Efervesciencia

  • Autor: Vários
  • Narrador: Vários
  • Editor: Podcast
  • Duración: 477:49:25
  • Mas informaciones

Informações:

Sinopsis

Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?

Episodios

  • Ignicia, desde a proba de concepto ao mercado

    03/03/2019 Duración: 11min

    O proxecto INVERBIS é un dos 7 que veñen de ser seleccionados na segunda edición do programa Ignicia Proba de Concepto da Axencia Galega de Innovación, GAIN, da Xunta de Galicia. Escoitamos a Senén Barro, catedrático de Ciencia da Computación e intelixencia artificial da USC e dirixe o grupo de sistemas intelixentes do CITIUS, e a Pedro Arenas e Verónica Castelo de GAIN.

  • A monxa do dente azul con @deborahciencia

    03/03/2019 Duración: 10min

    Un pigmento azul mais valioso que o ouro é a peza clave no misterio do monxa do dente azul. Nolo conta a nosa Deborah Garcia Bello.

  • O @11defebreroES chega a 5000 escolares [Diario Cultural]

    04/02/2019 Duración: 08min

    A terceira edición do "Día Internacional da muller a nena na ciencia" vai chegar a case 5000 nenas e nenos en Galicia. María Saínza, Pilar Rial e Uxía Tenreiro traballan no Centro Oceanográfico de Vigo do Instituto Español de Oceanografía e participan nas charlas do "11defebreiro" en colexios e institutos. Tamén interveñen Ana Morillas do proxecto @Oceanicas_IEO e Gloria Bra da organización do "11defebreiro"

  • Efer 462 (23-1-19): O xenetista de Oxford que empezou pola navallas galegas

    24/01/2019 Duración: 56min

    Juan Fernández Tajes estuda a xenética humana de doenzas como a diabetes no Wellcome Trust Centre da Universidade de Oxford. Pero nos seu inicios no mundo da investigación empezou estudando as navallas galegas, que estaban mal catalogadas. Con esta entrevista, o noso correspondente temporal en Londres Juan Picos despide a súa sección. Para que un novo fármaco chegue aos pacientes ten que ser efectivo e seguro, pero tamén compre que estea protexido e viable a súa produción. Todo isto o tiveron en conta no departamento de tecnoloxía farmacéutica da USC para produción dun fármaco contra a metástase do cancro de colon. O equipo de Alejandro Sánchez Barreiro gañou o premio 2018 de investigación da Real Academia de Ciencias por este traballo. O proxecto INVERBIS é un dos 7 que veñen de ser seleccionados na segunda edición do programa Ignicia Proba de Concepto da Axencia Galega de Innovación, GAIN, da Xunta de Galicia. Escoitamos a Senén Barro, catedrático de Ciencia da Computación e intelixencia artificial da USC

  • Efer 461 (16-1-19): Gala Ceos Galegos desde Castrelo de Miño

    19/01/2019 Duración: 56min

    Levamos os nosos micros á primeira Gala Ceos Galegos de astrofotografía en Castrelo de Miño. Ali coñecemos aos gañadores das diferentes modalidades do concurso: Fins Eirexas, Ángel Arós, Uxía Vales e Miguel Sánchez. Cos nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley saberemos das efemérides históricas que habemos celebrar en 2019. As tarxetas gráficas tamén serven para facer ciencia. Adrián Pérez da UDC vén de gañar o premio de investigadores menores de 28 anos da Real Academia Galega de Ciencias.

  • Efer 460 (9-1-19): Doenzas neurodexenerativas, Ultima Thule e a eclipse de de lúa.

