Sinopsis
Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?
Episodios
-
Efer 445 (1-7-18): A informática en Galicia xa ten historia
09/07/2018 Duración: 45minPilar Vila é forense informática. Henrique Neira doutor en comunicación en xornalismo, e autor do libro "Historia da informática en Galicia. Unha cronoloxía". Con eles conversamos sobre a evolución da informática na nosa terra. Na “Guía do Ceo” de Martin Pawley e Irene Baspino contámosche todo o que hai que ver no ceo deste verán 2018. Marte, eclipse de lúa, Perseidas, a “Percha” e Andrómeda. Esta guía vale tanto para os que desexan iniciarse na observación do ceo nocturno desde cero, como para os que demandan retos mais avanzados. Como complemento á guía sonora ofrecémosche este documento en formato pdf con explicacións paso a paso. https://issuu.com/efervesciencia/docs/gu_a_do_ceo_ver_n_18 Un imprescindible na túa equipaxe de vacacións. Tamén incluímos a solución e explicación das pistas que conducían ao lugar secreto onde José Edelstein e Deborah García Bello presentaron os seus respectivos libro en Efervesciencia. Juan Picos desde Londres contanos a longa historia evolutiva da lepra.
-
Solución do lugar secreto de Edelstein e Deborah
08/07/2018 Duración: 05minSolución e explicación das pistas que conducían ao lugar secreto onde José Edelstein e Deborah García Bello presentaron os seus respectivos libro en Efervesciencia. O programa onde lanzamos o reto é este: http://www.ivoox.com/26700059
-
5 imprescindibles do ceo deste verán
03/07/2018 Duración: 14minNa “Guía do Ceo” [versión íntegra] de Martin Pawley e Irene Baspino contámosche todo o que hai que ver no ceo deste verán 2018. Marte, eclipse de lúa, Perseidas, a “Percha” e Andrómeda. Esta guía vale tanto para os que desexan iniciarse na observación do ceo nocturno desde cero, como para os que demandan retos mais avanzados. Como complemento á guía sonora ofrecémosche este documento en formato pdf con explicacións paso a paso. https://issuu.com/efervesciencia/docs/gu_a_do_ceo_ver_n_18 Un imprescindible na túa equipaxe de vacacións.
-
Efer 444 (24-6-18): Vitaminas e perplexos, ou @deborahciencia vs @joseedelstein
24/06/2018 Duración: 58minDeborah García Bello e José Edelstein presentan en Efervesciencia os seus respectivos libros ¡Que se le van las vitaminas! (Paidós) e "Eintein para perplejos" (Debate) desde un lugar segredo. Neste sitio escoitamos a Carmen Jorge interpretar ao violín unha das obras favoritas de Einstein, a sonata K 378 de Mozart. Aquí tamén se expuxo unha obra dun autor que Deborah ten na súa casa. Se cres saber onde estamos poderás participar no sorteo dun exemplar de "Einstein para perplejos". Ou se coñeces o nome do artista misteriosos optarás a gañar un libro de "¡Que se le van la vitaminas!. Envía a túa resposta por twitter coa etiqueta #UloEdelstein ou #UlaDeborah ou cólgaa no noso facebook ata o 29 de xullo de 2018.
-
Efer 443 (17-7-18): Pecios, da Vinci e ácaros
24/06/2018 Duración: 57minMohamod Traore é un investigador de doutoramento da USC no Grupo Ciencia do Sistema Terra. Aínda que é orixinal de Mali, un país africano sen costa, Traore especializouse en estudar a química da madeira de barcos afundidos. Pecios como o Galeón de Ribadeo - probablemente o Santiago de Galicia - que esta a ser obxecto dunha campaña de prospección dirixida por lo arqueólogo subacuático Miguel San Clodio. A poeira das nosas casas non está formada por células mortas da pel. Nolo conta Bibiana García Visós en "Ciencia para andar por casa" Joana Magalhaes lévanos ao FEMmeeting en Portugal. Conversamos coa artista especializada en bioloxía Marta de Menezes. Fran Núñez de Limiar Teatro preséntanos a xira de "Eu tamén son Leonardo da Vinci"
-
Principia: 110 novos tecnólogos mozos
15/06/2018 Duración: 06minA actual convocatoria do programa Principia da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia permitirá a contratación de 110 tecnólogos mozos para a realización de actividades de I+D+i Coñecemos a experiencia de Cayetana García e Paula Simón en CZVeterinaria.
