Sinopsis
Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?
Episodios
-
Efer 414 (26-11-17): Stat Wars, o Espertar dos Datos
30/11/2017 Duración: 57min400 rapaces e rapazas Teatro principal de Santiago de Compostela Charlas de estatística nas redes, nos deportes, o Big Data Concursos Danza + Violíns con arco láser =============================================== "Stat Wars: O espertar dos datos" “Stat Wars” é un proxecto de divulgación da estatística liderado polo grupo interdisciplinar de bioestatística da USC en coordinación coa Universidade Carlos III.
-
Efer 413 (19-11-17): Tecnoloxía aberta á feira no OSHWDem17
19/11/2017 Duración: 58minMonográfico dedicado a maior feira maker de España, o Oshdem que tivo lugar na Domus dos Museos Científicos Coruñeses. Participan Manuel Miramontes, Tucho Méndez, María Loureiro, Paola Guimaráns, Juan González "ObiJuan" Miguel Ángel Miezoso "Fixo", Óscar Abad, Felu Couto, Félix Sánchez Tembleque, Rubén Fernández e José Luis González Castro .
-
Neurocomic + O segredo de Coimbra [Cambio de fase]
14/11/2017 Duración: 08minDani Pizarro preséntanos ás bandas deseñadas “O segredo de Coimbra” e o “Neurocómic”.
-
Crowdfunding en ciencia: Que vale e que non
14/11/2017 Duración: 09minEste ano vimos por primeira vez en Galicia unha moi potente campaña de crowdfunding para un proxecto de investigación científica. A Asociación Galega de Comunicación de Cultura Ciencia e a Tecnoloxía vén de organizar un debate a semana pasada en Pontevedra sobre os riscos e oportunidades deste modelo de financiamento para ciencia. Dannos a súa perspectiva Roi Villar – fundador de I-Love Science e Capital Cell -, Alfonso Peres – Responsable da área de participación cidadá da FECYT e de Precipita – e José Antonio Seoane -Profesor de filosofía do dereito da UdC especializado en bioética.
-
Atrás do "paper": Mamíferos e ciclo de carbono con Mar Sobral
13/11/2017 Duración: 15minCoñecemos o como se fixo da publicación da investigadora da USC Mar sobral sobre a biodiversidade de mamíferos e o ciclo do carbono. Este é o vídeo divulgativo que elaborou a xente de Divulgare para dar a coñecer o traballo de Mar Sobral https://vimeo.com/218616392
-
Resolve este problema estatístico e gaña un libro
12/11/2017 Duración: 03minDeixámosvos este pequeno enredo estatístico. Se sabes a resposta escríbenola ó noso correo efervesciencia@crtvg.es. O primeiro oínte que acerte antes do 24 de novembro de 2017 ha levar un libro de divulgación científica. Igualmente teremos un agasallo para aquela rapaza ou rapaz que participe no proxecto Stat Wars do grupo de bioestatística da USC e sexa o primeiro en dar a solución correcta. Que a estatística vos acompañe!
-
O cheiro a morto [Moléculas en Galego 9]
10/11/2017 Duración: 02minA que cheiran os mortos? Aquí tamén hai química como nos conta “Moléculas en Galego”.
-
Como os ordenadores aprenden as palabras con Paulo Gamallo
10/11/2017 Duración: 22minPara o lingüista computacional Paula Gamallo a capacidade de enteder das máquinas está aínda moi lonxe de entender a retranca. Conversamos con Gamallo no seu despacho do CITIUS na USC sobre como facer que os ordenadores comprendan a linguaxe natural dos humanos.
-
Efer 411 (5-11-17): Como es unha máquina entendes a retranca, non si?
10/11/2017 Duración: 57minPara o lingüista computacional Paula Gamallo a capacidade de enteder das máquinas está aínda moi lonxe de entender a retranca. Conversamos con Gamallo no seu despacho do CITIUS na USC sobre como facer que os ordenadores comprendan a linguaxe natural dos humanos. A que cheiran os mortos? Aquí tamén hai química como nos conta “Moléculas en Galego”. Este ano vimos por primeira vez en Galicia unha moi potente campaña de crowdfunding para un proxecto de investigación científica. A Asociación Galega de Comunicación de Cultura Ciencia e a Tecnoloxía vén de organizar un debate a semana pasada en Pontevedra sobre os riscos e oportunidades deste modelo de financiamento para ciencia. Dannos a súa perspectiva Roi Villar – fundador de I-Love Science e Capital Cell -, Alfonso Peres – Responsable da área de participación cidadá da FECYT e de Precipita – e José Antonio Seoane -Profesor de filosofía do dereito da UdC especializado en bioética. Dani Pizarro preséntanos ás bandas deseñadas “O segredo de Coimbra” e o “Neurocómi
-
Infiltrados no "Road to the stars"
30/10/2017 Duración: 31minAsistimos ao congreso de astronomía cultura "Road to the stars" https://www.roadtothestars.org/ organizado polo INCIPIT-CSIC, IAC e a USC. Conversamos con César González (INCIPIT), Marco García Quintela (USC), Ana Ulla (Universidade de Vigo), Julio Navarro (University of Victoria-Canada), Cecilia dal Zovo (Incipit) e o luthier Giuseppe Severini. Conversamos sobre materia escura e simulacións do universo, g-astronomía, o ceo que cae na cabeza dos galos ou o organistrum do Pórtico da Gloria como respresentación da cosmoloxía da Idade Media.
-
A química das cabazas [Moléculas en Galego 8]
30/10/2017 Duración: 01minO samaín é unha festa chea, entre outras cousas, de cabazas. E aquí tamén temos química.
-
Efer 410 (29-10-17): Por que os galos temían que o ceo caese nas súas cacholas?