    19/01/2019 Duración: 56min

    Presentámosvos a primeira "Guía do Ceo" do ano con Irene Baspino e Martin Pawley na que falamos dos eventos astronómicos previstos para 2019, comezando pola eclipse de lua do 21 de xaneiro. Wicho lévanos á cara oculta da lúa e a Ultima Thule. Estela Area é profesora asistente no departamento de neuroloxía da Universidade de Columbia en New York. Sandra Barral pola súa parte é profesora asociada de neuroxenética na mesma universidade. Ambas traballan en doenzas neurodexenerativas (alzhéimer, párkinson, ELA) desde enfoques diferentes pero complementarios. Coñecemos os novos enfoques para entender e loitar contra estas enfermidades, pero tamén a historia destas dúas loitadoras que un día compartiron patio de colexio.

  • As historias detrás da "Canción dos elementos" [Diario Cultural]

    12/01/2019 Duración: 14min

    Detrás da popular "The element song" hai unha serie de historias interesantes. Colaboración no Diario Cultural o 9-12-18. Coa intervención de Marcelino Maneiro, profesor de química da USC e membro do grupo de innovación docente en didáctica e divulgación científica Ciencia NOSA.

  • As neurocientíficas "guerrilleiras" de Columbia NY [Versión estendida]

    10/01/2019 Duración: 43min

    Estela Area é profesora asistente no departamento de neuroloxía da Universidade de Columbia en New York. Sandra Barral pola súa parte é profesora asociada de neuroxenética na mesma universidade. Ambas traballan en doenzas neurodexenerativas (alzhéimer, párkinson, ELA) desde enfoques diferentes pero complementarios. Coñecemos os novos enfoques para entender e loitar contra estas enfermidades, pero tamén a historia destas dúas loitadoras que un día compartiron patio de colexio.

  • Efer 459 (2-1-19): Seguridade e iluminación, e o mellor do ano [parte 2]

    03/01/2019 Duración: 57min

    Segunda parte do noso especial dedicado ao mais importante da ciencia de 2018. Este é o noso programa mais golfo da tempada no que contamos coa presenza da maioría dos nosos colaboradores: Bibiana García Visos, Deborah García Bello, Borja Tosar, Martin Pawley, Wicho, Marta Vila e César Goldi. Tamén conversamos baixo a cúpula da Casa das Ciencias coa avogada Anna Almécija: máis iluminación pública é maior seguridade?

  • Efer 458 (26-12-18): Efectividade de paracaidas con grupo control e o mellor do ano [Parte 1 ]

    29/12/2018 Duración: 56min

    Primeira parte do noso especial dedicado ao mais importante da ciencia de 2018. Este é o noso programa mais golfo da tempada no que contamos coa presenza da maioría dos nosos colaboradores: Bibiana García Visos, Deborah García Bello, Borja Tosar, Martin Pawley, Wicho, Marta Vila e César Goldi. Coñecemos a valoración de Manuel Collado (stemCHUS) do achado do ano segundo a revista Science das técnicas de seguimento célula a célula na bioloxía do desenvolvemento. Tamén damos conta do primeiro estudo con grupo control da eficacia dos paracaídas ao saltar desde un avión.

  • Efer 457 (19-12-18): Especial industria dos drons en Galicia

    29/12/2018 Duración: 56min

    En Galicia se está a artellar toda unha industria ao redor dos drons con epicentro no aeródromo de Rozas (Castro de Rei, Lugo). Os vehículos áreos non tripulados (UAV polas súas iniciais en inglés) poden axudar a solucionar cuestións estratéxicas para Galicia, desde a ordenación do territorio ou a xestión forestal ata o rescate na mar. Neste programa monográfico contaremos con todos os actores que participan no programa "Civil UAVs Iniciative" promovido pola Axencia Galega de Innovación (GAIN). Contamos con Patricia Argerey (directora do GAIN), Inés Santé e David Miranda (Laboratorio do Territorio, USC), Luis Pérez Freire (director de Gradiant), Alejandro Lamas (Sixtema) e Ramón Martínez (InSitu). Fernando Aguado, coordinador da Agrupación Estratéxica Aeroespacial da Universidade de Vigo, adiántanos a unha semana vista como vai ser o lanzamento do satélite galego LUME 1.

