Efervesciencia

  • Autor: Vários
  • Narrador: Vários
  • Editor: Podcast
  • Duración: 477:49:25
  • Mas informaciones

Informações:

Sinopsis

Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?

Episodios

  • Efer 406 (1-10-17): Estamos nunha nube

    01/10/2017 Duración: 55min

    Visitamos o III Congreso Internacional de Observadores de Nubes en Sarria na Granxa Escola Barreiros. Desde a biblioteca do IES Alenxandre Bóveda de Vigo estreamos "Cambio de fase" sección de ciencia e banda deseñada con Daniel Pizarro. Con "Moléculas en Galego" imos recoller cogomelos. O catedrático de física da USC leva 20 anos traballando no Observatorio Pierre Augir. 400 investigadores deste proxecto internacional de detección dos raios cósmicos máis enerxéticos do universo veñen de publicar en Science que estes se orixinan fóra da nosa galaxia.

  • Efer 405 (24-9-17): Operación Guidoiro Areoso

    24/09/2017 Duración: 56min

    Nesta hora de radio imos coller pico e pala porque vos invitamos a que nos acompañedes de escavación arqueolóxica. Poñede protector solar, agarrade ben o chapeu pra evitar que saia voando co vento e preparádevos para mollar os pes. O punto de partida é o porto da Ribeira de Chazo na Illa de Arousa onde habemos coller un barco-taxi. Logo de navegar un par de millas con rumbo suroeste desembarcaremos na praia dun pequeno illote deshabitado de apenas 600 m de longo de norte a sur. Tras percorrer apenas 200 m descubriremos un pequeno equipo de arqueólogos traballando arreo nunha mámoa. Eles han de ser o noso contacto. A súa presenza no pequeno illote non é casual. Debaixo das dunas hai un territorio prehistórico case intacto ata o de agora pero que corre perigo de desaparecer por unha acelerada erosión litoral. Quen rematara antes os arqueólogos ou os elementos? Os micros de Efervesciencia hannos levar o penúltimo dia da campaña de escavación 2017 no Ghuidoiro areoso, que promove a Xunta de Galicia. O ecólogo N

  • Promo da Gala 10 Aniversario de Efervesciencia

    17/09/2017 Duración: 36s

    http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/gala-10-aniversario-de-efervesciencia/

  • Guía para non perderse os ceos deste verán

    18/07/2017 Duración: 14min

    Na Noite Efervescente os nosos estreleiros deixáronnos consellos e suxestión para gozar dos ceos neste verán 2017. Aquí tes o pdf da Guía do Ceo de Verán que elaboraron Martin Pawley e Irene Baspino https://www.slideshare.net/agrupacionio/o-ceo-deste-vern Foto da carátula: Óscar Blanco

  • PDICiencia na Noite Efervescente

    18/07/2017 Duración: 15min

    Na Noite Efervescente descubrimos o proxecto PDI Ciencia e falamos co seu director Diego Ortega xunto con Andrés e Fran de Adcor e Ángel da Asociación Chamorro.

  • O apalpador das moléculas con Diego Peña

    13/07/2017 Duración: 27min

    En 2012 a portada de Science amosaba unha imaxe tomada cun microscopio de forza atómica dunha única molécula de hexabenzocoranano que emocionou os químicos: podían ver por primeira vez de forma directa a fortaleza dos enlaces. Atrás desta imaxe estaba o químico do CIQUS Diego Peña. Conversamos con calma con este profesor de química orgánica da USC que nos explica en qué consiste a revolución de apalpar moléculas individuais.

  • O cloro das piscinas [Moléculas en galego 4]

    07/07/2017 Duración: 03min

    O cheiro a cloro das piscinas é un bo sinal ou non? Nova entrega de Moléculas en Galego

  • Efer 404 (2-7-17): Noite Efervescente de asteroides desde Castrelo de Miño

    02/07/2017 Duración: 57min

    V Noite Efervesvente desde o Náutico de Castrelo de Miño dedicada ao Dia Internacional do Asteroide.

  • Faladoiro escéptico coa CONCEPT [Agora si Portugal]

    26/06/2017 Duración: 14min

    Os amigos da Comcept, Comunidade Escéptica Portuguesa, veñen de publicar "Não se deixe enganar". A escusa perfecta para parolar con Diana Barbosa, João Monteiro e o Martin Pawley sobre escepticismo. https://t.co/uZB2AQXh91

  • O PABA protéxenos da radiación solar [Moleculas en galego 3]

    26/06/2017 Duración: 03min

    O ácido 4-aminobenzoico, máis coñecido como PABA na industria cosmética, é un protector solar químico que bloquea os raios UVB. Nova edición de Moléculas en Galego con Javier Balea.

  • Efer 403 (25-6-17): A revolución de apalpar moléculas unha a unha

    26/06/2017 Duración: 57min

    En 2012 a portada de Science amosaba unha imaxe tomada cun microscopio de forza atómica dunha única molécula de hexabenzocoranano que emocionou os químicos: podían ver por primeira vez de forma directa a fortaleza dos enlaces. Atrás desta imaxe estaba o químico do CIQUS Diego Peña. Conversamos con calma con este profesor de química orgánica da USC que nos explica en qué consiste a revolución de apalpar moléculas individuais. Os amigos da Comcept, Comunidade Escéptica Portuguesa, veñen de publicar "Não se deixe enganar". A escusa perfecta para parolar con Diana Barbosa, João Monteiro e o Martin Pawley sobre escepticismo. https://t.co/uZB2AQXh91 As Moleculas en Galego de Javier Balea permíntennos tomar o sol sen riscos. Presentamos unha nova edición da "Noite Efervescente"

  • Tolkien no arquivo da Catedral?

