Sinopsis
Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?
Episodios
-
Reforzar a parede para loitar contra o taladro do millo
06/03/2017 Duración: 07minRosa Ana Malvar Pintos, profesora de investigación na Misión Biolóxica de Galicia-CSIC, cóntanos cal é papel da parede celular na pescuda de millos resistentes os diferentes tipos de perforadores. Esta é unha liña de investigación que desenvolve a Unidade Asociada “Agrobioloxía medioambiental, Calidade de solos e prantas” formada pola MBG-CSIC e a Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo.
-
A guerra de patentes do CRISPR: primeiro asalto [con Lluís Montoliu]
05/03/2017 Duración: 19minA tecnoloxía CRISPR de edición xenética esta revolucionando o traballo dos laboratorios de investigación de todo o mundo, pero aínda non chegou a industria. Isto é así por que está aberta unha guerra de patentes entorno a un negocio multimillonario entre a Universidade de California con Jennifer Doudna e Emmanuelle Carpentier (premio Princesa de Asturias de Investigación) e Instituto Broad do MIT liderado por Feng Zhang. Un tribunal de patentes estadounidense ven de determinar que a técnica de Zhang para aplicar CRISPR en células eucariotas é patentable e non interfire coa demanda de patente máis xenérica presentada pola Universidade de California aínda sen resolver. As espadas están no alto, e mesmo pode pasar que sexa necesario pagar licencias aos dous bandos para traballar nestas tecnoloxías nos laboratorios privados. Atentos.
-
Tartaglia ou o intrigante nacemento da álxebra [Entrevistas no Alén]
03/03/2017 Duración: 17minEntrevista en exclusiva desde o Alén a Niccolo Fontana "Tartaglia", o Tatexo. Matemático renacentista, enxeñeiro militar e a autor prolífico. Coautor da formula da resolución das ecuación cúbicas e un home a quen lle tocou vivir unha vida intensa e chea de intrigas.
-
"Repensar o cribado do cancro de mama" con Manuel Vilches
03/03/2017 Duración: 29minNesta entrevista a fondo o radiofísico Manuel Viches e editor do blog de divulgación en en física médica "Desayuno con fotones" analiza o problema do sobretratamento no cribado do cancro de mama. As principais revistas de investigación en medicina teñen prestado unha atención importante a este problema. Agora cómpre que os investigadores o cuantifiquen, e que as autoridades sanitarias o tomen en consideración.
-
A túa carta astral en dous minutos [Postal Planetaria]
03/03/2017 Duración: 09minVisitamos en segredo ao astrólogo Borjus para que nos faga a nosa carta astral. Infórmanos da posición exacta dos planetas sobre o fondo fixo de estrelas o día e a hora na que nacemos. Pero cando lle preguntamos sobre o noso futuro quedámonos coa palabra na boca... Esta é a web que utilizou Borjus http://www.heavens-above.com/skychart2.aspx?lat=0&lng=0&loc=Unspecified&alt=0&tz=UCT
-
A aplicación para conectar as enfermidades raras: My Leaf
28/02/2017 Duración: 11minCarlos Martín Guevara de "Sombra Doble" preséntanos a aplicación "My Leaf" para monitorizar enfermidades raras. Moi útil para os doentes, pero tamén para os sanitarios. Mediante técnicas de análise de datos a aplicación busca usuarios que teñan os mesmos síntomas aínda que estean sen diagnosticar.
-
A fascinante escritura visigótica con Ainoa Castro
27/02/2017 Duración: 26minA escritura visigótica é o equivalente á tipografía Times New Roman medieval da Península Ibérica. En Galicia sobreviviu ata o século XIII como forma de resistencia e identidade cultural. A investigadora Marie Curie no King´s College de Londres Ainoa Castro é especialista en paleografía dixital. Castro contounos a fascinante historia desta escritura e todo o que os paleógrafos poden aprender pescudando nos trazos dos escribas.
-
Efer 386 (26-2-17): Raras. Visigótica. Astral.
26/02/2017 Duración: 58minCarlos Martín Guevara de Sombra Doble preséntanos a aplicación "My Leaf" para monitorizar enfermidades raras. Descubrimos a escritura visigótica da man da paleógrafa do King´s College Ainoa Castro. Unha historia fascinante dunha caligrafía que foi signo e seña da nosa terra. Borjus fainos a nosa carta astral e sabemos da visita do nóbel Erwin Neher á Coruña.
-
Efer 385 (19-2-17): Cribado, Tartaglia e o perforador do millo
19/02/2017 Duración: 55minNunha entrevista a fondo o radiofísico Manuel Viches analiza o problema do sobretratamento no cribado do cancro de mama. En "Entrevistas no alén" coñecemos a incrible vida de Niccolo Fontana "Tartaglia". A investigadora Rosa Ana Malvar (Unidade asociada MBG-CSIC UVigo “Agrobioloxía medioambiental”) cóntanos como loitar contra os perforadores do millo con variedades que incorporan unha parede celular mais consistente.
-
Cantos cadros ten un taboleiro de xadrez? [A chave de cristal]
13/02/2017 Duración: 08minA Chave de Cristal é un espazo onde os mais pequenos xogan o xadrez e a enredos de enxeño. Enredos que con Xosé Luis Veiga lanzan as ondas nesta nova sección. Coñeces o problema do cabalo de xadrez? Sabes cantos cadros ten un taboleiro de xadrez?
