Sinopsis
Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?
Episodios
-
Vortex Concerts, inmersión no planetario [Ciencia e Cinema]
12/03/2018 Duración: 09minCoñecemos os míticos "Vortex Concerts" en planetarios de Jordan Belson da man de Martin Pawley en "Ciencia e Cinema"
-
O misterio do mundo cuántico [Cambio de Fase]
12/03/2018 Duración: 09minEn "Cambio de Fase" Daniel Pizarro preséntanos o comic "El misterio del mundo cuántico" de T. Damour e M.Burniat editado por Norma.
-
No laboratorio dos océanos do futuro
12/03/2018 Duración: 25minVisitamos o "Future Oceans Lab" na Universidade de Vigo onde estudan como adaptar os sistemas mariños aos impactos previstos do Cambio Climático. Conversamos con Elena Ojea e os membros do seu equipo Alba Aguión e Diego Salgueiro. A única Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC) que recaeu sobre unha investigadora galega pertence a Elena Ojea.
-
O "Human Brain Project" e a política de xénero
11/03/2018 Duración: 06minJoana Magalhaes fálanos da política de xénero "Human Brain Project" da Unión Europea.
-
Efer 429 (11-3-18): O futuro dos océanos
11/03/2018 Duración: 55minA única Starting Grant do Consello Europeo de Investigación (ERC) que recaeu sobre unha investigadora galega pertence a Elena Ojea. Visitamos o seu "Future Oceans Lab" na Universidade de Vigo onde estudan como adaptar os sistemas mariños aos impactos previstos do Cambio Climático. Conversamos con Elena Ojea e os membros do seu equipo Alba Aguión e Diego Salgueiro. Joana Magalhaes fálanos da política de xénero "Human Brain Porject" da Unión Europea. En "Cambio de Fase" Daniel Pizarro preséntanos o comic "El misterio del mundo cuántico". Coñecemos os míticos "Vortex Concerts" en planetarios de Jordan Belson da man de Martin Pawley en "Ciencia e Cinema"
-
Efer 428 (4-3-18): Un robocop con moito tacto
09/03/2018 Duración: 55minNesta edición efervescente habemos descubrir como o sentido do tacto é moito mais complexo e importante do que cremos, exploraremos un misterioso obxecto oblongo que invadiu o noso sistema solar, sabermos da gravación dunha película documental sobre o lobo en Galicia, e lembraremos como Domingo Fontán pateou o pais durante 17 anos para elaborar unha malla de triángulos que daría lugar ó seu famoso mapa. Deste xeito contaremos coa presenza de Juan Aguilar do Laboratorio de Neurofixioloxía do Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo, o biólogo e documentalista da natureza Arturo Menor, o escritor Marcos Calveiro e o astrónomo Borja Tosar.
-
Maniotas: Nin ácido láctico, nin microrroturas
27/02/2018 Duración: 13minTodo o que che contaron sobre as maniotas é falso. Juan Aguilar do Laboratorio de Neurofisioloxia Experimental do Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo explícanos o novo paradigma. A cousa aseméllase a un ascensor petado...
-
Efer 427 (25-2-18): Unha tarde con Clara Grima
25/02/2018 Duración: 56minConversamos coa divulgadora e profesora de matemáticas da Universidade de Sevilla Clara Grima sobre grafos, redes sociais, Rosalind Franklin, vacinas, divulgación e teatro. Esta semana o Grupo Interdisciplinario de Bioestatística da Universidade de Santiago organizou unha reunión científica sobre Modelado Conxunto de Datos Lonxitudinais e de Supervivencia. Grazas a esta técnica estatística é posible facer determinadas predicións tomando de base medicións tomadas repetidamente no tempo. Isto é algo que pode ser moi útil en disciplinas como bioloxía ou nas finanzas, pero especialmente no campo da medicina. En dúas pílulas reproducimos as impresións de varios dos participantes no seminario internacional que impartiu Dimitris Rizopoulos da Erasmus University Medical Center de Holanda.
-
Rosalía e Jules Verne
24/02/2018 Duración: 03minÉ o poema “A presa Álvaro d´Anido” de Rosalía de Castro unha homenaxe ás “Viaxes Extraordinarias” de Jules Verne? O xornalista Henrique Neira explora esta suxestiva conexión.
-
Efer 426(18-2-18): Refuxiados conCiencia
18/02/2018 Duración: 56minAchegámonos á xornada “Personas Refuxiadas ConCiencia” organizada polo Consello da Cultura Galega. Kamal Aldalati cóntanos a súa historia como persoa refuxiada e alumno de medicina da USC. Convrsamos con Elena Vázquez Cendón (USC), José Edelstein (USC), Eleuteiroi Toro (Universidade de Trento), Gino Toro, Rania Ali Salman (USC) e Luis Enrique Otero Carvajal (Universidade Complutense de Madrid). É o poema “A presa Álvaro d´Anido” de Rosalía de Castro unha homenaxe ás “Viaxes Extraordinarias” de Jules Verne? O xornalista Henrique Neira explora esta suxestiva conexión. O 18 de febreiro de hai 150 o Nautilus visitaba literariamente os fondos de Rande. O profesor de bioloxía do IES Santa Irene de Vigo preséntanos o proxecto “12.000 libros baixo dos mares”. O “listiños” do Silicon Valley pretenden convencernos das bondades de beber auga a pelo. Deborah García Bello pon as cousas no seu sitio.
