Efervesciencia

  • Autor: Vários
  • Narrador: Vários
  • Editor: Podcast
  • Duración: 477:49:25
  • Mas informaciones

Informações:

Sinopsis

Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?

Episodios

  • Como a cuántica creou o Val do Silicio con Víctor Pardo

    07/06/2017 Duración: 23min

    O físico da USC Víctor Pardo investiga en materia condensada, pero non se mancha os dedos nin leva bata branca. Entre outras cousas cóntanos o papel da primeira xeración de científicos cuánticos na xénese do Val do Silicio.

  • Unha explicación verificable á misteriosa estrella de Tabby

    07/06/2017 Duración: 14min

    A Estrela de Tabby segue a dar sorpresas na súa luminosidade. Tal é como adiantamos hai uns meses, un equipo español traballa nunha hipótese plausible que permite facer predicións. E sen necesidade de invocar a Dyson e as súas megaestruturas alieníxenas. Falamos con Fernando Ballesteros do Observatorio Astronómico de Valencia.

  • Son novidosas as investigación de bacterias que detectan minas antipersoa? [Circo de Bacterias]

    07/06/2017 Duración: 09min

    As bacterias poden detectar minas antipersoa. A idea non é nova, pero os traballos de investigadores israelís veñen de saltar aos medio de comunicación. Nolo analiza o noso microbiólogo Esteban Fernández Moreira.

  • Predicir, e evitar, os accidentes na estrada con matemáticas

    07/06/2017 Duración: 06min

    Unha tecnoloxía matemática que emprega a industria militar pode salvar vidas nas estradas. O doutro enxeñeiro Enrique Castillo da Universidade de Cantabria e da "Real Academia de Ingeniería" dirixe un proxecto que aplica análise probabilística para identificar, mesmo antes de que se produzan os accidentes, cales son os puntos máis perigosos dunha estrada.

  • As rupturas mal xestionadas afectan á saúde do fillos [SINC]

    07/06/2017 Duración: 10min

    Eva Rodríguez de SINC danos conta dunha investigación da USC na que veñen de constatar que o divorcio dos pais aumenta o risco de trastornos gastrointestinais e neurolóxicos nos fillos. Conversamos con Mª Dolores Seijo da Unidade de Sicoloxía Forense da USC. Neste enlace compartimos o programa "Ruptura de parella, non de familia" http://www.usc.es/programaruptura/

  • Upwards: Todo o que queremos saber de Marte

    07/06/2017 Duración: 29min

    Na literatura fantástica un tema recorrente é a exploración de Marte. Grazas ao videoxogo "Let´s go Mars" podemos recrear en primeira persoa unha expedición prospectiva ao planeta vermello. Na trama deste xogo conviven un chisco de recreación e moita ciencia. "Let´s go Mars" é unha iniciativa de comunicación do proxecto H2020 "Upwards: Understanding planet Mars". Conversamos co investigador principal do proxecto Miguel Ángel López Valvede (IAA-CSIC) e coa creadora de "Let´s go mars" Ana Tamayo.

  • Efer 400 (4-6-17): Sen cuántica non hai smarphones

    04/06/2017 Duración: 58min

    O físico da USC Víctor Pardo investiga en materia condensada, pero non se mancha os dedos nin leva bata branca. Entre outras cousas cóntanos o papel da primeira xeración de científicos cuánticos na xénese do Val do Silicio. A Estrela de Tabby segue a dar sorpresas na súa luminosidade. Tal é como adiantamos hai uns meses, un equipo español traballa nunha hipótese plausible que permite facer predicións. E sen necesidade de invocar a Dyson e as súas megaestruturas alieníxenas. Falamos con Fernando Ballesteros do Observatorio Astronómico de Valencia. Unha tecnoloxía matemática que emprega a industria militar pode salvar vidas nas estradas. O doutro enxeñeiro Enrique Castillo da Universidade de Cantabria dirixe un proxecto que aplica análise probabilística para identificar, mesmo antes de que se produzan os accidentes, cales son os puntos máis perigosos dunha estrada. As bacterias poden detectar minas antipersoa. A idea non é nova, pero os traballos de investigadores israelís veñen de saltar aos medio de comunicac

  • Debemos priorizar a seguridade á privacidade dixital?

    29/05/2017 Duración: 11min

    Débese priorizar a seguridade á privacidade dixital? Está importante pregunta dá pé a un novo debate de "Regueifas de Ciencia". Escoitamos os argumentos de Eduardo Casas, @AguilaKen Paloma Llaneza @PalomaLLaneza, Marta Peirano @minipetite e Alberto Calero @alcalero.

