Sinopsis
Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?
Episodios
-
Adegas da Memoria: Etnoarqueoloxía na Riberia Sacra
06/06/2019 Duración: 13minO arqueólogo da Universidade Nova de Lisboa Xurxo Ayán preséntanos o proxecto de etnoarqueoloxía "Adegas da Memoria". No último día de escavación teñen atopado restos humanos que poderían ser os mais antigos atopados na Ribeira Sacra. Coñecemento científico para avalar a declaración de Patrimonio da Humanidade.
-
Efer 480 (28-5-19): Que facemos mal e ben no TDAH
29/05/2019 Duración: 56minUn artigo do neuroanatomista Marco Catani e o historiador da medicina Paolo Mazzarello publicado na revista de neuroloxía Brain propón que Leonardo da Vinci sería hoxe diagnosticado como unha persoa con Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade, TDAH. Conversamos co doutor en psicoloxía e profesor da Universidade de Vigo Manuel Isorna sobre esta síndrome. Por que apenas se diagnostican casos en Francia e pola contra en Estados Unidos afecta a un de cada 5 nenos? Inflúe o mes de nacemento? Como se xestiona en nenos? E en adultos? O arqueólogo da Universidade Nova de Lisboa Xurxo Ayán preséntanos o proxecto de etnoarqueoloxía "Adegas da Memoria". No último día de escavación teñen atopado restos humanos que poderían ser os mais antigos atopados na Ribeira Sacra. Coñecemento científico para avalar a declaración de Patrimonio da Humanidade. Fran Núñez de Limiar Teatro cóntanos a experiencia de xirar durante todo un anos por toda España a obra "Eu tamén son Leonardo"
-
Efer 479 (22-5-19): Telescopios nos ollos e outros inventos reais para ver mellor
26/05/2019 Duración: 56minO pasado 15 de maio celebrouse en Santiago de Compostela o acto oficial de conmemoración do Día Internacional da Luz. Un dos convidados poñentes ao evento que tivo lugar no Hostal do Reis Católicos foi o catedrático de Óptica da Universidade de Murcia Pablo Artal. Algúns dos inventos e achados do equipo de Artal empréganse en todo o mundo para mellorar a visión das persoas. Na sección de “Muller e Ciencia” de Joana Magalhaes conversamos con Marta Macho. Esta profesora de matemáticas da Universidade do País Vasco botou a andar hai 5 anos a wweb “Mujeres con Ciencia”. No primeiro instante despois do Big Bang o noso universo sufriu unha expansión hiperacelerada nunha quintillonésima parte de segundo. Neste lapso o universo aumentou nun proporción análoga a que ocorrería se unha habitación de 10 m2 medrase ata ocupar todo o universo. Este fenómeno coñécese como inflación cósmica. O investigador do Instituto Galego de Altas Enerxías José Edelstein vén de gañar unha mención no premio da Gravity Research Fundation
-
Ciencia e aventura no K2 en inverno con Alex Txikon e Félix Criado [Versión estendida]
26/05/2019 Duración: 43min[Versión estendida] Fronte as imaxes de conxestión no Everest, o alpinismo de inverno é a última fronteira. Mantivemos unha conversa fascinante desde as instalacións de INEF Coruña cos alpinistas Alex Txikon e Félix Criado sobre a ciencia da súa impresionante expedición invernal ao K2.
-
Coplas astronómicas de Antonio Fraguas desde o observatorio de Cotobade
26/05/2019 Duración: 16minDesde o observatorio astronómico de Cotobade da Agrupación Sirio @emilio_otero deléitanos con coplas sobre os astros recollidas por Antonio Fraguas e observando quásares a 3000 millóns da anos luz.
-
Efer 478 (15-5-19): Alpinismo de inverno, a última fronteira
26/05/2019 Duración: 53minFronte as imaxes de conxestión no Everest, o alpinismo de inverno é a última fronteira. Mantivemos unha conversa fascinante desde as instalacións de INEF Coruña cos alpinistas Alex Txikon e Félix Criado sobre a ciencia da súa impresionante expedición invernal ao K2. Estivemos no observatorio astronómico de Cotobade da Agrupación Sirio con @emilio_otero deleitándonos con coplas sobre os astros recollidas por Antonio Fraguas e observando quásares a 3000 millóns da anos luz.
