Sinopsis
Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?
Episodios
-
Convención internacional de Papiroflexia.
05/05/2017 Duración: 09minFátima Jardón preséntanos a Convención Internacional da Asociación Española de Papirolexía que ten lugar en Santiago.
-
Nanocosmos : Astrofísica e nanotecnoloxía aliadas para debullar a poira estelar
05/05/2017 Duración: 26minCando morre unha estrela xigante vermella ou estoupa unha supernova prodúcese un importante poeira espacial. Todo este po e restos de gas vagan polo espazo interestelar ata que se vai aglutinando en millóns de anos para dar lugar a novos sistemas solares, coas súas estrelas e os seus planetas. Neste proceso hai moitas cousas que descoñecemos. De aó que a Unión Europea financiase con 15 milóns de euros o proxecto NANOCOSMOS, "gas e po estalar ao laboratorio", que vai ser o protagonista do noso tempo de parolada. Contamos cos profesores de investigación do ICMM-CSIC José Cernicharo e José Ángel Martín Gago.
-
Efer 395 (30-4-17): A factoría de po interestelar
30/04/2017 Duración: 58minCando morre unha estrela xigante vermella ou estoupa unha supernova prodúcese un importante poeira espacial. Todo este po e restos de gas vagan polo espazo interestelar ata que se vai aglutinando en millóns de anos para dar lugar a novos sistemas solares, coas súas estrelas e os seus planetas. Neste proceso hai moitas cousas que descoñecemos. De aó que a Unión Europea financiase con 15 milóns de euros o proxecto NANOCOSMOS, "gas e po estalar ao laboratorio", que vai ser o protagonista do noso tempo de parolada. Contamos cos profesores de investigación do ICMM-CSIC José Cernicharo e José Ángel Martín Gago. Fátima Jardón preséntanos a Convención Internacional da Asociación Española de Papirolexía que ten lugar en Santiago. Con Deborah García Bello descubrimos o azucre aparentemente oculto dos alimento. Mercedes Novo invítanos a unha nova edición do Campus de Verán Xuvenciencia.
-
Cacharreando tecnoloxía musical en APETEGA
27/04/2017 Duración: 37minAchégamonos as 16 Xornadas de Tecnoloxía de Apetega en Verín. Desde o IES Xesús Taboada Chivite conversamos con Daniel Pizarro e Maia sobre os usos educativos do Minecraft, de tecnoloxía musical DIY con Mateo Mena, e sobre a tecnoloxía nas aulas con César Sánchez.
-
Xurxo Mariño estaba na fabulosa Biblioteca América
27/04/2017 Duración: 07minCoñecemos a historia da Biblioteca América da man de Mabela Casal, directora da Biblioteca Universitaria da USC. Neste lugar fabuloso estaba agochado o Xurxo Mariño.
-
Día de Pitágoras nos conservatorios de música
27/04/2017 Duración: 06minPaula Sánchez preséntanos a iniciativa que xurdiu en Arzúa de celebrar o día de Pitágoras nos conservatorios de música.
-
Inspiraciencia = Ucrhonia labs + Lección de anatomía + Historia de 2 moléculas
27/04/2017 Duración: 03minRepasamos algunhas das dramatización efervescentes dos gañadores do concurso de relatos de inspiración científica "Inspiraciencia" del CSIC. Son os seus autores Enrique Neira, José de la Sota e Nacho Munilla. Laura Valls cóntanos as novidades da actual convocatoria aberta ata o 17 de maio de 2017.
-
Efer 393 (16-4-17): Volta ao mundo desde unha biblioteca
27/04/2017 Duración: 29minXurxo Mariño presenta en Efervesciencia o seu libro "Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo" editado por Xerais desde una biblioteca secreta. Repasamos algúns dos gañadores do concurso de relatos de inspiración científica "Inspiraciencia" do CSIC. Coñecemos a nova convocatoria da man de Laura Valls. Laura e Mario son mais novos colaboradores efervescentes, coa compaña de Xosé Luis, déixannos unha serie de enredos orixinais para pensar con lápis e papel creados por eles en a "Chave de Cristal". Un deles é esta serie: 7 17 1117 3117 132117 1113122117
-
Diario da viaxe dun neurocientíco arredor do mundo V: Colorado e Galápagos
27/04/2017 Duración: 13minO neurofisiólogo e divulgador Xurxo Mariño e máis Eli deron a volta ao mundo entre 2013 e 2014. Once meses de viaxe fascinante que seguimos desde Efervesciencia con conexións periódicas dos nosos amigos exploradores. Esta viaxe deu lugar ao libro "Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo" e ao blog Vagamundeando.com.