-
Efer 425 (11-2-18): Imos a NOAA, NOAA...
11/02/2018 Duración: 54minOs satélites achegan información moi valiosa para coñecer os nosos océanos. Conversamos con Joaquín Triñanes do Laboratorio de Sistemas da USC e colaborador da NOAA. Todo o que che contaron sobre as maniotas é falso. Juan Aguilar do Laboratorio de Neurofisioloxia Experimental do Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo explícanos o novo paradigma. A cousa aseméllase a un ascensor petado... Con Wicho analizamos a lanzamento do Falcon Heavy.
-
En 2018 seguimos a necesitar o Día da Muller e a Nena na Ciencia
11/02/2018 Duración: 13minInauguramos sección de dedicada á Muller na Ciencia da man de Joana Magalhães falando da celebración do "11 de febreiro" con Gloria Brea.
-
Efer 423 (28-1-18): Para que valen as patentes?
07/02/2018 Duración: 57minNa presentación do programa 423 falamos da relación que teñen coa xordeira os personaxes das Aventuras de Tintín. Montserrat Camiña da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC cóntanos todo o que sempre quixemos saber sobre as patentes: que se pode patentar? As patentes son secretas? É diferente en cada país? Quen se leva os dereitos de explotación? Andreu Climent preséntanos a iniciativa "Ciencia en el parlamento" que quere achegar ao lexislativo á comunidade científica a imitación do que ocorre en Australia ou Reino Unido. Guía do Ceo con Irene Baspino e Martin Pawley na que adiantamos as efemérides astronómicas que nos imos atopar ao longo do 2018. Tamén falamos do vocabulario de termos astronómicos en Linguaxe de Signos Internacional que esta a realizar a Unión Astronómica Internacional. Recomendamos tanto para xordos como oíntes a tradución española do "Diccionario enciclopédico de astronomía en el Lenguaje de Signos francés (LSF)"
-
Tornasol, Castafiore e a xordeira
07/02/2018 Duración: 05minNa presentación do programa 423 falamos da relación que teñen coa xordeira os personaxes das Aventuras de Tintín.
-
Signos astronómicos para xordos [Guía do Ceo]
07/02/2018 Duración: 24minGuía do Ceo con Irene Baspino e Martin Pawley na que adiantamos as efemérides astronómicas que nos imos atopar ao longo do 2018. Tamén falamos do vocabulario de termos astronómicos en Linguaxe de Signos Internacional que esta a realizar a Unión Astronómica Internacional. Recomendamos tanto para xordos como oíntes a tradución española do "Diccionario enciclopédico de astronomía en el Lenguaje de Signos francés (LSF)" http://sion.frm.utn.edu.ar/iau-inclusion/wp-content/uploads/2017/11/Diccionario-castellano.pdf
-
"As patentes non son secretas" con Montserrat Camiña
07/02/2018 Duración: 20minMontserrat Camiña da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC cóntanos todo o que sempre quixemos saber sobre as patentes: que se pode patentar? As patentes son secretas? É diferente en cada país? Quen se leva os dereitos de explotación?
-
Ciencia ao parlamento
07/02/2018 Duración: 08minAndreu Climent preséntanos a iniciativa "Ciencia en el parlamento" que quere achegar ao lexislativo á comunidade científica a imitación do que ocorre en Australia ou Reino Unido. https://www.cienciaenelparlamento.org/ @Cienciamento
-
As redes sociais axudan a reforzar as linguas minoritarias?
22/01/2018 Duración: 10minO grupo de física non lineal da USC crea un modelo matemático que simula esta cuestión. Os falantes dunha lingua poden considerarse un sistema complexo. E neste caso engádese a variable da interconectividade mediante as redes. Os resultados apuntan a que en determinadas circunstancias, as redes axudan a reforzar aos grupos minoritarios, segundo nos conta Alberto Pérez.
-
Se fumas cánnabis o día anterior, dá positivo o test de tráfico? Conversa con Manuel López-Rivadulla
22/01/2018 Duración: 28minO equipo do catedrático de Toxicoloxía da USC Manuel López-Rivadulla ten moito que ver coa validación e posta en marcha dos test de drogas que che pode facer a Guardia Civil de Tráfico calquera estrada do país. Con el repasamos a historia da toxicoloxía forense.
-
Cazado un rarísimo raio azul no sol en Loiba
22/01/2018 Duración: 10minA web "Ceos Galegos" de Dosi Veiga da conta do primeiro caso documentado de raio azul en Galicia nunha posta do sol. O autor deste vídeo inédito é Alfredo Madrigal que nos explica como chegou a capturar este fenómeno tan estraño.