Efervesciencia

Efer 433 (8-1-18): Reanimación nunha planeadora a todo gas

Informações:

Sinopsis

Imaxinádevos que saídes pescar cuns amigos pola ría de Arousa nunha lancha. Nun momento dado a un dos excursionistas dálle un infarto ao corazón. Que facemos nesta circunstancia onde cada segundo pode marcar a diferenza entre a vida e a morte logo de chamar ao 1 1 2? Cara onde tirar, cara o porto que estea mais preto ou o que este co vento a favor? Podemos empezar a facer compresións no peito? E se así debemos poñer a lancha a toda velocidade ou amainar un chisco para facer a reanimación? Grazas ao grupo de investigación REMOSS da Universidade de Vigo que dirixe Roberto Barcala temos resposta baseada en evidencia a estas preguntas.