Efervesciencia

  • Autor: Vários
  • Narrador: Vários
  • Editor: Podcast
  • Duración: 475:45:23
  • Mas informaciones

Informações:

Sinopsis

Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?

Episodios

  • 'Todo es cuestión de química' con @deborahciencia

    28/02/2016 Duración: 14min

    Presentamos en primicia o libro de Déborah García Bello "Todo es cuestión de química" desde un lugar secreto relacionado coa ciencia. Adiviña onde estamos e participa no sorteo dun exemplar do libro. Envía a túa resposta por twitter coa etiqueta #ondeestáDeborah? ou cólgaa no noso facebook ata o 4 de marzo. O sitio é moi concreto. Daremos pistas todos os días.

  • Efervesciencia 344 (28-2-16): Inmunoloxía

    28/02/2016 Duración: 56min

    Os inmunólogos traballan en como reforzar as defensas do noso organismo e non empregan iogures precisamente. A catedrática de inmunoloxía da Universidade de Vigo África González cóntanos os seus traballos para mellorar a vacina da tuberculose e o uso da nanotecnoloxía nesta disciplina. No noso Circo de Bacterias de Esteban Fernández Moreira coñeceremos avances na loita contra a malaria que saíron do coñecemento indíxena. Saberes que foron validados polo método científico e que agora son patrimonio da humanidade. Linneo chamou á quina Cinchona officinalis e esqueceu ao seu descubridor o indio Pedro Leyva. Deborah García Bello preséntanos en primicia o seu libro "Todo es cuestión de química", pero desde onde? Eva Rodriguez de SINC conversa co creador de Eucatool, o profesor de enxeñaría agroforestal da USC Alberto Rojo.

  • Libro: "Altamira vista por los españoles" de Xurxo Ayán

    22/02/2016 Duración: 16min

    "Esta escritura ha sido creada para entretener a todos esos vagos tocahuevos que solo saben que hacer que leer gilipolleces como estas para pasar el tiempo" O arqueólogo Xurxo Ayán mergullouse nas 15000 páxinas do libro de visitas das covas de Altamira. Unha auténtica fotografía sen censuras da sociedade española actual e a súa relación co patrimonio. Froito deste traballo naceu o libro "Altamira vista por los españoles" de JAS Arqueología Editorial, unha mestura de ensaio, antoloxía do disparate e muro de facebook.

  • Ignacio Ribas Marqués homenaxeado no Día da Ciencia en Galicia 16

    22/02/2016 Duración: 10min

    Da man do catedrático emérito de Química Orgánica da USC Luis Castedo coñecemos ao químico Ignacio Ribas Marqués, protagonista do Día da Ciencia en Galicia promovido pola Real Academia Galega de Ciencias.

  • A historia xenética dos Austrias e os Darwin por Gonzalo Álvarez

    22/02/2016 Duración: 25min

    Entrevistamos ao catedrático de xenética da USC Gonzalo Álvarez. Con el conversamos de historia, arte e xenética. Álvarez leva anos estudando as dinastías reais europeas - comezando polos Austrias españois - como laboratorio de consanguinidade. Este fenómeno de matrimonios entre parentes non é exclusivo da realeza, senón que lle pregunten a Darwin ou 1 de cada dez habitantes deste planeta.

  • Efer 343 (21-2-16): Unha mirada científica á historia

    21/02/2016 Duración: 55min

    "A historia é a ciencia do que nunca sucede dúas veces" Paul Valéry As veces para estudar a historia cómpre mirar mais aló das fontes canónicas. Como a catedrático de xenética da USC Gonzalo Álvarez que emprega as dinastías reais europeas como laboratorio para estudar a consanguinidade. Este fenómeno de matrimonios entre parentes non é exclusivo da realeza, senón que lle pregunte a Darwin ou 1 de cada dez habitantes deste planeta. Xurxo Ayán fai arqueoloxía no libro de visitas das covas de Altamira. Tamén coñecemos ó químico Ignacio Ribas Marqués protagonista do Día da Ciencia en Galicia promovido pola Real Academia Galega de Ciencias. Programa íntegro.