29/10/2017 Duración: 57minAsistimos ao congreso de astronomía cultura "Road to the stars" https://www.roadtothestars.org/ organizado polo INCIPIT-CSIC, IAC e a USC. Coñecemos o como se fixo da publicación da investigadora da USC Mar sobral sobre a biodiversidade de mamíferos e o ciclo do carbono. As cabazas e o samaín chegan a "Moléculas en Galego"
-
No SciCom PT 2017 en Coimbra
26/10/2017 Duración: 14minAsistimos ao Congreso de Comunicación da Ciencia de Portugal, SciCom Pt, na Univesidade de Coimbra. Conversamos con Joana Lobo Antunes (presidenta de SciCon) e Carlota Simoes (directora do Meseu da Ciencia da Universidade de Coimbra). Matteo Merzagora dirixe o Parque das Ciencias Pierre-Gilles de Gennes–ESPCI en París. Alí desenvolven un novidoso modelo de participación do público na preparación de exposicións.
-
Buratos negros con Jorge Zanelli e José Edelstein
26/10/2017 Duración: 22minO físico chileno Jorte Zanelli describiu en 1992, xunto con Banados e Teitelboim, os buratos negros en 2+1 dimensións chamados BTZ. Nos nosos microfónos Zanelli denominou a este achado como "buratos negros de xoguete para facer cálculos matemáticos". Conversamos con Zanelli da man de José Edelstein e permitímonos mesmo unha pequena "viaxe ao futuro"...
-
A química do pan [Moléculas en galego 7]
24/10/2017 Duración: 02minPara elaborar pan temos que misturar fariña, auga, lévedo e sal. A pasta resultante amásase e logo dun tempo de repouso métese no forno. Parece sinxelo, non si? Pero a nivel molecular acontecen unha chea de procesos.
-
Efer 409 (22-10-17): O Wi-Fi sae dun burato negro
22/10/2017 Duración: 45minSabías que grazas á investigación en buratos negros podemos dispor actualmente da tecnoloxía Wi-Fi? Conversamos sobe buratos negros, materia escura e noble ás ondas gravitaciónais cos físicos José Edelstein (USC) e Jorge Zanelli (CECs en CHile). Asistimos ao Congreso de Comunicación da Ciencia de Portugal, SciCom Pt, na Univesidade de Coimbra. Conversamos con Joana Lobo Antunes (presidenta de SciCon) e Carlota Simoes (directora do Meseu da Ciencia da Universidade de Coimbra). Matteo Merzagora dirixe o Parque das Ciencias ?Pierre-Gilles? ?de? ?Gennes? ?–? ?ESPCI? en París. Alí desenvolven un novidoso modelo de participación do público na preparación de exposicións. Coñecemos a química do pan con Moléculas en Galego.
-
O inaudito - Tomas falsas
15/10/2017 Duración: 03minTomas de son falsas gradadas durante anos que viron o aire na Gala "Férveche a mente"
-
Efer 408 (15-10-17): Gala de 10 anos 'Férveche a mente' (2ª parte)
15/10/2017 Duración: 59minCon música, humor, ciencia e moitos amigos e invitados celebramos os 10 anos de Efervesciencia en antena coa Gala "Férveche a mente" no Teatro Principal de Santiago de Compostela o 30-9-17. Nesta segunda parte acompañáronnos Manuel Riveiro (Piano), Pepé Ferreirós (Gaita Irlandesa), Ilduara Vicente (Violín), César Goldi, Javier Balea, Tatiana Díaz, Marisa Castiñeiras, Marta Vila, Deborah García Bello, Ángel Carracedo, José Edelstein, María Martinón, Bibiana García Visos e David Ballesteros.
-
Canción dos 118 elementos en galego
08/10/2017 Duración: 03minVelaquí, por primeira vez en galego e cos 118 elementos actuais, a Canción dos Elementos interpretada ao vivo no Teatro Principal de Santiago por César Goldi (voz) e Manuel Riveiro Piano na Gala "Férveche a mente" o 30-9-17. Hai moitas versións da "The Element Song" de Tomas Lehrer. A orixinal só contaba con 102 elementos. En español destaca a de Nacha Guevara. So coñecemos unha versión actualizada aos 118 elementos actuais aprobados pola IUPAC o 28 de novembro de 2016, a de Helen Arney. Bea Fariñas fíxonos os seguintes apuntamentos a ter en conta: - Os gases nobres con sufixo -on (neon, argon, cripton, xenon, radon e oganesson) en galego teñen acentuación grave, isto é, non se acentúan graficamente por ser graves rematadas en -n e pronúncianse /néon/, /árgon/, /crípton/ etc. - roentgenio e seaborgio pronúncianse coma g suave, como se se escribisen "roentguenio" e "seaborguio" (non se escriben así para respectar o antropónimo orixinario). - O elemento de n. at. 117 en galego é ténesso Para o nome en g
-
Efer 407 (8-10-17): Gala de 10 anos "Férveche a mente" (1ª parte)
08/10/2017 Duración: 59minCon música, humor, ciencia e moitos amigos e invitados celebramos os 10 anos de Efervesciencia en antena coa Gala "Férveche a mente" no Teatro Principal de Santiago de Compostela o 30-9-17. Acompañáronnos Manuel Riveiro (Piano), Pepé Ferreirós (Gaita Irlandesa), Ilduara Vicente (Violín), César Goldi, Luisa Pena, Rosa Pedrido, José Ignacio Fernández Vera, Rosa Crujeiras, Salvador Naya, Borja Tosar, Fernando Aguado, Minia Manteiga, Wicho, Emilio Castro, Francisco Novoa, Ana Ulla, Irene Baspino, Martin Pawley, Mar Capeáns e Débora Iglesias.