Sinopsis
Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?
Episodios
-
Efer 438 (13-5-18): Especial Galiciencia
21/05/2018 Duración: 56minLevamos o laboratorio portátil de Efervesciencia a Tecnópole (San Cibrán da Viñas) para coñecer de primeira man a edición número 13 da Feira Científica Galiciencia. Aproveitamos para conversar co investigador da Universidade de Vigo Juan Antonio Añel, especialista en impacto do Cambio Climático e física atmosférica. Contamos ademais con Sabela Bouzo, Antonio Gregorio, Ana Otero, Tino Álvarez, David Ballesteros, Iria Ollero e Kike Fontán. Por outra banda o noso correspondente en Londres, Juan Picos, achegouse no barrio de Portobello ao colexio español Cañada Blanch. Alí descúbrenos unha "Science Week" que fala en galego.
-
Desde Londres... Unha 'Science Week' con acento galego
14/05/2018 Duración: 04minA Semana da Ciencia é un evento global que se desenvolve en diferentes datas segundo o pais. O noso correspondente en Londres Juan Picos achegouse no barrio de Portobello ao colexio español Cañada Blanch. Alí descúbrenos unha "Science Week" que fala en galego.
-
Anuncio do Especial Galiciencia 18
10/05/2018 Duración: 30sAudio promocional da emisión do 13-5-18 especial desde Galiciencia
-
Efer 437 (6-5-18): Unha tarde no laboratorio de antropoloxía física con Olalla López Costas
06/05/2018 Duración: 56minPasamos unha tarde entre ósos e historias coa antropóloga física Olalla López Costas no seu laboratorio. Olalla é investigadora do grupo “Ciencia do Sistema Terra” da Universidade de Santiago de Compostela e especialista en paleodieta. Polas súas mans teñen pasado ósos dos principais xacementos galegos entre eles ós da Lanzada ou do Ghidoiro Areoso. Contamos co testemuño de Rafael Rodríguez e Patricia Mañana respectivos directores das escavacións nestes xacementos. O traballo de Olalla serviu para identificar unha mandíbula atopada no Ghidoiro como o primeiro resto humano que se conserva en Galicia da Idade de Ferro. O mito da peleodieta en nutrición, o descoñecido millo miúdo, os ósos radioactivos de a Lanzada, a práctica da antropoloxía física, as historias da xente común que contan os ósos, os isótopos que delatan a fonte de auga que bebes ou a túa dieta, o enigma das vikingas contaminadas por metais,... Esta tarde no laboratorio deu para moito.
-
Protexer ao doente das pseudoterapias con Elena Campos @ElenaC_S
29/04/2018 Duración: 27min"Retirouse o Dalsy do mercado por un erro no folleto e pola contra os remedios homeopáticos inzan de publicidade enganosa as farmacias" Elena Campos Cando unha persoa é tratada cunha pseudoterapia malgasta como pouco os seus cartos, pero tamén pode ver resentida a súa saúde e mesmo perder a vida. De quen é responsabilidade? Do doente ou do falso terapeuta? Para a @apetp_ os doentes están desamparados legalmente e as administracións miran para outro lado. Conversamos con Elena Campos @ElenaC_S presidenta de a "Asociación para protejer al enfermo de terapias pseudocientíficas".
-
Efer 436 (29-4-18): Vítimas das pseudoterapias
29/04/2018 Duración: 56minCando unha persoa é tratada cunha pseudoterapia malgasta como pouco os seus cartos, pero tamén pode ver resentida a súa saúde e mesmo perder a vida. De quen é responsabilidade? Do doente ou do falso terapeuta? Para a @apetp_ os doentes están desamparados legalmente e as administracións miran para outro lado. Conversamos con Elena Campos @ElenaC_S presidenta de a "Asociación para protejer al enfermo de terapias pseudocientíficas". O estatístico Manuel Oviedo do @ITMATI vén de publicar en Plos One un método para predicir a gripe estacional con tan so datos meteorolóxicos de temperatura. O modelo validouse con datos galegos. Ao noso novo correspondente en Londres Juan Picos @juanj10n tocoulle visitar o @sciencemuseum e o @NHM_London A recomendación de #CambiodeFase @Tecnocoia é "Fóra de Mapa" de Emilio Fonseca. Intrigas cartográficas na Venecia do século XV.
