Sinopsis
Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?
Episodios
-
Efer 422 (21-1-18): Os test de drogas ao volante
21/01/2018 Duración: 57minO equipo do catedrático de Toxicoloxía da USC Manuel López-Rivadulla ten moito que ver coa validación e posta en marcha dos test de drogas que che pode facer a Guardia Civil de Tráfico calquera estrada do país. Con el repasamos a historia da toxicoloxía forense. A web "Ceos Galegos" de Dosi Veiga da conta do primeiro caso documentado de raio azul en Galicia nunha posta do sol. O autor deste vídeo inédito é Alfredo Madrigal. As redes sociais axudan a reforzar ás linguas minoritarias? O grupo de física non lineal da USC crea un modelo matemático que simula esta cuestión. Os falantes dunha lingua poden considerarse un sistema complexo. E neste caso engádese a variable da interconectividade mediante as redes. Os resultados apuntan a que en determinadas circunstancias, as redes axudan a reforzar aos grupos minoritarios, segundo nos conta Alberto Pérez.
-
Iluminación artificial contra os colonizadores da pedra
19/01/2018 Duración: 31minAs pedras de granito coas que está construído boa parte do noso patrimonio son atacadas por consorcios de algas, bacterias e outros organismos. O proxecto "Light4Heritage" estuda como a luz artificial pode modular o crecemento destes colonizadores. Tras os test no laboratorio agora os investigadores ensaian nun entorno real sobre 3 paredes de monumentos composteláns. Achegamos os nosos micros ao Departamento de Edafoloxía da USC para conversar sobre "Light4Heritage" con Patricia Sanmartín, Justo Arines, Rafael Carballeira e Javier Cancelo. Será a luz ornamental unha ferramenta de control do verdello ou o seu uso é incompatible coa loita contra a contaminación luminosa?
-
O vaso de viño diario saudable é un mito [Deborah García Bello]
19/01/2018 Duración: 08minSe bebes viño a diario é dis que o fas pola túa saúde estás a caer nun mito que xa se desterrou hai tempo. Nolo conta Deborah García Bello. Tes máis información aquí http://dimetilsulfuro.es/2017/09/26/una-copita-de-vino-es-buena-para-el-corazon-claro-que-si-guapi/
-
O deseñador da portada de Science máis importante do ano
19/01/2018 Duración: 07minA portada do número de Science dedicado ao achado do ano 2017 - as ondas gravitacionais - é do deseñador e ilustrador Álvaro Valiño.
-
O cheiro a choiva [Moléculas en Galego]
19/01/2018 Duración: 02minEn galego temos mais de 100 palabras para designar á choiva. Nesta edición de "Moléculas en Galego" Javier Balea desvela de onde sae o cheiro da chuvia.
-
Novos materiais que permiten refrixerar con sólidos
19/01/2018 Duración: 17minUn equipo da Universidade de A Coruña onde participa o profesor de química Manuel Sánchez Andújar vén de crear un novo material sólido híbrido orgánico-inorgánico de estrutura perovskita con propiedades barocalóricas. Isto quere dicir que pode arrefriar ao sometelo a cambios de presión. O obxectivo é que estes materiais poidan substituír os actuais fluídos refrixerantes das neveiras xa que teñen unha importante contribución ao cambio climático. Este traballo, que integra a químicos e enxeñeiros da UDC procedentes do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) e dos Departamentos de Química e de Enxeñería Naval e Industrial, vén de gañar o premio 2017 de investigación da Real Academia Galega de Ciencias.
-
Láser para fabricar prototipos de vasos sanguíneos
19/01/2018 Duración: 06minA física da USC María Aymerich desenvolve dispositivos microfluídicos que simulan vasos sanguíneos mediante ablación láser para o estudo de enfermidades coronarias e tumorais Este traballo mereceu o premio de investigación 2017 para menores de 28 anos da Real Academia Galega de Ciencias.