  • Efer 399 (29-5-17): Europa explora Marte

    29/05/2017 Duración: 58min

    Na literatura fantástica un tema recorrente é a exploración de Marte. Grazas ao videoxogo "Let´s go Mars" podemos recrear en primeira persoa unha expedición prospectiva ao planeta vermello. Na trama deste xogo conviven un chisco de recreación e moita ciencia. "Let´s go Mars" é unha iniciativa de comunicación do proxecto H2020 "Upwards: Understanding planet Mars". Conversamos co investigador principal do proxecto Miguel Ángel López Valvede (IAA-CSIC) e coa creadora de "Let´s go mars" Ana Tamayo. Eva Rodríguez de SINC danos conta dunha investigación da USC na que veñen de constatar que o divorcio dos pais aumenta o risco de trastornos gastrointestinais e neurolóxicos nos fillos. Conversamos con Mª Dolores Seijo da Unidade de Sicoloxía Forense da USC. Neste enlace compartimos o programa "Ruptura de parella, non de familia" http://www.usc.es/programaruptura/ Débese priorizar a seguridade á privacidade dixital? Está importante pregunta dá pé a un novo debate de "Regueifas de Ciencia". Escoitamos os argumentos de

  • Peixe pequeno pero espiñento con Marta Vila e Carlos Fernández

    25/05/2017 Duración: 24min

    Coñecemos ao espiñento, un pequeno peixe de auga doce polo que teñen especial predilección os investigadores. Marta Vila (UDC) e Carlos Fernández (USC) veñen de participar nunha publicación en PLOS ONE na que se estudan as poboacións ibéricas deste peixe.

  • O físico fugado e o cineasta experimental [Ciencia e Cinema]

    25/05/2017 Duración: 16min

    Na IV edición da sección "Ciencia e Cinema" Martin Pawley danos a coñecer a obra experimental de Brakhage e a súa relación co gran físico Gamow. http://actodeprimavera.blogspot.com.es/2016/05/o-cinema-cientifico-de-stan-brakhage.html

  • Fagos e cristalografía con Carmela García

    25/05/2017 Duración: 25min

    A bióloga estrutural Carmela García é investigadora no departamento de Bioquímica da Universidade de Zurich no grupo de Martin Jinek. Jinek desvelou a estrutura da proteína Cas9 do sistema CRISPR. Con Carmela conversamos sobre cristalografía e fagos. A nosa invitada tamén é blogger e podcaster en https://ablogios.com/ e https://www.spreaker.com/show/bacteriofagos

  • O que lle debe Saturno a Cassini [Postal Planetaria]

    25/05/2017 Duración: 11min

    Con Borja Tosar repasamos os descubrimentos da sonda Cassini na súas exploracións a Saturno a ás súas lúas.

  • Como funciona un test de embarazo? [Ciencia para andar por casa]

    25/05/2017 Duración: 10min

    En "Ciencia para andar por casa" Bibiana García Visos explícanos o funcionamento dos test de embarazo.

  • Imaxinación, paixón e traballo: Conversa con Avelino Corma

    22/05/2017 Duración: 10min

    O Premio Príncipe de Asturias de Investigación Avelino Corma estivo en Santiago invitado polo Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materias Moleculares da USC (CiQUS). Conversamos con este químico especialista en catálise que algúns consideran que ten méritos abondos para optar ao Nóbel.

  • Efer 398 (21-5-17): O espiñento

    21/05/2017 Duración: 58min

    Coñecemos ao espiñento, un pequeno peixe de auga doce polo que teñen especial predilección os investigadores. Marta Vila (UDC) e Carlos Fernández (USC) veñen de participar nunha publicación en PLOS ONE na que se estudan as poboacións ibéricas deste peixe. O Premio Príncipe de Asturias de Investigación Avelino Corma estivo en Santiago invitado polo CIQUS. Conversamos con este químico especialista en catálise que algúns consideran que ten méritos abondos para optar ao Nóbel. Na IV edición da sección "Ciencia e Cinema" Martin Pawley danos a coñecer a obra experimental de Brakhage e a súa relación co gran físico Gamow.

  • Efer 397 (14-5-17): Volven os fagos

    21/05/2017 Duración: 58min

    A bióloga estrutural Carmela García é investigadora no departamento de Bioquímica da Universidade de Zurich no grupo de Martin Jinek. Jinek desvelou a estrutura da proteína Cas9 do sistema CRISPR. Con Carmela conversamos sobre cristalografía e fagos. En "Ciencia para andar por casa" Bibiana García Visos explícanos o funcionamento dos test de embarazo. Con Borja Tosar repasamos os descubrimentos da sonda Cassini na súa viaxe a Saturno.

  • Guia do ceo maio 16

    09/05/2017 Duración: 15min

    Viaxamos ao ceo nocturno cos nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley desde o Dïa da Ciencia na Rúa 2017 no parque de Santa Margarita na Coruña. Presentamos o foro galego-portugués "Calidade da noite".

  • Efer 396 (7-5-17): A importancia do teu reloxo biolóxico

    09/05/2017 Duración: 58min

    Todos temos un sistema cronobiolóxico que anticipa e sincroniza os diferentes procesos biolóxicos que ocorren no noso corpo. Un reloxo central no hipotálamo marca ritmos de algo mais de 24 horas, polo que se ten que recalibrar empregando fundamentalmente os ciclos de luz do sol. Pero, que pasa cando se perde a sincronía? Como lle afecta o traballa en quendas? É útil a melatonina? Conversamos coa investigadora do laboratorio de cronobioloxía da Universidade de Murcia Ángeles Rol. Viaxamos ao ceo nocturno cos nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley desde o Dïa da Ciencia na Rúa 2017 no parque de Santa Margarita na Coruña. Coñecemos aos gañadores do concurso de "Tuinguels"

  • Cando nos debe preocupar o azucre dos alimentos? Con @deborahciencia

    05/05/2017 Duración: 14min

    Con Deborah García Bello descubrimos o azucre aparentemente oculto dos alimentos.

página 29 de 43