-
800 Pesetas por un quilo de caruncho
23/04/2018 Duración: 04minO catedrático xubilado de Química Orgánica da USC Enrique Raviña cóntanos por que xurdiu no século XX en Galicia toda unha industria ao redor dun fungo do centeo, o caruncho. Raviña é o autor de "Medicamentos.: Un Viaje a Lo Largo de la Evolucion Del Descubrimiento de Farmacos" editado pola Universidade de Santiago
-
"Os Fillos do Sol" con Ricardo Gurriarán
23/04/2018 Duración: 36min"En Galicia non se coñece nin valora o grao de modernidade e vangarda científica que acadou a Universidade de Santiago antes da Guerra Civil" Ricardo Gurriarán Zeltia, o caruncho, Fernando Calvet, a efémera vangarda científica da Universidade de Santiago, a represión na universidade logo da Guerra Civil, a liberación de presos polo coñecemento, a síntese do DDT en Poriño... todo isto forma parte da nosa historia recente da ciencia e amósase na película "Os Fillos do Sol". Coñecemos este periodo histórico da man Ricardo Gurriarán, doutor en Historia Contemporánea.
-
Cocer un ovo en Marte: Terraformación no planeta vermello [Postal Planetaria]
23/04/2018 Duración: 17minO noso colaborador Borja Tosar di que ten un traballo de Fin de Máster sobre a "Terraformación de Marte". Como o traballo non aparece poñemos a proba os seu coñecementos e supera a proba con éxito. A clave está en poder cocer un ovo no Planeta Vermello.
-
Efer 435 (22-4-18): Os Fillos do Sol, un anaco da nosa historia da ciencia
22/04/2018 Duración: 56minZeltia, o caruncho, Fernando Calvet, a efémera vangarda científica da Universidade de Santiago, a represión na universidade logo da Guerra Civil, a liberación de presos polo coñecemento, a síntese do DDT en Porriño... todo isto forma parte da nosa historia recente da ciencia e amósase na película "Os Fillos do Sol". Coñecemos este período histórico con Ricardo Gurriarán. O noso colaborador Borja Torsa di que ten un traballo de Fin de Máster sobre a "Terraformación de Marte"...
-
A receita galega do grafeno con furados
21/04/2018 Duración: 15minHai uns meses o investigador do CIQUS Diego Pena contounos en condicional a posibilidade de crear grafeno nanoporoso. Esta semana puidémolo ver como realidade en na revsita Science. Pena cóntanos hoxe como operou un chisco a serendipia neste achado. 198539
-
Efer 434 (15-4-18): Neurociencia do peso corporal
15/04/2018 Duración: 56minCoa catedrática de fisioloxía da USC Rosa Señarís coñecemos cal é papel do encéfalo - enconcreto o hipotálamo - no control do peso corporal en humanos. O problema dos quilos de mais ten que ver en como a evolución moldeou o noso cerebro. Tamén coñeceremos a dous grupos de investigación galegos que veñen de ver publicadas as súas investigacións esta mesma semana nas revistas "Science" e "Nature" Comunications, que para entendérmonos ven sendo como xogar na Champion League da Ciencia. Con Diego Peña do CIQUS-USC coñecemos a receita galega para elaborar grafeno con furados. Xosé Antón Álvarez Salgado do IIM-CSIC explícanos como chegaron a coñecer que os microplásticos estan a alimentar ás bacterias mariñas.
-
Efer 433 (8-1-18): Reanimación nunha planeadora a todo gas
08/04/2018 Duración: 42minImaxinádevos que saídes pescar cuns amigos pola ría de Arousa nunha lancha. Nun momento dado a un dos excursionistas dálle un infarto ao corazón. Que facemos nesta circunstancia onde cada segundo pode marcar a diferenza entre a vida e a morte logo de chamar ao 1 1 2? Cara onde tirar, cara o porto que estea mais preto ou o que este co vento a favor? Podemos empezar a facer compresións no peito? E se así debemos poñer a lancha a toda velocidade ou amainar un chisco para facer a reanimación? Grazas ao grupo de investigación REMOSS da Universidade de Vigo que dirixe Roberto Barcala temos resposta baseada en evidencia a estas preguntas.