-
A loita contra o novo brote de ébola no Congo
15/06/2018 Duración: 07minCésar Muñoz Fontela, virólogo do Instituto de Medicina Tropical de Hamburgo, viaxa ao rio Congo para axudar no plan de contención do novo brote de Ébola.
-
'Fixemos a luz e perdimos a noite' con Emilio Sánchez Barceló
15/06/2018 Duración: 27minOs actuais sistemas operativos de ordenadores e dispositivos móbiles comezan a incorporar opcións automáticas pra que cando chegan as horas da noite as pantallas se iluminen con tons mais alaranxados. Isto é así porque agora sabemos que á luz que ten un compoñente maioritario azul, a que en parte anulan estas aplicacións, é interpretada polo cerebro como un sinal de é de día e tes que te espreguizar. Este é un exemplo de como pouco a pouco a cronobioloxía esta a facerse oco na sociedade actual. Conversamos sobre cronobioloxía e contaminación luminosa con Emilio Sánchez Barceló, catedrático da fixioloxía humana da Universidade de Cantabria e autor do libro: "Hicimos la luz... y perdimos la noche".
-
Manual de Linternas: A literatura de divulgación
10/06/2018 Duración: 09min"Manual de Linternas" editado por Marta Magariños dá pistas de lectura de divulgación científica a través de 51 recensións. Dous dos autores destas recensións son o investigador Manuel Collado e o médico Borja Merino. Sorteamos un exemplar de "Manual de Linternas" entre os que nos enviedes o nome do voso libro favorito de divulgación científica ao noso facebook, twitter; ou mediante mensaxe de voz de telegram a @efervesciencia antes do 17 de xuño de 2018.
-
Efer 442 (10-5-18): Poña un cronobiólogo na súa vida
10/06/2018 Duración: 57minOs actuais sistemas operativos de ordenadores e dispositivos móbiles comezan a incorporar opcións automáticas pra que cando chegan as horas da noite as pantallas se iluminen con tons mais alaranxados. Isto é así porque agora sabemos que á luz que ten un compoñente maioritario azul, a que en parte anulan estas aplicacións, é interpretada polo cerebro como un sinal de é de día e tes que te espreguizar. Este é un exemplo de como pouco a pouco a cronobioloxía esta a facerse oco na sociedade actual. Conversamos sobre cronobioloxía e contaminación luminosa con Emilio Sánchez Barceló, catedrático da fixioloxía humana da Universidade de Cantabria e autor do libro: "Hicimos la luz... y perdimos la noche". César Muñoz Fontela, virólogo do Instituto de Medicina Tropical de Hamburgo, viaxa ao rio Congo para axudar no plan de contención do novo brote de Ébola. "Manual de Linternas" editado por Marta Magariños dá pistas de lectura de divulgación científica a través de 51 recensións. Dous dos autores destas recensións son
-
[Bonus] Presentación de "Manual de Linternas" no Númax
10/06/2018 Duración: 51minPresentación do libro "Manual de Linternas" celebrada o 2 de maio de 2018 na libraría Númax de Santiago de Compostela. Participan Marta Magariños (editora), Manuel Collado (autor), Borja Merino (autor) e Manuel Vicente (presentador). Contido expandido de Efervesciencia
-
Ignitia Proba de Concepto
04/06/2018 Duración: 06minCoñecemos a spn-off Ancora da Universidade de Vigo e programa Ignicia da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia.
-
A mala idea de vender antibioticos en Alibaba [Circo de Bacterias]
04/06/2018 Duración: 12minO noso microbiólogo de cabeceira alértanos da barra libre de uso de antibióticos como a colistina en India e como acaba afectando á saúde global.
-
Guía do Ceo no Día das Letras
04/06/2018 Duración: 05min"Guía do Ceo" versión expreso con Martin Pawley do Día das Letras 2018 desde O Couto (Ponteceso). Cómpre empezar a estar atentos ao brillo de Marte...
