Efervesciencia
Cocolitóforos con Débora Iglesias
- Autor: Vários
- Narrador: Vários
- Editor: Podcast
- Duración: 0:23:39
- Mas informaciones
Informações:
Sinopsis
Os cocolitóforos son microalgas que forman parte do fitoplancto. Posúen no seu interior placas de calcita (carbonato cálcico) que facilitan a súa detección dende o espazo. Os cocolitóforos absorven dióxido de carbono (CO2) mediante a fotosíntese. Cando morren sedimentan no fondo dos océanos é os depositos de carbonato cálcico contribúen á liberación deste gas. O aumento das concentracións de dióxido de carbono na atmosfera pola queima de combustibles fósiles esta a acidificar os mares. Deste xeito, faise difícil a supervivencia de corais e outros organismos con esqueletos de carbonato cálcico. Con estas premisas os científicos pensaban que as placas de calcita do cocolitoferos irían a menos. O cal era unha boa noticia, xa que suporía este fitoplancto sería un sumidoiro de CO2. No entanto, a investigadora viguesa do Centro Nacional de Oceanografía de Southampton Débora Iglesias acaba de demostrar en Science que a maior concentración de CO2, mais grosas son as placas de calcita nestas microalgas. Isto implica