Sinopsis
Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?
Episodios
-
Jazz e psiquiatría con @rainhavermella
10/04/2017 Duración: 26minCoa psiquiatra Iria Veiga facemos un percorrido histórico dos mitos e malentendidos entorno a psiquiatría e a doenza mental. Nesta viaxe deixámonos acompañar con gusto por grandes do jazz que nalgún momento da súa vida tiveron que ser tratados polas súas doenzas mentais.
-
O canto do cisne de Cassini e outras wicherías aeroespaciais
09/04/2017 Duración: 07minCo espazotrastornado Wicho analizamos a viabilidade dos Falcon 9 de SpaceX, o canto do cisne de Cassine en Saturno e a órbita ceminterio do satélites xeoestacionarios.
-
A mentira da electrólise da auga con @david_ciencia
09/04/2017 Duración: 10minSe facemos a electrólise a unha auga comercial e se pon moi escura e fea significa que está mala? Non, non e non. Nolo conta David Ballesteros de Ceo Aberto, @david_ciencia. A electrólise é un experimento caseiro moi doado de facer. Mándanos a foto da túa experiencia.
-
A educación como ciencia e arte con @mininacheshire
09/04/2017 Duración: 28minEducar é unha ciencia e unha arte ao mesmo tempo. Conversamos con Fátima García Doval, @mininacheshire, sobre neuromitos en educación e como a tecnoloxía e o movemento "maker" son unha fantástica ferramenta para traballar cos alumnado con diversidade funcional.
-
Efer 392 (9-4-17): O superpoder de ensinar
09/04/2017 Duración: 58minConversamos con Fátima García Doval, @mininacheshire, sobre neuromitos en educación e como a tecnoloxía e o movemento "maker" son unha fantástica ferramenta para traballar cos alumnado con diversidade funcional. Se facemos a electrólise a unha auga comercial e se pon moi escura e fea significa que está mala? Non, non e non. Nolo conta David Ballesteros. Co espazotrastornado Wicho analizamos a viabilidade dos Falcon 9 de SpaceX, o canto do cisne de Cassini en Saturno e a órbita cemiterio dos satélites xeoestacionarios.
-
Efer 391 (2-4-17): Unha tarde no hipódromo dos cabalos de mar
02/04/2017 Duración: 58minLevamos os nosos micros ao laboratorio de cabalos de mar do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC. O noso anfitrión é o investigador Miquel Planas do grupo de Bioloxía e Fisioloxía Larvaria de Peixes. Sabías que nestes peixes quen queda embarazado é o macho? Jaime Bosch do Museo Nacional de Ciencias Naturales fálanos do ranavirus que esta a diezmar as pobacións de anfibios na Serra da Estrela, e tamén en Galicia. Un colaboración da Axencia SINC. Sabiamos que as bacterias se comunicaban quimicamente antes de lanzar un ataque. Agora un grupo israelí vén de demostar que os virus tamén falan entre eles. Con Esteban Fernández Moreira.
-
Con A de Astrónomas
30/03/2017 Duración: 04minA astrónoma da USC Josefina Ling preséntanos a exposición “Con A de astrónomas” que se pode ver na “Casa das Artes” de Vigo ata o 14 de maio de 2017.
-
Lobo amado, lobo odiado... lobo descoñecido?
30/03/2017 Duración: 31minO biólogo Pedro Alonso leva tres décadas estudando o lobo. Actualmente as pobacións galegas atópanse estabilizadas, pero curiosamente temos a percepción de que agora hai máis lobos que antes. Terán algo que ver os medios neste estado de opinión? Por que é os lobos son considerados como seres case míticos nas cidades, e pola contra no rural se ven como un problema?
-
Parabéns Dolly... pero ti de quen vés sendo?
30/03/2017 Duración: 17minCon Manuel Collado - Laboratorio de Células Nai en Cancro e Envellecemento do IDIS-CHUS - analizamos a creación da ovella Dolly no seu 20 aniversario. Dolly foi o primeiro mamífero clonado a partir dunha célula adulta. Nesta historia houbo quen levou a fama, e quen traballou arreo e non veu recoñecido o seu traballo.
-
No lab de xenética de poboacións con Antonio Salas
30/03/2017 Duración: 34minVisitamos no IDIS o laboratorio de xenética de poboacións do investigador Antonio Salas. Os traballos deste grupo lévannos a falar de meninxite, menoritas, expansión humana en Ámerica, racismo, pericia forense,... e música. Que relación ten un nocturno de Chopin coa xenética?