-
O que di a ciencia sobre a educación e a crianza dos nenos
17/05/2019 Duración: 11minJulio Rodríguez (sicólogo e investigador da Fundación Publica Galga de Medicina Xenómica) preséntanos desde a Galiciencia o seu libro "Que dice la ciencia de la educación y crianza de los niños" (Plataforma Editorial)
-
Efer 477 (8-5-19): Desde Galiciencia
17/05/2019 Duración: 55minPrograma con público desde o salón de actos de Tecnópole no marco da edición XIV da feira científica Galiciencia. Con Ricardo Capilla (director xerente de Tecnópole), os profesores Camilo Ojea (CPI Mosteiro-Meis), Beatriz López (Compañía de María de Santiago) e María Malvesada (CPR Santiago Apostol de Soutomaior). Tamén interveñen o actor Vicente Mohedano, a enxeñeira de minas experta en geotermia Lucía Novelle (Ingeo) e Óscar Chao Penabab do IES San Rosendo de Mondoñedo (profesor do equipo gañador da edición anterior). Julio Rodríguez (sicólogo e investigador da Fundación Publica Galga de Medicina Xenómica) preséntanos o seu libro "Que dice la ciencia de la educación y crianza de los niños" (Plataforma Editorial)
-
Mitos caídos sobre as espadas dos guerreiros de Xian con Marcos Martinón
17/05/2019 Duración: 19minOs Guerreiros de terracota de Xian portan armas de bronce relucentes e afiadas. Grazas á investigación do catedrático de arqueoloxía de Cambridge Marcos Martinón agora sabemos que isto se debe a unha feliz e inesperada coincidencia.
-
Efer 476 (1-5-19): Ética no océano dos datos
17/05/2019 Duración: 57minVivimos nun oceáno de datos persoais e médicos, se non queremos afogar teremos que botar man da ética. Conversamos coa subdirectora da Observatorio de Bioética e Dereito da Cátedra Unesco da Universidade de Barcelona Itziar de Lecuona (10:13). Os Guerreiros de terracota de Xian portan armas de bronce relucintes e afiadas. Grazas á investigación do catedrático de arqueoloxía de Cambridge Marcos Martinón agora sabemos que isto se debe a unha feliz e inesperada coicidencia. (33:57) Con Marcos Pérez coñecemos a previa do XXIV Día da Ciencia na Rúa (3:45). Na nosa introducción, o recoñecemento facial é o plutonio da Intelixencia Artifical (0:30)
-
O novo primo Homo Luzonensis con María Martinón
16/05/2019 Duración: 19minMaría Martinón dirixe o Centro Nacional de Investigación sobre la Evolución Humana, CENIEH. Con ela actualizamos o noso álbum familiar co achado do Homo Luzonensis. Tamén coñecemos a súa investigación sobre un dente de Tongzi en China que podería corresponder a un Denisovano.
-
Paso migratorio prenupcial [Paxaros na cabeza]
16/05/2019 Duración: 14minNa nosa sección de ornitoloxía afeccionada con Nacho Munilla coñecemos o paso migratorio prenupcial de primavera.