  • Efer 456 (12-12-19): Gripe do 1918 e o cambio de hora

    29/12/2018 Duración: 59min

    Conversamos con Adolfo García Sastre, o virólogo que reconstruíu o virus da gripe de 1918. García Sastre é codirector do Instituto de Saúde Global e Patóxenos Emerxentes da Escola de Medicina de Icahn no hospital Monte Sinaí de New York. O especialista en historia da Ciencia Xose A. Fraga cóntanos como se viviu a gripe "española" en Galicia. (A versión estendida desta entrevista esta nestoutro podcast https://www.ivoox.com/30747981) É racional o cambio de hora estacional en Europa? Este é nome dunha xornada de debate organizada polo Consello da Cultura Galega. Falamos cos seus tres relatores: Jorge Mira (USC), Rui Jorge Agostinho (director do Observatório Astronómico de Lisboa, redactor do informe sobre o cambio estacional de hora para o goberno de Portugal) e José María Martín Olalla (profesor da Facultade de Física da Universidade de Sevilla).

  • Unha noite co home que resucitou o virus da gripe do 18 [Versión estendida]

    12/12/2018 Duración: 43min

    Versión estendida con contido extra da conversa que tivemos con Adolfo García Sastre, o virólogo que reconstruiu o virus da gripe de 1918. García Sastre é codirector do Instituto de Saúde Global e Patóxenos Emerxentes da Escola de Medicina de Icahn no hospital Monte Sinaí de New York.

  • Efer 452 (14-11-18): Liquidos iónicos e outras innovacións

    11/12/2018 Duración: 57min

    Na natureza non existen sales que estean líquidos á temperatura ambiente. No laboratorio, pola contra, é posible preparar líquidos iónicos que están chamados a ter múltiples aplicacións, entre eles a fabricación de baterías máis eficientes para a nova mobilidade eléctrica. Conversamos con Luis Miguel Varela, catedrático de física da USC, responsable da Rede Galega de Líquidos Iónicos. Coñecemos as Plataformas de Innovación Dixital da man de Patricia Argerey (directora da Axencia Galega de Innovación, GAIN) e Mayte Carracedo (Funding Box). Pedro Arias (fundador de Ingenieria Insitu, Grupo de investigacion en Xeotecnoloxías Aplicadas da Universidade de Vigo), Francisco Rivadulla (CIQUS-USC) e Gumersindo Feijoo (Pescaenverde, USC) explícannos cales os seus proxectos que veñen de ser galardoados cos Premios á Transferencia Tecnolóxica da Real Academia Galega de Ciencias.

  • Efer 453 (21-11-18): Crossover co Radioscopio nos Primas 18

    11/12/2018 Duración: 56min

    Especial premios Prismas 2018 desde a Domus en A Coruña con cruce de micrófonos cos amigos de "El Radioscopio" (Radio Andalucia Información). Eles interferiron a nosa emisión e nós a súa (ademais en directo). Podes escoitar o resultado desde o outro lado no podcast de "El Radioscopio" en https://www.ivoox.com/30204888 Conversamos cos Susana Escudero, Emilio García e José Miguel Álvarez (Prisma de Radio), Clara Grima (Premio Especial do Xurado), Nuno Domínguez (Prisma artigo xornalístico), Carlos Sierra (Prisma traballo audiovisual) e Susana Hernández (mención web), MIchelle Catanzaro e Martin Pawley (xurado); e Marcos Pérez (Director dos Museos Científicos Coruñeses).

  • Efer 455 (5-12-18): Enredados na orixe da teoría de cordas

    11/12/2018 Duración: 59min

    Nunha viaxe de Haifa a Venecia en barco en 1968 o físico Gabriele Veneziano elaborou un artigo científico para explicar o comportamento dos mesóns á revista Nuovo Cimento. Nese momento Veneziano non era consciente de que estaba abrindo á porta a fascinante "Teoría de Cordas". Veneziano visitou Compostela invitado polo profesor da USC e divulgador José Edelstein. Coa axuda do mesmo Edelstein repasamos estes 50 anos de Teoría de Cordas vistos por Veneziano. Conversamos coa química da Universidade de Zurich Cristina Nevado tras a súa participación na homenaxe ao profesor Luis Castedo polo seu 80 aniversario. O noso paxareiro Nacho Munilla cóntanos a historia dunha parella de cigoñas lalinenses que veñen de ser desafiuzadas.