    26/06/2017 Duración: 08min

    Tres sortellas d’ouro, con suas pedras: a hua tem hua pedra coralina; et outra hua pedra que chaman çertim; et a outra huun roubí pequeno Coñecemos o labor dos arquivos da man de Xosé Manuel Sánchez do Arquivo da Catedral de Santiago, cunha inesperada referencia tolkiana incluída.

  • Un tesouro de sementes, con Antonio de Ron

    26/06/2017 Duración: 40min

    O profesor de investigación do CSIC Antonio de Ron leva tres décadas investigando en legumes, especialmente os feixóns. Levamos os nosos micrófonos á Misión Biolóxica de Galicia que percorremos da man do noso anfitrión, desde o seu "tesouro" ata os campos de cultivo experimentais.

  • A hemoglobina do sangue [Moléculas en galego 2]

    19/06/2017 Duración: 03min

    Por que o sangue ten un cheiro metálico? Terá que ver coa hemoglobina, ou non? Nova entrega das Moléculas en Galego de Javier Brea

  • Efer 402 (19-6-17): Unha tarde na Misión Biolóxica de Galicia

    19/06/2017 Duración: 58min

    "Adoitamos dicir que os inventos e os descubrimentos que cambiaron as nosas vidas dependen de máquinas complexas. Pero o feito é que se aínda estamos aquí [...] é grazas ós feixóns" Umberto Eco O profesor de investigación do CSIC Antonio de Ron leva tres décadas investigando en legumes, especialmente os feixóns. Levamos os nosos micrófonos á Misión Biolóxica de Galicia que percorremos da man do noso anfitrión, desde o seu "tesouro" ata os campos de cultivo experimentais. O sangue é a protagonista da segunda entrega de Moleculas en Galego con Javier Brea. Coñecemos o labor dos arquivos da man de Xosé Manuel Sánchez do Arquivo da Catedral de Santiago.

  • Os primeiros textos científicos en galego

    19/06/2017 Duración: 07min

    O Consello da Cultura Galega vén de publicar "Textos Científicos en Galego. Os inicios, 1916-1936". Conversamos con Francisco Díaz-Fierros, coordinador da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade do CCG.

  • As mimosas invaden novos territorios [SINC]

    19/06/2017 Duración: 09min

    As mimosas son unha das especies invasoras máis agresivas de todo o mundo.Un estudio das universidades de Vigo e Coimbra vén de detectar a súa propagación en zonas ata o de agora inalteradas. Eva Rodriguez conversa con Jonatan Rodríguez do departamento de bioloxía vexetal da universidade de Vigo.

  • No laboratorio de David Posada

    19/06/2017 Duración: 30min

    Cando visualizamos a evolución biolóxica moitas veces se nos veñen á cabeza á idea de varias especies competindo nun hábitat. Nacen máis individuos dos que poden sobrevivir, de tal xeito que os que o conseguen transmiten a súa vantaxe os seus descendentes. Pero, poderiamos pensar que as células do noso corpo tamén participan nunha guerra evolutiva contra as células canceríxenas polo dominio dos nosos tecidos? Explorar esta poderosa idea é o obxectivo do proxecto "Filocáncer" financiado cunha "Consolidator grant" do European Research Counci (ERC). Así visitamos cos nosos micros o laboratorio "Filoxenómica" no CIMBIO da Universidade de Vigo dirixido polo catedrático de xenética David Posada. Conversamos de vagar co primeiro investigador galego que obtivo dous proxectos de investigación de vangarda do ERC: desde como un espazo condiciona o traballo das persoas ata que implica que animais grandes como os elefantes nos sufran de cancro.

  • Efer 401 (11-6-17): Competencia darwininana dentro do teu corpo

    11/06/2017 Duración: 58min

    Cando visualizamos a evolución biolóxica moitas veces se nos veñen á cabeza á idea de varias especies competindo nun hábitat. Nacen máis individuos dos que poden sobrevivir, de tal xeito que os que o conseguen transmiten a súa vantaxe os seus descendentes. Pero, poderiamos pensar que as células do noso corpo tamén participan nunha guerra evolutiva contra as células canceríxenas polo dominio dos nosos tecidos? Explorar esta poderosa idea é o obxectivo do proxecto "Filocáncer" financiado cunha "Consolidator grant" do European Research Counci (ERC). Así visitamos cos nosos micros o laboratorio "Filoxenómica" no CIMBIO da Universidade de Vigo dirixido polo catedrático de xenética David Posada. Conversamos de vagar co primeiro investigador galego que obtivo dous proxectos de investigación de vangarda do ERC: desde como un espazo condiciona o traballo das persoas ata que implica que animais grandes como os elefantes nos sufran de cancro. Estreamos sección coa primeira entrega de "Moléculas en galego" de Javier Bale

  • O dióxido de carbono [Moléculas en galego 1]

    11/06/2017 Duración: 03min

    Primera entrega de "Moléculas en galego" de Javier Balea en Efervesciencia. Empezamos coñecendo o dióxido de carbono.

página 28 de 43