-
Efer 394 (23-4-17): Tecnoloxía musical DIY
23/04/2017 Duración: 56minAchégamonos as 16 Xornadas de Tecnoloxía de Apetega en Verín. Desde o IES Xesús Taboada Chivite conversamos con Daniel Pizarro e Maia sobre os usos educativos do Minecraft, de tecnoloxía musical DIY con Mateo Mena, e sobre a tecnoloxía nas aulas con César Sánchez. Coñecemos a Biblioteca América da man da súa directora Mabela Casal. Paula Sánchez preséntanos o Día de Pitágoras.
-
Diario da viaxe dun neurocientíco arredor do mundo IV: Atacama vs Amazonia
17/04/2017 Duración: 13minO neurofisiólogo e divulgador Xurxo Mariño e máis Eli deron a volta ao mundo entre 2013 e 2014. Once meses de viaxe fascinante que seguimos desde Efervesciencia con conexións periódicas dos nosos amigos exploradores. Esta viaxe deu lugar ao libro "Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo" e ao blog Vagamundeando.com.
-
Diario da viaxe dun neurocientíco arredor do mundo III: Patagonia
16/04/2017 Duración: 10minO neurofisiólogo e divulgador Xurxo Mariño e máis Eli deron a volta ao mundo entre 2013 e 2014. Once meses de viaxe fascinante que seguimos desde Efervesciencia con conexións periódicas dos nosos amigos exploradores. Esta viaxe deu lugar ao libro "Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo" e ao blog Vagamundeando.com.
-
Diario da viaxe dun neurocientíco arredor do mundo II: Suráfrica
16/04/2017 Duración: 13minO neurofisiólogo e divulgador Xurxo Mariño e máis Eli deron a volta ó mundo entre 2013 e 2014. Once meses de viaxe fascinante que seguimos desde Efervesciencia con conexións periódicas dos nosos amigos exploradores. Esta viaxe deu lugar ao libro "Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo" e ao blog Vagamundeando.com.
-
Diario da viaxe dun neurocientíco arredor do mundo I: Namibia
16/04/2017 Duración: 11minO neurofisiólogo e divulgador Xurxo Mariño e máis Eli deron a volta ó mundo entre 2013 e 2014. Once meses de viaxe fascinante que seguimos desde Efervesciencia con conexións periódicas dos nosos amigos exploradores. Esta viaxe deu lugar ao libro "Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo" e ao blog Vagamundeando.com.
-
O meu avó naceu en marzo [enredos para pensar da Chave de Cristal]
16/04/2017 Duración: 09minLaura e Mario son mais novos colaboradores efervescentes, coa compaña de Xosé Luis, déixannos unha serie de enredos orixinais para pensar con lápis e papel creados por eles en a "Chave de Cristal". Un deles é esta serie: 7 17 1117 3117 132117 1113122117
-
Desde onde nos presenta 'Terra' Xurxo Mariño?
16/04/2017 Duración: 29minXurxo Mariño presenta en Efervesciencia o seu libro "Terra. Ciencia, aventuras e sorpresas dunha viaxe arredor do mundo" editado por Xerais desde un lugar secreto. Se cres saber onde estamos poderás participar no sorteo dun exemplar do libro asinado polo autor. Envía a túa resposta por twitter coa etiqueta #UloXurxo? ou cólgaa no noso facebook ata o 21 de abril de 2017.
-
Todo sobre os cabalos de mar
10/04/2017 Duración: 31minLevamos os nosos micros ao laboratorio de cabalos de mar do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC. O noso anfitrión é o investigador Miquel Planas do grupo de Bioloxía e Fisioloxía Larvaria de Peixes. Sabías que nestes peixes quen queda embarazado é o macho?
-
Os virus diezman aos anfibios portugueses [SINC]
10/04/2017 Duración: 10minJaime Bosch do Museo Nacional de Ciencias Naturales fálanos do ranavirus que esta a diezmar as pobacións de anfibios na Serra da Estrela, e tamén en Galicia. Un colaboración da Axencia SINC.
-
Mira quen fala: Os virus tamén conversan
10/04/2017 Duración: 09minNo noso Circo de Bacterias con Esteban Fernández Moreira temos falado en moitas ocasións da comunicación entre bacterias á hora de lanzar un ataque. Un recente artigo de Nature dá conta que os fagos (virus) poden entender os sinais químicos dos seus antecesores pra decidir se matar ou so infectar ás súa vítimas.
-
Científicos galegos "marisquean" na Antártida
10/04/2017 Duración: 15minOs participantes do proxecto de investigación liderado pola Universidade de Vigo "Procesos ecolóxicos e bioxeoquímicos asociados á descomposición de algas en praias de Bahía Foster na Illa da Decepción" veñen de rematar a súa estadía de investigación na Antártida. Conversamos co investigador do CSIC Luis Sampedro.