Sinopsis
Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?
Episodios
-
Efer 449 (24-10-18): Gaia e Marte no Astrogalicia 2018
29/10/2018 Duración: 57minEn Efervesciencia estamos mais viaxeiros que nunca. Esta noite habemos de dedicar un programa monográfico ao Astrogalicia 2018, a festa galega das estrelas que tivo lugar en Castrelo de Miño, Ourense. Un delicioso especial con Francesca Figueras de @ESAGaia e presidenta da @SEA_astronomia, @JorgePlaGarcia de @C_Astrobiologia, Paco Bellido @ElbesoenlaLuna e @pawley
-
A comunicación da ciencia en España, Portugal e Brasil [versión completa]
20/10/2018 Duración: 16minNo SciComPT reunimos nunha mesma mesa aos responsables das asociacións de comunicación científica de España, Portugal e Brasil: Antonio Calvo Roy (AECC), Joana Lobo Antunez (SciComPt) e Luisa Massarani (Instituto Nacional de Comunicação da Ciência e Tecnologia).
-
Fagos e evolución para crear anticorpos levan un Nobel [Circo de Bacterias]
20/10/2018 Duración: 05minEsteban Fernández Moreira (Universidade de las Américas) debullan para nós a metade do Nobel de Química 2018 que mereceu o uso de fagos (virus que infectan a bacterias) e evolución para crear anticorpos.
-
Un Nobel para a evolución dirixida de enzimas, con Miguel Alcalde [Nobel de Química 18]
20/10/2018 Duración: 12minMiguel Alcalde (ICP-CSIC) debulla a evolución dirixida de enzimas e achéganos a nova premio Nobel de Química Frances Arnold.
-
Pinzas ópticas, láseres e nobel de física 18 con Maite Flores
20/10/2018 Duración: 15minMaite Flores, profesora de física da USC, debúllanos o Nobel 2018 de física dedicado ás pinzas ópticas e os láseres de pulsos ultracurtos e de alta intensidade.
-
Fotóns sen fronteiras, a medición da contaminación luminosa
20/10/2018 Duración: 10minSalvador Bará, profesor de óptica na USC, investiga na medición da contaminación luminosa. As imaxes por satélite revelan que a contaminación luminosa non sabe de fronteiras administrativas. Un lugar como Guitiriz, por exemplo, recibe a meirande parte de contaminación luminosa dos concellos limítrofes.
-
Efer 448 (17-10-18): Correspondentes no mundo do coñecemento: O SciComPT18
19/10/2018 Duración: 56minDesprazámonos a Figueira de Castelo Rodrigo para asistir ao encontro SciCom Portugal, da Rede Portuguesa de Comunicadores de Ciencia. Entre amendoeiras, o viño Pinking, e estrelas conversamos con Pedro Russo (Universidade de Leiden), Maria Vicente (Plataforma de Ciencia Aberta de Figueira de Castelo Rodrigo), Ana Godiño (coordinadora de comunicación do CERN, RIcardo Brandao (Hospital de animais salvaxes da Serra da Estrela CERVAS) e coa nosa colaboradora Joana Magalhaes. Tamén reunimos nunha mesma mesa aos responsables das asociacións de comunicación científica de España, Portugal e Brasil: Antonio Calvo Roy (AECC), Joana Lobo Antunez (SciComPt) e Luisa Massarani (Instituto Nacional de Comunicação da Ciência e Tecnologia). Miguel Alcalde (ICP-CSIC) e Esteban Fernández Moreira (Universidade de las Américas) debullan para nós a evolución dirixida de enzimas e anticorpos que merceu o premio Nobel de Química 2018.
-
Efer 447 (10-10-18) Noite Efervescente desde Guitiriz
10/10/2018 Duración: 57minAsí transcorreu a VI Noite Efervescente que tivo lugar na Casa Habanera de Guitiriz coa presenza dos amigos de AMIPA e ASPABER e a inestimable colaboración dos nosos estreleiros Borja Tosar e Martin Pawley.
-
Efervesciencia no "Open Science Cambre"
03/10/2018 Duración: 27minIniciamos tempada desde o "Open Science Cambre" onde coñecemos que é o biohacking con Cristina Hernández do BIFI de Zaragoza. Tamén conversamos con José Viñas (profesor do IES David Buján de Cambre), Hugo (director da "Open Science Cambre"), María Luque (participante na feira, instituto Kursaal de Algeciras) e Cristina Pavisic (Instituto de Instrución Superior Galileo Galilei de Jesi-Italia).
-
Vén á VI Noite Efervescente en Guitiriz
03/10/2018 Duración: 04minA “VI Noite Efervescente” terá lugar en Guitiriz o sábado 6 de outubro. Comezaremos gravando entre 20 e 21h un especial Efervesciencia desde a Casa Habanera de Guitiriz aproveitando a conmemoración do World Space Week, evento global no que participa a Noite Efervescente. E ás 22 h. gozaremos dunha observación pública do ceo desde a Área Recreativa de San Xoan da man dos nosos estreleiros, Martin Pawley, Irene Baspino e Borja Tosar. Unha festa familiar da astronomía para todas as idades na que contamos como invitados especiais os amigos das asociacións Aspaber e Amipa. Agardámoste! Programa e localizacións da VI Noite Efervescente De 20 a 21 h. Recepción. Gravación de Efervesciencia na casa Habanera de Guitiriz (Localización) De 21 a 22 h. Tempo de cea libre De 22 h a 24 h. Observación pública na área recreativa de San Xoan (Localización). Gravación da segunda parte do programa de radio. A actividade é apta para calquera tipo de público e idade (menores acompañados). Pódese asistir o tempo que cada quen
-
Encontro de AMIT en A Coruña [Muller e Ciencia]
03/10/2018 Duración: 06minCoñecemos o encontro da AMIT (Asociación de Mujeres Investigadoras y Tecnólogas) da man de Joana Magalhaes e Ana Jesús López (presidenta de AMIT-Galicia).