-
Como Mª José Patiño, sen chegar a primeira, gañou os 100 m valos para as mulleres
06/04/2018 Duración: 22minMaría José Martínez Patiño fainos matinar nos valores do deporte para integrar a todas as persoas independentemente do que merquen os seus cromosomas. Coñecemos a súa loita pola participación das persoas intersexuais no olimpismo. Patiño é investigadora da Universidade de Vigo, asesora científica do Panel de Expertos do Comité Olímpico Internacional e especialista en "Ciencia Política e Deporte" e "Empresa, estratexias empresariais e Deporte de alto nivel".
-
Efer 432 (1-4-18): Se un xogo é bo, pais e fillos xogan xuntos
01/04/2018 Duración: 57minFalamos de xogos enxeñosos creados en Galicia con Irimia Fernández (Brazolinda) e Marcos Alonso (Neukos). Xosé Luis Veiga Goy preséntanos o mundial sub-12 de xadrez que ha ter lugar en Compostela. A petición dun oínte vía Telegram a @efevesciencia Juan Aguilar explica o que é o flato ou punto. María José Martínez Patiño fainos matinar nos valores do deporte para integrar a todas as persoas independentemente do que merquen os seus cromosomas. Coñecemos a súa loita pola participación das persoas intersexuais no olimpismo.
-
O papel hixiénico [Ciencia para andar por casa]
25/03/2018 Duración: 09minensas que es 100% dixital? En realidade non non es porque aí está o modesto papel hixiénico. Saberamos da súa historia con Bibiana García Visos.
-
Desde Londres... Sir John Sulston
25/03/2018 Duración: 09minTemos novo colaborador en Efervesciencia. Juan Picos ha ser o noso correspondente en Londres. Desta volta fálanos do pasamento dun importante científico, o biólogo Sir John Sulston.
-
Pantallas irrompibles e nanoparticulas antibacterianas con Arturo López Quintela
25/03/2018 Duración: 27minLeite transparente, pantallas irrompibles, agrupacións de átomos que se insiren no ADN, sulfatar con cantidades mínimas... Nos dominios da nanotecnoloxía o tamaño importa, e moito. Agrupacións de menos de 200 átomos compórtanse de xeito diferente o previsto na táboa periódica dos elementos. As agrupacións - clusters - de diferentes número de átomos amosan propiedades moi distintas. De aí que o catedrático de química física da USC Arturo López Quintela propoña crear unha táboa periódica en 3 dimensións.
-
Efer 431 (25-3-18): A revolucionaria táboa periódica de tres dimensións
25/03/2018 Duración: 58minNos dominios da nanotecnoloxía o tamaño importa, e moito. Agrupacións de menos de 200 átomos compórtanse de xeito diferente o previsto na taboa periódica dos elementos. As agrupacións - clusters - de diferentes número de átomos amosan propiedades moi distintas. De aí que o catedrático de química física da USC Arturo López Quintela propoña crear unha táboa periódica en 3 dimensións. Temos novo colaborador en Efervesciencia. Juan Picos ha ser o noso correspondente en Londres. Desta volta fálanos do pasamento dun importante científico, o biólogo Sir John Sulston. Pensas que es 100% dixital? En realidade non non es porque aí está o modesto papel hixiénico. Saberamos da súa historia con Bibiana García Visos. Miguel Ángel Ríos preséntanos a IV edición dos premios de Transferencia Tecnolóxica da Real Academia Galega de Ciencias
-
Efer 430 (18-3-18): Fontaneiras do cerebro
18/03/2018 Duración: 55minCando un sumidoiro da casa atóase podemos desentupilo engadindo algún preparado comercial formulado con aluminio en po e sosa. Se a cousa ponse complicada cumprirá botar man dalgún procedemento mecánico. E xustamente cando temos atoada unha arteria cerebral (ictus isquémico) cómpre botar man de técnicas análogas. O problema - ademais da loita contra o reloxo- xurde nun pequeno grupo de doentes nos que o tratamento cos fármacos desentupidores causa a rotura do vaso sanguíneo agravando o prognóstico. Mar Castellanos, xefa de neuroloxía do CHUAC, investiga como poder predicir a que doentes non se pode subministrar estes tratamentos. Unha oínte consúltanos sobre a "memoria dos músculos". Cuestión que resolve o neurofisiólogo do Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo Juan Aguilar. Deborah García Bello fálanos da peza "mais guai" para xogar ao "lego químico". Con José Edelstein coñecemos á parte máis persoal do cidadán do universo Stephen Hawking.