Efervesciencia

  • Autor: Vários
  • Narrador: Vários
  • Editor: Podcast
  • Duración: 477:49:25
  • Mas informaciones

Informações:

Sinopsis

Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?

Episodios

  • As batallas da minería de datos con Izaskun Lacunza

    11/02/2017 Duración: 14min

    Izaskun Lacuna, directora executiva da Liga de Bibliotecas Europeas, cóntanos como o acceso por minería de datos a información científica na Unión Europea está limitada polas leis de copyright. Entrevista con Eva Rodríguez da Axencia SINC emitida o 1-2-14 no Efervesciencia 272.

  • Mates e volcáns con Rosa Sobradelo

    11/02/2017 Duración: 26min

    A Rosa Sobradelo sempre lle apaixonaron as matemáticas… e as ciencias da terra. Antes de conseguir o seu sono esta rianxeira fixo empresariais, estudou matemáticas en New York, traballou de bioestatística nun hospital, en Wall Street para JP Morgan Chase,… Ata que asentou en Londres onde é investigadora do Departamento de Ciencias da Terra no University College de Londres. Alí aplica os seus coñecementos matemáticos á vulcanoloxía, creando modelos de perigosidade e risco que axuden a tomar decisións en caso de erupcións, como a da Illa de El Hierro nas Canarias. Entrevista emitida o 25-1-15 no programa 312 de Efervesciencia.

  • Os mundos de Phill K. Dick con María Vázquez

    11/02/2017 Duración: 27min

    "Se atopan vostedes malo este mundo deberían ver algún dos outros" Philip K. Dick Da man da doutora en historia do cine María Vázquez coñecemos como se traducen en imaxes os mundos do escritor de ciencia ficción Philip K. Dick. As cousas non son o que semellan.

  • Cartografía da Vía Láctea con Minia Manteiga

    11/02/2017 Duración: 23min

    Conversamos coa astrofísica da Universidade da Coruña Minia Manteiga da misión da ESA Gaia. Esta entrevista pertence ao programa 365 emitido o 2-10-16. Gaia está a realizar a cartografía máis precisa ata o momento da nosa galaxia.

  • Son ambiente de #ulowicho. Pista 3/5

    08/02/2017 Duración: 29s

    Así soa o epicentro do sitio no que se agocha Wicho cos seus nativos dixitais. Esta é a pista 3 das 5 que imos dar. Javier Pedreira "Wicho" presenta en Efervesciencia o seu libro "Los nativos digitales no existen" desde un lugar secreto. Se cres saber onde estamos poderás participar no sorteo dun exemplar do libro asinado polo autor. Envía a túa resposta por twitter coa etiqueta #UloWicho? ou cólgaa no noso facebook ata o 10 de febreiro. http://www.ivoox.com/desde-onde-presenta-wicho-los-nativos-digitales-no-audios-mp3_rf_16831580_1.html

  • O nobel Torsten Wiesel na Coruña

    06/02/2017 Duración: 09min

    Coñecemos ao premio nobel Torsten Wiesel e o director do laboratorio de Neurobioloxía da Universiadade Rockefeller Charles Gilbert ao seu paso pola Coruña invitados pola Fundación Corbi.

  • Por que debemos celebrar o día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia?

    06/02/2017 Duración: 13min

    As investigadoras de materiais Verónica Salgueiriños (Universidade de Vigo) e Mª José Calderón (CSIC) explícannos os motivos polos que o 11 de febreiro é o día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. www.11defebrero.org

  • Efer 383 (5-2-17): Educar para o mundo dixital

    05/02/2017 Duración: 56min

    Secuestramos a Javier Pedreira "Wicho" nun lugar secreto para a sección "Un autor, un libro, un espazo". Wicho non nos canta a Traviata pero si nos conta como é o libro que vén de coordinar "Los nativos digitales no existen". Falamos de como educar, acompañar e aplicar o sentido común na cultura dixital que nos toca vivir. Escoitamos tamén as intervencións de diferentes coautores do libro: @susanalluna @genisroca @eparquiodelgado @nuriaoliver @mininacheshire Coñecemos ao premio nobel Torsten Wiesel e o director do laboratorio de Neurobioloxía da Universiadade Rockefeller Charles Gilbert ao seu paso pola Coruña invitados pola Fundación Corbi. As investigadores Dolores Salgueiriños e Mª José Calderón preséntannos a iniciativa 11defebrero.org para celebrar o día da nena e a muller na ciencia.

  • Desde onde presenta Wicho 'Los nativos digitales no existen'?

    05/02/2017 Duración: 27min

    Javier Pedreira "Wicho" presenta en Efervesciencia o seu libro "Los nativos digitales no existen" desde un lugar secreto. Se cres saber onde estamos poderás participar no sorteo dun exemplar do libro asinado polo autor. Envía a túa resposta por twitter coa etiqueta #UloWicho? ou cólgaa no noso facebook ata o 10 de febreiro. Daremos pistas todos os días. Secuestramos a Javier Pedreira "Wicho" nun lugar secreto para a sección "Un autor, un libro, un espazo". Wicho non nos canta a Traviata pero si nos conta como é o libro que vén de coordinar "Los nativos digitales no existen". Falamos de como educar, acompañar e aplicar o sentido común na cultura dixital que nos toca vivir. Escoitamos tamén as intervencións de diferentes coautores do libro: @susanalluna @genisroca @eparquiodelgado @nuriaoliver @mininacheshire

  • Confusións e timos ao redor da auga

    01/02/2017 Duración: 15min

    O catedrático de química-física da USC José Vázque Tato repasa casos históricos de mala ciencia relacionados coa auga, ademáis de varios timos que podemos atopar na rede, algúns deles surrealistas.

