o pdf auxiliar da Guía do Ceo https://www.dropbox.com/s/vj75s5x4m8ahpyy/O%20ceo%20deste%20ver%C3%A1n%20EFERVESCIENCIA%202019.pdf?dl=0
-
Efer 485 (6-7-19): O reto de ensinar matemáticas
16/07/2019 Duración: 55min(1:44) A arte contestataria do graffiti tamén ten a súa ciencia, con @deborahciencia (20:10) Unha vida ensinando a aprender matemáticas: Carmen Burgués e Claudi Alsina. A nosa visión da JAEN celebradas en A Coruña organizadas por AGAPEMA. (31:47) Previa da Maker Faire Galicia con Iolanda Iglesias. (39:27) Guía do Ceo de Verán con @pauley e Irene Baspiño
-
Efer 484 (29-6-19): Queren as mulleres que se lles informe dos efectos adversos do cribado de mama?
07/07/2019 Duración: 59min1. Premios Isabel Zendal (0:14) 2. Plásticos en Ciencia para Andar por casa con Bibiana García Visos (3:21) 3. Queren as mulleres que se lles informe dos efectos adversos do cribado de mama? Os programas de cribado do cancro de mamá salvan vidas, pero a evidencia científica actual apunta a que existen efectos adversos. Un artigo en PLOSOne explora os efectos de dar información completa ás mulleres en idade de incorporarse aos programas de detección precoz de cancro de mama. Conversamos con Monserrat Rúe (IRBLLeida). http://dx.plos.org/10.1371/journal.pone.0214057 (11:50). 4. Previsa do Festival Divulgacción e Noite Efervescente con Dosi Veiga (41:38) 5. Stop artrose en Precipita con Ana Alonso do IDIS no grupo de Patoloxías Musculoesqueléticas (47:11)
-
Promo: Novo horario de verán
04/07/2019 Duración: 32sDurante o mes de verán temos horario especial de emisión na Radio Galega os sábados e domingos ás 8:00 da mañá cos mellores contidos da tempada.
-
Efer 483 (19-6-19): Breaking Bad a ollos dun químico
03/07/2019 Duración: 59minBernardo Herradón comparte co protagonista de Breaking Bad o feito de ser químico orgánico e emprendedor. Este investigador científico do Instituto de Química Orgánica Xeral do CSIC tamén é un divulgador entregado e apaixonado. Con el repasamos a boa química de Breaking Bad e dámoslle unha nova ollada á Táboa Periódica (2:20) O Turismo Científico chega aos cursos de verán da USC da man do selo Observer. Reportaxe con Jorge Mira, Maite Vence e Luisa Martínez. (28:45). José Manuel Alonso aténdenos desde a cidade do rañaceos onde é investigador en optometría na Universidade Estatal de New York. O seu grupo ven de propoñer un novo tratamento do ollo vago a partir das súas investigacións básicas. A cuestión está en mirar ao ceo... (35:20).
-
Efer 482 (12-6-19): O xoguete infantil e a última fronteira da física
17/06/2019 Duración: 57minExisten libros infantís que conseguen animacións máxicas ao mover unha transparencia cunhas barras horizontais sobre diversos patróns de liñas. Deste xeito xérase o coñecido como patrón de Moiré. O máis vangardista en física da materia condensada é facer isto mesmo a nivel molecular. O primeiro en conseguilo foi o catedrático do MIT Pablo Jarillo Herrero. En 2018 presentou no encontro anual da Sociedade Americana de Física un achado revolucionario. Se viramos exactamente 1,1º dúas capas de grafeno – o material bidimensional mais delgado que existe – e achegamos carga ó sistema, este primeiramente pasa a un estado illante e logo convertese en supercondutor. Acaba de nacer a “viratrónica” (twistronic). E mesmo hai expertos que lle din que este achado cheira a Nobel. Debullamos toda esta revolución co seu protagonista, o investigador valenciano Pablo Jarillo. Arte no CERN coa instalación Datos Fluidos de Agnes Chavez [Muller e ciencia] Joana Magalhaes preséntanos na súa sección a artistae educadora norteamerica
-
Efer 481 (5-6-19): No I Encontro Ibérico de Comunicación da Ciencia
06/06/2019 Duración: 56minAquelando é o novo programa de divulgación científica da Televisión de Galicia. Está dirixido a un público familiar e emitirase os sábados pola mañá. Conversamos coa súa directora Rocio Mosquera e o divulgador David Ballesteros. (1:55) Na localidade portuguesa de Aveiro celebrouse o I Encontro Ibérico de Comunicación da Ciencia no marco do encontro SciComPt. Ata alí levamos os micros de Efervesciencia. Conversamos con Joana Lobo (presidenta de SciComPt), Edurne Gastón (Concise- AECC) (13:19), Javier Armentia (Director do Pamplonetario) (27:44) e Pedro Pombo (director do museo da ciencia a Fábrica), Vera Novais (xornalista de ciencia no Observador.pt) (35:10)