Efervesciencia

  • Autor: Vários
  • Narrador: Vários
  • Editor: Podcast
  • Duración: 475:45:23
  • Mas informaciones

Informações:

Sinopsis

Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?

Episodios

  • Efer 471 (27-3-18): Xenoma inestable para loitar contra o cancro

    28/03/2019 Duración: 56min

    Os practicantes da arte marcial do aikido empregan as forzas dos opoñente para vencer ao seu rival. Óskar Fernández Capetillo, investigador do CNIO, emprega unha estratexia semellante para loitar contra o cancro. As células tumorais son bastante refractarias aos mecanismos de reparación do ADN, pero se lles quitamos totalmente estes mecanismos, pásanse de freada e acaban acumulando tantas mutación que se fan inviables. Con Capetillo tamén conversamos sobre envellecemento e inestabilidade xenómica, e de como abrir novas vías de ataque a un cumio inexplorado: o tratamento da ELA. Wicho explícanos polo miúdo que se cre que pasou nos accidentes dos Boeing 737 MAX. Marguerite Perey comezou traballando no Instituto do Radio de Marie Curie como técnica de laboratorio. Co paso do tempo acabaría sendo a “filla adoptiva” de Curie e descubrindo o elemento 87 da táboa periódica. Nova "Entrevista no Alén", coa participación de Rosa Pedrido.

  • A técnica de laboratorio que descubriu un elemento [Entrevistas no alén]

    28/03/2019 Duración: 15min

    Marguerite Perey comezou traballando no Instituto do Radio de Marie Curie como técnica de laboratorio. Co paso do tempo acabaría sendo a “filla adoptiva” de Curie e descubrindo o elemento 87 da táboa periódica. Nova entrevista no Alén, coa participación de Rosa Pedrido.

  • Como non reparar o xenoma pode axudar contra o cancro con @KP_twitt_llo

    28/03/2019 Duración: 20min

    Os practicantes da arte marcial do aikido empregan as forzas dos opoñente para vencer ao seu rival. Óskar Fernández Capetillo, investigador do CNIO, emprega unha estratexia semellante para loitar contra o cancro. As células tumorais son bastante refractarias aos mecanismos de reparación do ADN, pero se lles quitamos totalmente estes mecanismos, pásanse de freada e acaban acumulando tantas mutación que se fan inviables. Con Capetillo tamén conversamos sobre envellecemento e inestabilidade xenómica, e de como abrir novas vías de ataque a un cumio inexplorado: o tratamento da ELA.

  • @wicho analiza os problemas dos Boeing 737 Max

    28/03/2019 Duración: 16min

    Wicho explícanos polo miúdo que se cre que pasou nos accidentes dos Boeing 737 MAX e que consecuencias pode ter para a seguridade aérea.

  • Efer 470 (20-3-19): Por que o home do neolítico nunca gravaría un vídeo en vertical?

    24/03/2019 Duración: 57min

    Os homes que construíron as mámoas hai 6000 anos tiñan cableado o seu encéfalo para ollar en horizontal, en modo panorámico. Este é o resultado dun estudo pioneiro en neoarqueoloxía que veñen de asinar en Scientific Report os investigadores galegos Felipe Criado (INCIPIT-CSIC) e Luis Martínez Otero (Instituto de Neurociencia de Alacant) cos que conversamos en Efervesciencia. A catedrática da antropoloxía forense da Universidade de Grandada, Inmaculada Alemán é unha das “Mulleres dos Mortos”. Este é un ciclo de relatorio de mulleres antropólogas organizado por Olalla López-Costas (Grupo Sistema Terra da USC) e María Loureiro (Departemeno de Análise Económica- USC). Coa Dra. Alemán falamos de momias, Colón e antropoloxía forense. Rendémoslle unha homenaxe ao rover Opportunity logo da súa maratón en Marte e a posterior desconexión da súa misión. Este é unha nova postal planetaria de Borja Tosar.