-
Peixes e nanotecnoloxía contra as lesións medulares
13/02/2017 Duración: 24minO biólogo da USC Antón Barreiro emprega lampreas e peixes cebra com modelos para estudar a rexeneración das lesións de medula espinal. Barreiro vén de lanzar un proxecto de microachegas na plataforma Precipita para conseguir fondos para mercar librerías de fármacos para a súa investigación. No Hospistal Nacional de Parapléxicos de Toledo o grupo de Concepción Serrano emprega nanotecnoloxía para facer un by-pass electrónico da parte seccionada da medula.
-
Apocalipse nuclear [Ciencia e Cinema]
13/02/2017 Duración: 16minA inicial imaxe amable da ciencia e os científicos nos inicios do cinema muta coa chegada da era nuclear. Con Martin Pawley.
-
Solución #ulowicho
13/02/2017 Duración: 03minDesvelamos desde onde presentounos Wicho o seu "Los nativos digitales no existen"
-
Efer 384 (12-2-17): Lampreas, apocalipse nuclear e o problema do cabalo
12/02/2017 Duración: 58minO biólogo da USC Antón Barreiro emprega lampreas e peixes cebra com modelos para estudar a rexeneración das lesións de medula espinal. No Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo o grupo de Concepción Serrano emprega nanotecnoloxía para facer un by-pass electrónico da parte seccionada da medula. Na sección de Ciencia e Cinema o Martin Pawley analiza o tratamento do nuclear nas películas de mediado o século XX. Na Chave de Cristal os mais novos invitados a Efervesciencia preséntannos o problema do cabalo. Damos a solución a #ulowicho
-
Cocolitóforos con Débora Iglesias
11/02/2017 Duración: 23minOs cocolitóforos son microalgas que forman parte do fitoplancto. Posúen no seu interior placas de calcita (carbonato cálcico) que facilitan a súa detección dende o espazo. Os cocolitóforos absorven dióxido de carbono (CO2) mediante a fotosíntese. Cando morren sedimentan no fondo dos océanos é os depositos de carbonato cálcico contribúen á liberación deste gas. O aumento das concentracións de dióxido de carbono na atmosfera pola queima de combustibles fósiles esta a acidificar os mares. Deste xeito, faise difícil a supervivencia de corais e outros organismos con esqueletos de carbonato cálcico. Con estas premisas os científicos pensaban que as placas de calcita do cocolitoferos irían a menos. O cal era unha boa noticia, xa que suporía este fitoplancto sería un sumidoiro de CO2. No entanto, a investigadora viguesa do Centro Nacional de Oceanografía de Southampton Débora Iglesias acaba de demostrar en Science que a maior concentración de CO2, mais grosas son as placas de calcita nestas microalgas. Isto implica
-
Enerxía sustentable e desinfección solar con Ángeles López Agüera e Elvira Ares
11/02/2017 Duración: 32minDesinfectar auga poñéndoas ao sol en botellas de plástico? Levar electricidade os puntos máis illados do planeta? Conversamos con Elvira Mazás do grupo de microorganismos patóxenos e con Ángeles Lópe Agüera do grupo de Aplicacóns Enerxéticas Sostibles da USC. Entrevista emitida o 24 de nadal de 2010
-
María Wonenburger
11/02/2017 Duración: 29minÚnica entrevista audiovisual que concedeu a alxebrista María Wonenburger, nai matemática da teoría de Kac-Moody . Foi emitida o 14 de xullo de 2017 no programa 39 de Efervesciencia.
-
Consorcio de bacterias con Lynn Margulis
11/02/2017 Duración: 24minLynn Margulis é a primeira Doutora Honoris Causa pola Universidade de Vigo. Moitas das súas ideas forman parte xa dos libros de texto. Aínda que tamén defende ideas polémicas sobre o neodarwinismo que están fóra do consenso científico. Margulis é a autora da teoría da endosimbiose. Partes da célula son, en realidade, bacterias que no proceso evolutivo se asociaron tan intimamente á célula que chegaron a perder a súa individualidade. Na entrevista descubrimos que cando Margulis ve, por exemplo, unha vaca está a ver cousas nas que os demáis non caemos. Serán as vacas en realidade contedores con patas de quilos e quilos de bacterias?! Entrevista emitida o 25-3-2007 no Efervesciencia 24
-
É Curie un modelo axeitado na aula? con Mari Lires
11/02/2017 Duración: 27minMari Lires é investigadora en didáctica das ciencias experimentais na Universidade de Vigo, e especialista en historia da ciencia, educación e xénero. Con ela conversamos sobre os modelos (e as ausencias) de científicas na aula. Entrevista emitida o 16-4-11 no programa Efervesciencia 166.
-
Atlas de entoación con Elisa Fernández Rei e Adela Martínez
11/02/2017 Duración: 26minA filóloga Elisa Fernández Rei e a matemática Adela Martínez comparten despacho no Instituto da Lingua Galega da USC, e non so iso senón tamén liña de investigación sobre a entoación do galego. Entrevista emitida o 12-10-13 no Efervesciencia 257