  • Efer 454 (28-11-18): Monte Neme, wolframio e patrimonio

    28/11/2018 Duración: 57min

    Acompáñanos á nosa incursión nunha mina abandonada de wolframio ao pe do Monte Neme. Invitados pola Plataforma en Defensa do Monte Neme conversamos sobre xeoloxía, wolframio, patrimonio e memoria ao redor do mítico cumio. Contamos co mineiro Dario Barreiro, Adrián Eirís (Plataforma Monte Neme), José Manuel Menéndez (Senda Nova), Juan Ramón Vidal Romaní (profesor emérito UDC, xeólogo), Víctor Barrientos (xeólogo, UDC) e José Mª de la Viña (profesor xubilado de Física e Química).

  • Efer 451 (7-11-18): Neutrinos poéticos e ataxia da Costa da Morte

    07/11/2018 Duración: 57min

    Juan José Gómez Cadenas dirixe o experimento NEXT (Neutrino Experiment with a Xenon TPC) que desde o laboratorio subterráneo de Canfranc busca demostrar que o neutrino é a súa propia antipartícula. Quen consiga demostrar esta hipótese ten garantido o premio Nobel de física. Xunto con Jose Ángel Hernando (NEXT, USC) repasamos a historia destas fascinantes e misteriosas partículas nunha conversa ateigada de metáforas. O xornalista Manuel Rey de Gciencia preséntanos o libro "El mal sin cura de la Costa da Morte: SCA36", acompañado da neuróloga e xenetista María Jesús Sobrido.

  • A partícula mais humilde agocha o segredo do universo con Juan José Gómez Cadenas

    07/11/2018 Duración: 29min

    Juan José Gómez Cadenas dirixe o experimento NEXT (Neutrino Experiment with a Xenon TPC) que desde o laboratorio subterráneo de Canfranc busca demostrar que o neutrino é a súa propia antipartícula. Quen consiga demostrar esta hipótese ten garantido o premio Nobel de física. Xunto con Jose Ángel Hernando (NEXT, USC) repasamos a historia destas fascinantes e misteriosas partículas nunha conversa ateigada de metáforas: - Anacos diminutos de realidade - Lixo das reaccións nucleares - O máis próximo á nada - O misterio da santísima trinidade dos neutrinos - Lotería do imposible - Axente dobre - Fenda pola que entra a luz

  • Efer 450 (31-10-18): Arqueoloxía da emoción na terra de María Castaña

    01/11/2018 Duración: 56min

    Neste programa monográfico os protagonistas han ser un soñador e a morte. O soñador é o arqueólogo, e amigo, Xurxo Ayán que logo de andar a escavar e a investigar por Galicia e polo mundo adiante regresa á súa a súa Cereixa natal, na Pobra de Brollón para catalizar un proxecto de arqueoloxía pública. Os mortos son unha pequena e humilde comunidade labrega de hai uns oitocentos anos que repousa nun camposanto ao pe dunha ermida derruída edificada sobre o que era un castro mineiro romano que nos remonta case outros mil anos pra atrás. O caso é que estes defuntos son tamén veciños de Cereixa e as súas tumbas foron descubertas no marco do proxecto arqueolóxico do Castro de San Lourenzo que dirixe Xurxo Ayán. Estamos a 30 de agosto de 2018 e logo de dous meses de traballo arreo está a piques de rematar a cuarta campaña de escavación no Castro de San Lourenzo promovida pola a asociación de veciños María Castaña. Hoxe vanse abrir varias tumbas que semella que conservan restos óseos, algo nada común nos chan ácidos

página 21 de 43