-
O evasivo refuxo dos osos pardos na idade de xeo [Axencia SINC]
19/01/2018 Duración: 08minCon Eva Rodríguez da Axencia SINC conversamos coa investigadora da Universidade da Coruña Ana García Vázquez sobre a presenza do oso pardo na península ibérica os últimos 10.000 anos. A súa investigación xenética e de fósiles determina que o refuxio climático dos osos nas épocas frías non estaba na península en contra do que se cría. Haberá que ollar para Francia? Aquí tedes a nova de SINC http://www.agenciasinc.es/Noticias/Los-osos-pardos-ibericos-no-descienden-de-los-huidos-del-norte-en-la-Edad-de-Hielo
-
É o glifosato seguro? con Deborah García Bello
19/01/2018 Duración: 08minA evidencia científica di que o uso do glifosato é seguro. Entón, de onde vén o amplo rexeitamento desde os grupos ecoloxistas a este herbicida que é o mais utilizado no mundo? Nolo conta Deborah Garcia Bello. Mais información aquí https://culturacientifica.com/2017/10/19/prohibir-los-herbicidas-glifosato-anteponer-la-ideologia-la-evidencia-cientifica/
-
Quen determinou que 38ºC é febre? [Ciencia para andar por casa]
19/01/2018 Duración: 07minBibiana García Visos na súa sección "Ciencia para andar por casa" cóntanos como se estableceu que a febre empezaba en 38ºC, e ata 37,7 febrícula. A cousa remóntase a mediados do século XIX, cando o médico alemán Carl Wunderlich comezou a realizar os seus estudos de...
-
Efer 421 (14-1-18): Refrixerantes sólidos contra o efecto invernadoiro
18/01/2018 Duración: 58minUn equipo da Universidade de A Coruña onde participa o profesor de química Manuel Sánchez Andújar vén de crear un novo material sólido híbrido orgánico-inorgánico de estrutura perovskita con propiedades barocalóricas. Isto quere dicir que pode arrefriar ao sometelo a cambios de presión. O obxectivo é que estes materiais poidan substituír os actuais fluídos refrixerantes das neveiras xa que teñen unha importante contribución ao cambio climático. Este traballo, que integra a químicos e enxeñeiros da UDC procedentes do Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) e dos Departamentos de Química e de Enxeñería Naval e Industrial, vén de gañar o premio 2017 de investigación da Real Academia Galega de Ciencias. Tamén conversamos con María Aymerich gañadora na modalidade de científicos novos por teren desenvolvidos dispositivos que simulan vasos sanguíneos. Deborah García Bello explícanos a polémica do glifosato e por que o seu uso é seguro. Bibiana García Visos cóntanos como se estableceu que a febre empez
-
Efer 420 (7-1-18): Luz contra o verdello
10/01/2018 Duración: 57minAs pedras de granito coas que está construído boa parte do noso patrimonio son atacadas por consorcios de algas, bacterias e outros organismos. O proxecto "Light4Heritage" estuda como a luz artificial pode modular o crecemento destes colonizadores. Tras os test no laboratorio agora os investigadores ensaian nun entorno real sobre 3 paredes de monumentos composteláns. Achegamos os nosos micros ao Departamento de Edafoloxía da USC para conversar sobre "Light4Heritage" con Patricia Sanmartín, Justo Arines, Rafael Carballeira e Javier Cancelo. Será a luz ornamental unha ferramenta de control do verdello ou o seu uso é incompatible coa loita contra a contaminación luminosa? O infografista e ilustrador galego Alvaro Valiño é o autor da portada e da imaxe do achado do ano da revista Science. Deborah García Bello desmonta o viño do vaso de viño diario cardiosaudable e nas Moléculas en Galego Javier Balea desvela o secreto do cheiro a choiva.
-
Efer 419 (31-12-17): Necesitamos ver para facer astronomía?
31/12/2017 Duración: 56minEsta última entrega efervecente do ano vai ser a mais paradoxal da décima tempada de Efervesciencia. Durante medio programa imos contarvos como recuperar o gozo de ollar pro ceo a ollo espido cun caderno e un lapis nas mans e na outra metade habemos convencervos de que podemos prescindir dos nosos ollos pra facer e divulgar astronomía. Os protagonistas destas historias son Leonor Ana https://www.astronomadas.com e Enrique Pérez Montero http://astroaccesible.iaa.es/
-
Efer 418 (24-12-17): A ciencia avanza que é unha barbaridade 2017
27/12/2017 Duración: 56minEspecial coa mellor ciencia do ano 2017 segundo a escolma de Science comentada polos colaboradores efervescentes Deborah García Bello, Borja Tosar, Rosa Pedrido, Bibiana García Visos e Irene Baspino. Para comentar o achado do ano, xunto José Edelstein incluímos unha entrevista a Alicia Sintes, investigadora da Universidade das Illas Baleares e co-directora dun dos grupos que analizan os datos de detección de ondas gravitacionais de LIGO-Avanzado. A entrevista íntegra tamén está dispoñible no noso podcast.