  • GCiencia desmonta unha agua alcalina milagreira

    01/02/2017 Duración: 11min

    Da man de Eduardo Rolland de GCiencia sabemos dun calote de xerras de auga alcalina que intenta utilizar o prestixio das universidades galegas. Manuel Collado, investigador do IDIS explícanos porque a curación por bebidas alcalinas ten cero base científica.

  • Augas residuais: fonte de bioplásticos e enerxía, con Juan Lema Rodicio

    31/01/2017 Duración: 27min

    Con Juan Lema Rodicio - catedrático de enxeñería química da USC - repasamos a historia do tratamento de augas residuais. Desde a cloaca máxima dos romanos ata as posibilidades actuais da enxeñería ambiental. Os últimos desenvolvementos pescudan converter as depuradoras en biorefinerías da que podamos obter bioplásticos e todo tipo de materiais.

  • Efer 382 (29-1-17): Augas limpas, augas falsas e augas timo

    31/01/2017 Duración: 56min

    Monográfico dedicado ás augas. Co catedrático de enxeñería química Juan Lema Rodicio achegámonos á historia e presente da depuración da augas. Da man de Eduardo Rolland de GCiencia sabemos dun calote de xerras de auga alcalina que intenta utilizar o prestixio das universidades galegas. Manuel Collado, investigador do IDIS explícanos porque a curación por bebidas alcalina ten cero base científica. E finalmente o catedrático de química-física da USC José Vázque Tato repasa casos históricos de mala ciencia relacionados coa auga, ademáis de varios timos que podemos atopar na rede.

  • Que imos ter nos ceos en 2017? [Guía do Ceo]

    23/01/2017 Duración: 12min

    Os nosos estreleiros, Martin Pawley e Irene Baspino, cóntannos que nos imos atopar nos ceos no 2017: planetas, eclipses e ata misións espaciais.

  • Eloxio do horizonte con @deborahciencia

    23/01/2017 Duración: 11min

    Descubrimos o "Eloxio do horizonte" de Eduardo Chillida a través da ollada artística e científica de Deborah García Bello. Esta escultura está feita cun formigón aluminoso que non se pode utilizar en construción, pero aquí ten un sentido...

  • Estimulación cerebral non invasiva con Javier Cudeiro

    23/01/2017 Duración: 28min

    O noso encéfalo funciona con electricidade, e con técnicas como a estimulación magnética transcraneal é posible incidir na actividade de zonas concretas do cerebro para tratar doenzas como a depresión. Desde o "Centro Tecnolóxico de Formación do INIBIC repasamos a historia das técnicas de estimulación cerebral non invasiva co catedrático de neurofisioloxía da Universidade da Coruña Javier Cudeiro. En que doenzas hai evidencias científicas positivas? Cales son as perspectivas destas técnicas? E se se empregan en persoas sas como neuromellora?

  • Efer 381 (22-1-17): Estimulación cerebral con imáns

    23/01/2017 Duración: 55min

    O catedrático de neurofisioloxía da Universidade da Coruña, Javier Cudeiro, ven de poñer en marcha o Centro de Estimulación Cerebral non invasiva de Galicia. O noso encéfalo funciona con electricidade, e con técnicas como a estimulación magnética transcraneal é posible incidir na actividade de zonas concretas do cerebro para tratar doenzas como a depresión. Deborah Garcia Bello, @dimetilsulfuro, explícanos a ciencia que hai atras do "Eloxio do horizonte" de Eduardo Chillida. Os nosos estreleiros - Pawley e Baspino - anticípanos o que vai a acontecer nos ceos este 2017.

  • Unha cafeteira Nespresso, tecnoloxía punta para investigar solos

    16/01/2017 Duración: 12min

    Un equipo do departamento de Química Analítica da Universidade de Valencia ven de demostrar que unha simple cafeteira Nespresso pode extraer tan eficientemente contaminantes de solos como equipos que custan 50.000 €. Conversamos con Frances Esteve.

  • A vacina do Ébola é eficaz. E agora quen a fabrica?

    16/01/2017 Duración: 13min

    A revista Lancet deu a coñecer que a efectividade da vacina do Ébola probada en África Occidental é do 100%. Para debullar esta nova contamos con César Muñoz Fontela, director do laboratorio de virus emerxentes do Instituto Heinrich Pete (Hamburgo-Alemaña). Fontela traballa en África no terreo desde o Laboratorio Móbil Europeo e lanza unha pregunta inquietante: Quen vai asumir a fabricación da vacina a partires de agora?

  • Poñer cancelas aos ríos. Inundacións con Jerónimo Puertas

    16/01/2017 Duración: 24min

    Con Jerónimo Puertas, catedrático de enxeñería hidráulica da UdC, conversamos sobre as causas das inundacións dos ríos galegos. Gaspar Broullón, produtor do filme documental "Esquece Monelos", cóntanos como unha cidade pode engulir un río.

página 33 de 43