-
4641 días obsevando paxaros no Anllóns: Jose Luis Rabuñal
04/06/2018 Duración: 24minCoñecemos ao decano dos ornitólogos galegos, José Luis Rabuñal Patiño, que leva 4700 días de observación no esteiro do Anllóns.
-
Efer 441 (3-6-18): O prion e o cepillo de dentes de Mr. Prusiner
03/06/2018 Duración: 56minInfiltrámonos no congreso mundial Prion 20018. Un dos puntos quentes do encontro foi a discusión sobre se as doenzas neurodexenerativas como o alzhéimer ou párkinson se deben denominar como enfermidades priónicas. Para o nobel Stanley Prusiner é claro, pero a comunidade científica está dividida. Da man de Jesús Requena, investigador do CIMUS da USC e líder do grupo de prions, coñecemos os últimos achados entorno a estas proteínas malformadas infecciosas. Contamos con declaracións de Juan José Badiola (Presidente do Consello Xeral de Colexios Veterinarios), Raquel Sánchez del Valle (Unidade de alzhéimer e trastornos cognitivos do Hospital Clínico de Barcelona), Joaquín Castilla (CIC bioGUNE), Juan Mª Torres (INIA) e o nobel Stanley Prusiner. Coñecemos a spn-off Ancora da Universidade de Vigo e programa Ignicia da Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia.
-
Novas vacinas con Mariano Esteban
27/05/2018 Duración: 28min"Temos vacinas contra virus emerxentes que funcionan, pero temos problemas de financiamento das fases clínicas" Mariano Esteban Desde o CIMUS da Universidade de Santiago temos o honor de conversar sobre as últimas fronteiras en vacinas con Mariano Esteban, profesor de Investigación Vinculado Ad Honorem do Centro Nacional de Biotecnología (CNB-CSIC) onde lidera o grupo de "poxvirus e vacinas" e presidente da Real Academia Nacional de Farmacia e do Instituto de España.
-
Efer 440 (27-5-18): Superbacterias e virus emerxentes: verlle as orellas ao lobo
27/05/2018 Duración: 44minComo sociedade semella que non lle queremos ver as orellas ao lobo das superbacterias e os virus emerxentes. Nesta edición efervescente o noso microbiólogo de cabeceira alértanos da barra libre de uso de antibióticos como a colistina en India e como acaba afectando á saúde global. Desde o CIMUS da Universidade de Santiago temos o honor de conversar sobre as últimas fronteiras en vacinas con Mariano Esteban, profesor de Investigación Vinculado Ad Honorem do Centro Nacional de Biotecnología (CNB-CSIC) onde lidera o grupo de "poxvirus e vacinas" e presidente da Real Academia Nacional de Farmacia e do Instituto de España.
-
Todo o que queremos saber sobre a xenética estará en Catoira
24/05/2018 Duración: 03minCatoira acollerá un curso de extensión universitaria da Universidade de Vigo sobre xenética cos mellores especialistas do país. Unha oportunidade única aberta a público non especialista que nos presenta o catedrático de xenética Armando Caballero. https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/achegas-beneficios-xenetica-humanidade-incorporanse-oferta-cursos-extension-universitaria
-
Efer 439 (20-5-17): 36 anos de cultura desde a aldea de O Couto
24/05/2018 Duración: 57minNa aldea de O Couto na Fundación Eduardo Pondal levan 36 anos organizando o Festiletras, unha escola de resistencia cultural. Agora incorporan tamén a cultura científica. E alí nos fomos os de Efervesciencia. Coñecemos ao decano dos ornitólogos galegos, José Luis Rabuñal Patiño, que leva 4700 días de observación no esteiro do Anllóns. Falamos con José Viñas, profesor do IES David Buján, de ciencia cidadá. Conversamos con Esther Suárez e Lucía Suárz das Aulas Científico-Tecnolóxicas Isidro Parga Pondal, e con Tamara da Fundación Eduardo Pondal. Tamén contamos con David Ballesteros e o noso estreleiro Martin Pawley.