-
Por que é importante que os maiores se calcen ben? [SINC]
30/03/2017 Duración: 07minUn equipo da Universidade da Coruña dirixido polo podólogo Daniel López vén analizando o uso do calzado por parte das persoas maiores. A maioría non emprega un calzado axeitado. Unha noticia da Axencia SINC con Eva Rodríguez.
-
Un aforismo sirve para abrir unha conversa (Wagensberg)
29/03/2017 Duración: 05minO físico, divulgador, museólogo e escritor Jorge Wagensberg estivo en Santiago falando dos aforismos dentro do programa Nexos da Cidade da Cultura.
-
Efer 390 (26-3-17): Mitos psiquiátricos coa @rainhavermella
26/03/2017 Duración: 57minCoa psiquiatra Iria Veiga facemos un percorrido histórico dos mitos e malentendidos entorno a psiquiatría e a doenza mental. Visitamos a Illa Decepción na Antártida da man do biólogo do CSIC Luis Sampedro. Coñecemos os participantes da nova "Regueifa de Ciencia" dedicada á alimentación.
-
Fomenta a industria unha alimentación sá? #Regueifas5
26/03/2017 Duración: 08minPrevia con todos os participantes da quinta edición de "Regueifas de Ciencia" sobre a industria alimentaria. Con Rosaura Léis Trabazo, José Manuel López Nicolás, Enrico Frabetti e Rafael Urrialde de Andrés.
-
A flora de Galicia de Baltasar Merino
23/03/2017 Duración: 15minFrancisco Javier Silva, o responsable do herbario do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, explícanos a importancia da figura do botánico Baltasar Merino. Merino é a figura homenaxeada este ano no Día da Ciencia en Galicia da RAGC.
-
Efer 389 (19-3-17): Lobos e a ovella
19/03/2017 Duración: 55min"So a montaña ten vivido abondo para escoitar e comprender o ouveo dun lobo" Aldo Leopold Conversamos sobre a situación do lobo en Galicia co biólogo Pedro Alonso. Lembramos á ovella Dolly no seu 20 aniversario co investigador Manuel Collado. Josefina Ling preséntanos a exposición "Con A de Astrónoma"
-
Efer 388 (12-3-17): Unha tarde no laboratorio de xenética
13/03/2017 Duración: 59minVisitamos no IDIS o laboratorio de xenética de poboacións do investigador Antonio Salas. Os traballos deste grupo lévannos a falar de meninxite, monoritas, expansión humana en Ámerica, racismo, pericia forense,... e música. Eva Rodríguez de SINC conversa co podólogo Daniel López da UDC. Veñen de publicar que o calzado das persoas maiores non é axeitado. A Real Academia Galega de Ciencia vén de dedicar este ano ao botánico Baltasar Merino. Fainos un semblanza Francisco Javier Silva responsable do herbario do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán
-
Efer 387 (5-3-17): Mates en bares e guerra de patentes
06/03/2017 Duración: 55minElena Vázquez Abal é especialista en xeometría diferencial, polo que para esta profesora da USC todas as curvas teñen o seu aquel. Elena tamén é unha apaixonada da divulgación científica, e xunto con actor César Goldi rememoran os gloriosos tempos nos que percorreron o país de bar en bar falando de matemáticas. A tecnoloxía CRISPR de edición xenética esta revolucionando o traballo dos laboratorios de investigación de todo o mundo, pero aínda non chegou a industria. Isto é así por que está aberta unha guerra de patentes entorno a un negocio multimillonario entre a Universidade de California con Jennifer Doudna e Emmanuelle Carpentier (premio Princesa de Asturias de Investigación) e Instituto Broad do MIT liderado por Feng Zhang. Un tribunal de patentes estadounidense ven de determinar que a técnica de Zhang para aplicar CRISPR en células eucariotas é patentable e non interfire coa demanda de patente máis xenérica presentada pola Universidade de California aínda sen resolver. As espadas están no alto, e mesmo
-
Adorables curvas matemáticas con Elena Vázquez Abal
06/03/2017 Duración: 30minElena Vázquez Abal é especialista en xeometría diferencial, polo que para esta profesora da USC todas as curvas teñen o seu aquel. Elena tamén é unha apaixonada da divulgación científica, e xunto con actor César Goldi rememoran os gloriosos tempos nos que percorreron o país de bar en bar falando de matemáticas.
-
Erwin Neher na Coruña
06/03/2017 Duración: 03minErwin Neher recibiu en 1991 o Nobel de Fisioloxía ou Medicina polos seus achados sobre a función das canles iónicas nas células. Invitado pola fundación CORBI visitou recentemente A Coruña acompañado por Enric Banda, profesor de investigación do CSIC que ten ocupado importantes postos de política científica.