-
Efer 475 (24-4-19): Temos homínido novo na familia
16/05/2019 Duración: 55minO álbum familiar dos homínidos [Intro] (0:28) Paso migratorio prenupcial [Paxaros na cabeza con Nacho Munilla] (2:34) Previa Naukas Coruña con Wicho (16:59) O novo primo Homo Luzonensis con María Martinón (22:38) @cienciamiuda finalista no #FameLabEspaña2019 (42:30) Convocados os premios de Transferencia da @RAGalegaCiencia (47:35)
-
Efer 474 (17-4-19): M87, o burato negro fotoxénico
05/05/2019 Duración: 55minFalar de buratos negros é tan habitual, que para moitos foi unha sorpresa saber que nunca se tiñan observado directamente ata que o "Event Horizont Telescope" deu a coñecer a primeira "foto" dun destes obxectos. Conversamos sobre buratos negros con Javier Mas Solé (2:16), profesor do departamento de física de partículas da USC e investigador do IGFAE. José Luis Gómez, do Instituto de Astrofísica de Andalucía-CSIC formou parte do equipo que tomou a famosa foto do burato de M87 (22:05). Os nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley ensínannos a localizar M87 no ceo (40:10). Neste enlace tedes unha axuda visual https://youtu.be/FqcXiYqDXEI
-
Como localizar onde está M87 [Guía do Ceo]
18/04/2019 Duración: 14minNa Guía do Ceo de abril-19 explicamos porque a Semana Santa este ano non cae onde debera segundo a astronomía. Nestes días a lúa esta na constelación da Virxe, onde se atopa M87 e o burato negro fotografado por primeira vez. Coas indicación s dos nosos estreleiros saberás como localizala facilmente. Vídeo de axuda visual https://youtu.be/FqcXiYqDXEI
-
Bioética con José Antonio Seoane [Versión estendida]
14/04/2019 Duración: 40minProfesionalidade, liberdade, responsabilidade, creatividade, honradez, respecto, xustiza, lealdade, ben común, confiabilidade, seguridade: estes son os puntos do código ético da investigación da Universidade da Coruña. Conversamos con José Antonio Seoane, profesor titular de filosofía do dereito na UDC e presidente do Consello de Bioética de Galicia, sobre as orixes da bioética, a ética na investigación, a edición de embrións con CRISPR, pero tamén da bioética que nos pode afectar no día a día. Sonia García da Asociación AMIPA poderá exercer o dereito ao voto por primeira vez malia teren pasado multitude de eleccións logo de acadar a súa maioría de idade. En Galicia vense de constituír o primeiro comité de bioética en servizos socias. Virginia Alonso é a presidenta deste comité do Consorcio de As Mariñas.
-
NeuroART, feromonas e ... Mahler!
14/04/2019 Duración: 18minNeuroART é o concurso de imaxe e vídeos artísticos relacionados co sistema nervioso convocado pola Sociedade Española de Neurociencia. O primeiro premio de imaxe e mais o segundo teñen a sinatura galega de Paula Rodríguez Villamayor e Pablo Sánchez-Quinteiro. Con eles falamos de fermonas, o órganos vomeronasal e de Mahler!
-
Efer 473 (13-4-19): Bioética do día a día
14/04/2019 Duración: 58minProfesionalidade, liberdade, responsabilidade, creatividade, honradez, respecto, xustiza, lealdade, ben común, confiabilidade, seguridade: estes son os puntos do código ético da investigación da Universidade da Coruña. Conversamos con José Antonio Seoane, profesor titular de filosofía do dereito na UDC e presidente do Consello de Bioética de Galicia, sobre as orixes da bioética, a ética na investigación, a edición de embrións con CRISPR, pero tamén da bioética que nos pode afectar no día a día. Sonia García da Asociación AMIPA poderá exercer o dereito ao voto por primeira vez malia teren pasado multitude de eleccións logo de acadar a súa maioría de idade. En Galicia vense de constituír o primeiro comité de bioética en servizos socias. Virginia Alonso é a presidenta deste comité do Consorcio de As Mariñas. NeuroART é o concurso de imaxe e vídeos artísticos relacionados co sistema nervioso convocado pola Sociedade Española de Neurociencia. O primeiro premio de imaxe e mais o segundo teñen a sinatura galega de
-
O marabilloso libro do CRISPR de Lluis Montoliu
13/04/2019 Duración: 27minSempre é unha delicia conversar co investigador do CNB-CISC Lluis Montlliu. Desta volta visita os nosos estudios cun libro imprescindible debaixo do brazo. “Editando genes: recorta, pega y colorea. Las marabillosas herramientas CRISPR”.
-
Efer 472 (3-4-19): Recortamos e pegamos xenes
13/04/2019 Duración: 57minSempre é unha delicia conversar co investigador do CNB-CISC Lluis Montlliu. Desta volta visita os nosos estudios cun libro imprescindible debaixo do brazo. “Editando genes: recorta, pega y colorea. Las marabillosas herramientas CRISPR”. Tamén nos visitan os investigadores participantes no VIII obradoiro “Comunicar Ciencia na Radio”: José A. Costoya, Andrea Muras, Mar García Colomer, Tereza Ruzickova, Mari Carmen Caldeiro, Jesús Prego e Natalia Fernández. A amendoeira “Gladiador” ten tres séculos. E agora o seu patrimonio xenético e cultural revive en forma de clons grazas ao traballo do grupo de “Biotecnoloxía de especies leñosas” do IIAG-CSIC. Nolo conta Nieves Vidal.