-
A inmunoterapia contra o cancro xa ten o seu nobel, con Amaia Lujambio
03/10/2018 Duración: 10minAmaia Lujambio é investigadora da Icahn School of Medicine do Hospital Monte Sinai de Nova Iorque e especialista en cancro de fígado. Con ela debullamos o Nobel de medicina 2018 a Allison e Honjo polos seus traballos na inmunoterapia do cancro.
-
Efer 446 (3-10-18): Biohacking desde a Open Science Cambre
03/10/2018 Duración: 58minIniciamos tempada desde o "Open Science Cambre" onde coñecemos que é o biohacking con Cristina Hernández do BIFI de Zaragoza. Tamén conversamos con José Viñas (profesor do IES David Buján de Cambre), Hugo (director da "Open Science Cambre"), María Luque (participante na feira, instituto Kursaal de Algeciras) e Cristina Pavisic (Instituto de Instrución Superior Galileo Galilei de Jesi-Italia). Amaia Lujambio é investigadora do Hospital Monte Sinai de Nova Iorque e especialista en cancro de fígado. Con ela debullamos o nobel de medicina 2018 a Allison e Honjo polos seus traballos na inmunoterapia do cancro. Coñecemos o encontro da AMIT (Asociación de Mujeres Investigadoras y Tecnólogas) da man de Joana Magalhaes e Ana Jesús López (presidenta de AMIT-Galicia). Co noso estreleiro Martin Pawley presentamos a VI Edición da Noite Eferevescente que habemos celebrar en Guitiriz.
-
Extrae ADN na cociña coa receita de Ángel Carracedo
30/09/2018 Duración: 06minO xenetista Ángel Carracedo cóntanos como extraer ADN duns chícharos na casa. Atención ao ingrediente segredo. Emitido en Efervesciencia o 4-1-14
-
A enerxía nuclear en Regueifas de Ciencia
27/09/2018 Duración: 08minOs participantes na Regueifa de Ciencia "É a enerxía nuclear unha opción válida e segura" desvelan a Efervesciencia a súa estratexia argumental cara o debate. O equipo pro-nuclear está formado por Bernardo Adeva (Catedrático USC) e Juan José López Cadenas (Físico de Neutrinos, director do experimento NEXT). No equipo anti-nuclear escoitamos a Ángeles López Aguera (profesora USC experta en sustentabilidade) e Marcel Coderch (Doutor enxeñeiro polo MIT)
-
O segredo do sulfuro de hidróxeno [Rede Galega de Biomateriais 2]
06/08/2018 Duración: 03minO sulfuro de hidróxeno é un veleno moi potente, pero pola contra aparece en moi pequena proporción nas augas dos balnearios galegos empregadas no tratamento das doenzas reumáticas. No Grupo de Bioenxeñería Tisular e Terapia Celular do Inhibic están a estudar os mecanismos polos que o sulfuro de hidróxeno é beneficioso para as doenzas reumáticas. A idea é desenvolver na Rede Galega de Biomateriais substancias reabsorbibles para administrar este principio activo. Nolo conta a investigadora de postdoutoramento Elena Fernández Burguera.
-
"O mapa de Fontán é un prodixio científico da vontade dunha soa persoa" Marcos Calveiro
30/07/2018 Duración: 16minDomingo Fontán é o protagonista do Día da Ciencia en Galicia 2018 promovido pola Real Academia Galega de Ciencias. Conversamos co escritor Marcos Calveiro, autor da novela "Fontán" que recolle a vida "fordiana" do creador da Carta Xeomética de Galicia.
-
As mates salvan a democracia con Anxo Sánchez
21/07/2018 Duración: 09minO catedrático de matemática aplicada na Universidade Carlos III explícanos como as matemáticas poden salvar a democracia. Quen divide os distritos electorais en Estados Unidos ten o poder de alterar os resultados. Agora as matemáticas poden detectar o gerrymandering.
-
"Os mapas físicos actuais non valerán co cambio climático" con BIBICI-USC
21/07/2018 Duración: 28minVisitamos ao grupo de investigación da Universidade de Santiago BIBICI (Biodiversidade, Bioxeografía e Conservación de Inertebrados). Andrés Baselga, Carola Gómez e Adrián Castro veñen de publicar un traballo onde amosan cales son os patróns globais de distriución das especies e de como se poden ver afectados polo cambio climático.
-
Efer 424 (4-2-18): Biodiversidade, escaravellos e cambio climático con BIBICI-USC
21/07/2018 Duración: 55minVisitamos ao grupo de investigación da Universidade de Santiago BIBICI (Biodiversidade, Bioxeografía e Conservación de Invertebrados). Andrés Baselga, Carola Gómez e Adrián Castro veñen de publicar un traballo onde amosan cales son os patróns globais de distribución das especies e de como se poden ver afectados polo cambio climático. O catedrático de matemática aplicada na Universidade Carlos III explícanos como as matemáticas poden salvar a democracia. Quen divide os distritos electorais en Estados Unidos ten o poder de alterar os resultados. Agora as matemáticas poden detectar o "gerrymandering". Inauguramos sección de dedicada á Muller na Ciencia da man de Joana Magalhães falando da celebración do "11 de febreiro" con Gloria Brea.