  • Efer 469 (13-3-19): Ecos dos tangos cósmicos con Gabriela González

    14/03/2019 Duración: 57min

    O cadro de persoal do observatorio LIGO esta formado por unhas 1000 persoas, que nun exercicio de democracia escollen cada dous anos a un voceiro oficial do experimento. Durante 6 anos a física arxentina Gabriela González ostentou a portavocía de ligo, período onde se descubriu e fixo público o achado da primeira onda gravitacional. A revista Nature nomeou a Gabriela González como o investigador do ano en 2016. O pasado 8 de marzo Gabriela González estivo en Santiago de Compostela formando parte dun equipo internacional que auditou ó Instituto Galego de Física de Altas Enerxías da USC. E nos aproveitamos para invitala ós nosos estudos. Descúbrese que as bacterias teñen memoria colectiva. Nolo conta Esteban Fernández Moreira desde o seu "Circo de Bacterias". As mimosas e a uña de gato contribúen ás pragas de insectos herbívoros segundo unha investigación de Jonatán Rodríguez do departamento de bioloxía da Universidade de Vigo. Tráenos esta nova Eva Rodríguez de SINC. Está xustificada a mala sona do eucal

  • Efer 468 (6-3-19): A sostenibilidade dos mares vista por un economista

    14/03/2019 Duración: 56min

    Sebastián Villasante é profesor de economía na USC especializado no estudo da sostenibilidade de mares e océanos con proxectos como "Cephs and Chefs". As plantas falan entre si coa linguaxe da química. Xaquín Moreira Tomé, investigador Ramón y Cajal do grupo xenética e Ecoloxía Forestal da Misión Biolóxica de Galicia do CSIC, dedícase a interceptar estas comunicacións para interpretalas. Tres pistas musicais levaránnos descubir á estrela convidade ao XXIV Congreso Estatal de Astronomía que terá lugar en 2020 en A Coruña organizado pola Agrupación Astronómica IO: Jocelyn Bell En 2019 celebramos o 50 aniversario da chegada á lúa. Borja Tosar prepáranos unha nova "Postal Planetaria" na que debulla o filme "First man".

  • Efer 467 (27-2-19): As croquetas do imperio do mal con @farmagemma

    14/03/2019 Duración: 57min

    Inserímonos dentro do “Imperio do mal” alimentario e farmacéutico da man de @farmagemma e a súa estraña familia. Tamén falamos da importancia do deseño como motor de innovación con María José Mariño da @axenciaGAIN e @DavidBarro1 Coñecemos o lado mais galego da Táboa Periódica con Miguel Ángel Ríos que nos presenta a obra de Tomás Batuecas na Comisión Internacional de Pesos Atómicos. Batuecas ven de ser elixido científico do ano pola Real Academia Galega de Ciencias.

  • Efer 466 (20-2-19): Unha noite estimulando cerebros con imáns

    14/03/2019 Duración: 57min

    Visitamos o laboratorio de investigación do grupo Neurocom da Universidade de A Coruña onde conversamos con Casto Rivadulla e Juan Aguilar do Laboratorio de Neurofisioloxía Experimental do Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo. Estes investigadores veñen de publicar en Scientific Report un traballo sobre o tratamento da epilepsia con neuromodulación non invasiva con campos magnéticos estáticos. Campos magnéticos que o noso compañeiro César Goldi vai experimentar no seu cerebro... Somos o que comemos, dise moitas veces. É dalgún xeito esta é unha gran verdade. Nos nosos osos vanse fixando átomos de carbono e nitróxeno que proveñen das proteínas que consumimos. Pero non todos os átomos de carbono ou nitróxeno pesan o mesmo, xa que presentan isótopos estables. Así que Medindo a proporción entre os isótopos de cada elemento os investigadores poden facerse unha idea da dieta dun individuo a partir da análise dos seus osos. Esta noite coñeceremos grazas polo uso destas técnicas por parte dos investigadores ta

  • Efer 465 (13-2-19): De NOSA ao IEO-Vigo, xogo de espellos no 11F

    11/03/2019 Duración: 56min

    Para conmemorar a celebración do Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia facemos un xogo de espellos desde un instituto de investigación ata un congreso científico escolar, desde o mar ata o espazo. Xuntamos nun mesmo espazo sonoro a 8 investigadoras e técnicas do Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía (María Saínza, Isabel Riveiro, María Sánchez Barba, Pilar Rial, Lucía Viñas, Victoria Besada, Esther Román Mar Sacau e Montse Pérez) xunto co III Congreso da Axencia Escolar NOSA celebrado no auditorio Gabriel García Márquez. Os escolares de NOSA analizaron no seu congreso os resultados da sonda Marumasat III e artellaron o seguinte desafío. Convidaron tamén á académica Marilar Aleixandre.