-
Eran asasinos os médicos que non querían lavar as man? [Circo de Bacterias]
27/12/2017 Duración: 14minAo fío da obra "Semmelweis" de Louis-Ferdinand Celin o noso microbiólogo Esteban Fernández Moreira cóntanos os claroscuros do descubrimento da asepsia médica. Cales foron os motivos que levaron a comunidade médica a non aceptar as contundentes probas de Semmelweis da necesidade de lavar as mans antes de atender ás parturientas?
-
Alicia Sintes comenta o descubrimento do ano 2017 [Versión estendida]
24/12/2017 Duración: 31minNOTA 27-12-17: Engadidos os dous minutos finais que lle faltaban ao audio. Para a revista Science o descubrimento mais importante do ano 2017 é a fusión de dúas estrelas de neutróns feita pola colaboración LIGO-Virgo e que foi seguida por 70 observatorios en todo o espectro electromagnético. Comentamos as implicacións de este achado con con José Edelstein e Alicia Sintes, investigadora da Universidade das Illas Baleares e co-directora dun dos grupos que analizan os datos de LIGO-Avanzado.
-
Efer 417 (17-12-17): Facebook, a pista que desenmascarou unha fraude científica
18/12/2017 Duración: 42minUnha foto de Oona Lönnstedt colgada en Facebook mentres brindaba con champaña en Copenhagen cando supostamente estaba nunha illa perdida no Báltico foi o principio do fin da carreira científica desta investigadora sueca. Un xesto tan sinxelo como lavar as mans pode salvar vidas. E non foi doado convencer á comunidade médica. Cóntanolo Esteban Fernández Moreira. Tamén coñecemos aos participantes no 7º Obradoiro "Comunicar Ciencia na Radio"
-
Efer 416 (10-12-17): Cannabis e ciencia. Versión estendida.
10/12/2017 Duración: 01h11minMonográfico dedicado ao I Congreso Internacional de Cánnabis: Saúde, educación e lei que tivo lugar en Catoira en novembro de 2017. Versión estendida para a rede. Interveñen Víctor Villanueva (Universidade de Zaragoza e Universidade Internacional de Valencia), Miguelangel Rodríguez (FAD), Sandra Golpe (grupo PsiCon da Universidade de Santiago), Gregor Burkhat (Observatorio Europeo das Drogas w Toxicomanías), Manuel Isorna (Técnico de prevención do Convello de Catoira, Universiade de Vigo), Sergio González Artamendi ( Universidad Loyola Andalucía), Fernando Alonso e Ambrosio Fontes (Fundación Galega contra o Narcotráfico).
-
Efer 416 (10-12-17): Cannabis e ciencia
10/12/2017 Duración: 43minMonográfico dedicado ao I Congreso Internacional de Cánnabis: Saúde, educación e lei que tivo lugar en Catoira en novembro de 2017. Versión emitida na Radio Galega o 10-12-17. Interveñen Víctor Villanueva (Universidade de Zaragoza e Universidade Internacional de Valencia), Miguelangel Rodríguez (FAD), Sandra Golpe (grupo PsiCon da Universidade de Santiago), Gregor Burkhat (Observatorio Europeo das Drogas w Toxicomanías), Manuel Isorna (Técnico de prevención do Convello de Catoira, Universiade de Vigo), Sergio González Artamendi ( Universidad Loyola Andalucía), Fernando Alonso e Ambrosio Fontes (Fundación Galega contra o Narcotráfico).
-
Efer 415 (3-12-17): Baila a túa tese no Culturgal
06/12/2017 Duración: 55minDirecto desde o Culturgal onde contamos coas alumnas do IES Sánchez Cantón que concursaron na Royal Society de Londres cun proxecto de ciencia, soubemos de Pontenciencia da man de Carme Fouce, Ipek Guler bailounos a súa tese en bioestátisca, coñecemos o proxecto “Ceos Galego” con Dosi Veiga e conversamos con presidente do Culturgal e editor Manuel Bragado e con Xurxo Mariño.