Efervesciencia

  • Autor: Vários
  • Narrador: Vários
  • Editor: Podcast
  • Duración: 475:45:23
  • Mas informaciones

Informações:

Sinopsis

Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?

Episodios

  • "Non toques os meus círculos" de Artello Teatro

    25/01/2016 Duración: 02min

    Como recomendación da nosa axenda de eventos científicos destacamos a representación no MUNCYT de A Coruña de "Non toques os meus círculos" por parte da compañía de teatro Artello.

  • Entrevista a Javier Montenegro: Atravesar a membrana

    25/01/2016 Duración: 22min

    Somos quen de percibir uns 10.000 olores diferentes. Mesmo aínda que non saibamos como se chamar. Foi curioso descubrir que toda esta tonalidade de cheiros a podemos recoñecer empregando unicamente uns 300 receptores dentro do noso nariz. Isto significa que cada cheiro ten un patrón característico: un tanto por cento do receptor 1, outro tanto do 2, … e así ata completar un código de barras de 300 números. Entrar e saír da célula non é fácil. Cómpre atravesar a membrana celular, e para iso as substancias teñen que ter os papeis en regra. O complicado que polo de agora non sabemos moi ben en que consiste. Por exemplo, os péptidos poden ser moi útiles para transportar substancias no interior da célula. Sabemos sintetizalos pero non predicir se van ser quen de atravesar a membrana. Javier Montenegro investigador Ramón y Cajal do CIQUS vén de gañar un prestixiosa bolsa Starting Grant do European Research Council. Montenegro vai sintetizar novos péptidos coa fin de coñecer os diferentes patróns químicos que debe

  • Os segredos do programa de divulgación 'Éche así'

    25/01/2016 Duración: 13min

    Gaspar Broullón e David Ballesteros cóntannos o que hai atrás da cámara do programa de televisión de divulgación científica Éche Así: as pezas mais complicadas, a máquina infernal, ...

  • Qubiotech: Unha spin-off que axuda ao teu médico a ver o teu cerebro

    25/01/2016 Duración: 13min

    Aínda que parece incrible os escáneres cerebrais analízanse na práctica clínica a ollo cando se trata de comparar zonas afectadas por doenzas dexenerativas. No eido da investigación existen ferramentas de análise, pero son demasiado complexas e caras para o día a día dun hospital. Conscientes desta necesidade investigadores do grupo de Medicina Nuclear e Imaxe Molecular do CHUS co apoio da Fundación Ramón Domínguez fundaron a empresa de base tecnolóxica QuBioTech. Agora veñen de gañar o premio de transferencia tecnolóxica 2015 da Real Academia Galega de Ciencias co produto IQ-Brain que en nada entrará na súa fase de comercialización. Conversamos con Jesús Silva e Daniel Fernández, coordinador de I+D e xerente respectivamente de QuBioTech.

  • Efer 339 (24-01-16): Un contrasinal oloroso para entrar na célula

    24/01/2016 Duración: 58min

    O investigador do @CIQUSUSC Javier Montenegro vén de gañar unha prestixiosa bolsa Starting Grant do ERC. Van crear un modelo olfactivo para predicir que substancias poden atravesar a membrana celular. Conversamos con Jesus Silva e Daniel Fernández de @qubio para coñecer IQ-Brain. Acabouse iso de analizar os escáneres cerebrais a ollo. Gaspar Broullón e David Ballesteros cóntannos o hai atrás da cámara do @ECHE_asi. A compañía Artello presenta "Non me toques os meus círculos"

  • Entrevista a Francisco Mójica - descubridor do CRISPR - e a Anxo Vidal

    18/01/2016 Duración: 18min

    O investigador do CIMUS Anxo Vidal é un feliz usuario da técnica de edición xenetica CRIPR-Cas9. O descubrimento do ano 2015 segundo Science. Francisco Mójica profesor da Universidade de Alicante foi o primeiro en identificar a secuencia CRISPR en procariotas. No seu momento as revistas como Nature o PNAS non aceptaron o seu paper. Actualmente existe un consenso en cualificar os descubrimentos de Mójica como fundamentais no desenvolvemento desta técnica que esta a revolucionar os laboratorios. Na conversa cos dous investigadores coñecemos as múltiples caras do CRISPR-Cas9.

  • Efer 338 (17-1-16): As ciencias adiantan que é unha barbaridade co CRISPR

    17/01/2016 Duración: 57min

    Primeiro programa da novena tempada de Efervesciencia. Monográfico dedicado ao mellor da ciencia dos últimos meses con @deborahciencia @borjatosar @dabelbi @CesarGoldi e @AvoaEinstein. Risas e cantos nun programa irreproducible. Conversamos con Anxo Vidal do @cimususc e Francisco J. M. Mójica da Universidade de Alacante. As investigacións básicas en ADN de procariotas de Mójica desenvolveron un papel clave no descubrimento do CRISPR o achado do ano segundo Science. Agora a Avoa de Einstein xe sabe o que son as "Repeticións palindrómicas curtas agrupadas e regularmente espazadas"

  • Avance Efer 338: Avoa, Galileo e os crispis

    15/01/2016 Duración: 02min

    Iniciamos a 9ª tempada de Efervesciencia e chamamos directamente á Avoa de Einstein ao alén xusto cando se dispón a comer un churrasco ...

  • Ciencia para andar por casa: Augas minero-medicinais

    07/01/2016 Duración: 05min

    Bibiana García Visos explícanos como se determinan as augas minero-medicinais, como as do manancial de As Lombas de Catoira. Intervén Antonio Borrel director científico do Laboratorio Oliver Rodés.

  • Entrevista a Jorge Simón Izquierdo

    07/01/2016 Duración: 10min

    Neste programa especial desde Catoira son os nosos invitados Jorge Simón Izquierdo autor de “Os Viquingos en Galicia” e a Manuel Isorna, doutor en psicoloxía e técnico de servizos sociais do Concello de Catoira. Jorge Simón ten lido as fontes nórdicas na súa linguaxe orixinal.

página 43 de 43