  • Efer 464 (6-2-19): Secuenciado o xenoma do berberecho

    10/03/2019 Duración: 58min

    Nesta edición efervescente anunciamos en primicia a secuenciación completa por primeira vez do berberecho. Este achado é relevante non so desde o punto de vista do mariqueo senón tamén para o estudo dos cancros transmisibles. Conversamos con José Tubio @MobileGenomes investigador do @cimususc. Bibiana García Visos na súa Ciencia para Andar por Casa danos a escusa perfecta para non facer a cama. Facemos unha anatomía dunha investigación estatística con Amanda Fernández: As matemáticas desvelan a existencia dunha bolsa oculta de casos de violencia de xénero sen denunciar en Ourense e Lugo

  • Demo de Tasmanía, cancros transmisibles e berberechos con José Tubío

    10/03/2019 Duración: 34min

    Conversamos con José Tubio @MobileGenomes investigador do @cimususc. Tubío lembra de pequeno en Noia o seu primeiro contacto cos berberechos nun episodio coa Garda Civil. Agora o seu grupo vén de secuenciar por primeira vez o xenoma do berberecho. Este achado é relevante non so desde o punto de vista do mariqueo senón tamén para o estudo dos cancros transmisibles.

  • As matemáticas desvelan unha bolsa oculta de violencia de xénero sen denunciar en Galicia

    10/03/2019 Duración: 09min

    Facemos unha anatomía dunha investigación estatística con Amanda Fernández, investigadora de postdoutoramento na Universidade Humbold de Berlín. As matemáticas desvelan a existencia dunha bolsa oculta de casos de violencia de xénero sen denunciar en Ourense e Lugo. Conversamos con Amanda na 4ª reunión de Biostatnet.

  • O argumento científico para non facer a cama [Ciencia para andar por casa]

    10/03/2019 Duración: 06min

    Bibiana García Visos na súa Ciencia para Andar por Casa danos a escusa perfecta para non facer a cama.

  • Comes ben? con @gominolasdpetro

    09/03/2019 Duración: 22min

    Conversamos co tecnólogo dos alimentos e divulgador Miguel Ángel Lureña autor do blog "Gominolas de Petróleo" aproveitando o seu paso por Escépticos no Pub - Compostela.

  • Vai unha partida ao MatHex?

    09/03/2019 Duración: 10min

    A matemática da USC Elena Vázquez Abal preséntanos o xogo de estratexia e coñecemento MatHex.

  • Thomas Bayes no Biostatnet [Entrevistas no alén]

    09/03/2019 Duración: 18min

    A semana pasada tivo lugar en Santiago de Compostela a 4ª Reunión Xeneral da Rede Nacional de Biostatística Biostatnet formada por 8 nodos, un deles en Galicia, que agrupa a uns 200 investigadores de toda España. Conversamos con Carmen Armero, investigadora principal do nodo valenciano da rede Biostatnet. Unha das sorpresas deste encontro foi na cea do congreso en San Martin Pinario onde fixeron acto de presenza o mesmísimo Carl Gaus e Thomas Balles a quen temos o gusto de ter en Efervesciencia para protagonizar unha nova “Entrevista no alén”

  • Efer 463 (30-1-19): A regra esquecida da estatística faise maior

    09/03/2019 Duración: 56min

    A semana pasada tivo lugar en Santiago de Compostela a 4ª Reunión Xeneral da Rede Nacional de Biostatística Biostatnet formada por 8 nodos, un deles en Galicia, que agrupa a uns 200 investigadores de toda España. Conversamos con Carmen Armero, investigadora principal do nodo valenciano da rede Biostatnet. Unha das sorpresas deste encontro foi na cea do congreso en San Martin Pinario onde fixeron acto de presenza o mesmísimo Carl Gaus e Thomas Balles a quen temos o gusto de ter en Efervesciencia para protagonizar unha nova “Entrevista no alén” Conversamos con tecnólogo dos alimentos e divulgador Miguel Ángel Lureña autor do blog "Gominolas de Petróleo" aproveitando o seu paso por Escéptics no Pub - Compostela. A matemática da USC Elena Vázquez Abal preséntanos o xogo de estratexia e coñecemento MatHex.

  • Ignicia, desde a proba de concepto ao mercado

    03/03/2019 Duración: 11min

    O proxecto INVERBIS é un dos 7 que veñen de ser seleccionados na segunda edición do programa Ignicia Proba de Concepto da Axencia Galega de Innovación, GAIN, da Xunta de Galicia. Escoitamos a Senén Barro, catedrático de Ciencia da Computación e intelixencia artificial da USC e dirixe o grupo de sistemas intelixentes do CITIUS, e a Pedro Arenas e Verónica Castelo de GAIN.

  • A monxa do dente azul con @deborahciencia

    03/03/2019 Duración: 10min

    Un pigmento azul mais valioso que o ouro é a peza clave no misterio do monxa do dente azul. Nolo conta a nosa Deborah Garcia Bello.

página 20 de 43