  • Ondas gravitacionais con José Edelstein

    15/02/2016 Duración: 20min

    O descubrimento das ondas gravitacionais foi portada de todos os xornais, e non é para menos. Cen anos despois da predición de Einstein abrimos unha nova xanela para coñecer o universo. O experimento LIGO puido rexistrar as ondas gravitacionais xeradas polo choque de dous buratos negros hai 1300 millóns de anos. O físico teórico e divulgador José Edelstein contextualiza para Efervesciencia este descubrimento. Sacade as sabas para simular o tecido espazo-tempo.

  • Convivir con robots? Entrevista a Senén Barro

    15/02/2016 Duración: 27min

    Os robots están aquí para quedarse. Sabemos convivir con eles? Subiriamos a un avión pilotado por unha máquina? Vannos quitar o traballo? Como aprenden? Conversamos con Senén Barro, catedrático de Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial da USC.

  • Detectar o ollo seco

    15/02/2016 Duración: 08min

    Carlos García Resúa da facultade de Óptica da USC explícanos as funcións das lágrimas, as súas investigación para a mellora da diagnose do ollo seco, e como un pestanexo a tempo diante dunha pantalla pode evitar problemas oculares.

  • Efer 342 (14-2-16): Convivir con robots e ondas gravitacionais

    14/02/2016 Duración: 58min

    A interferencia de ondas empregouse para detectar por primeira vez as ondas gravitacionais polo experimento LIGO. Curiosamente o mesmo fenómeno que empregan os ópticos para diagnosticar o ollo seco. José Edelstein debúllanos o descubrimento das ondas gravitacionais e Carlos García Resúa explícanos as funcións das lágrimas, e como un pestanexo a tempo diante dunha pantalla pode evitar problemas oculares. Os robots están aquí para quedarse. Sabemos convivir con eles? Subiriamos a un avión pilotado por unha máquina? Vannos quitar o traballo? Como aprenden? Conversamos con Senén Barro, catedrático de ciencia da computación e intelixencia artificial da USC.

  • Innovando: FAZ e turismo científico

    12/02/2016 Duración: 05min

    A empresa innovadora FAZ Cultura e Desenvolvemento aposta pola potencialidade do turismo científico.

  • SINC: Os raposos galegos como bioindicadores

    12/02/2016 Duración: 15min

    Os raposos galegos acumulan baixos niveis de metais pesados. Este é un traballo do profesor de toxicoloxía da Universidade de Extremadura Marcos Pérez recollido pola axencia SINC.

  • Astrofotografía: APOD en galego e Dani Caxete

    12/02/2016 Duración: 10min

    A tradución galega do APOD da NASA vai celebrar o seu 5º aniversario. Falamos con Dosi Veiga, tradutor, e Dani Caxete, astrofotógrafo galego con 4 APODs. Caxete cóntanos as dificultades que tivo para convencer á famosa web de fotografía astronómica de que a súa última creación foi realizada dun único disparo.

  • Entrevista a Aitor Sánchez, @midietacojea

    12/02/2016 Duración: 26min

    Neste episodio efervescente entrevistamos ao dietista-nutricionista Aitor Sánchez, autor de Midietacojea, para falar dos fallos das mensaxes nutricionais que nos chegan de cote. En moitos casos o coñecemento actual en nutrición non ten que ver co que levamos escoitando durante décadas. Hai alimentos bos e malos? Vale a pena contar calorías? É o mesmo dieta equilibrada ca dieta san?

  • Os 4 novisimos da táboa períódica

    12/02/2016 Duración: 12min

    Iniciamos 2016 con 4 novos inquilinos oficiais na táboa periódica. Son elementos artificiais radioactivos de vida tan efémera que nalgúns casos só se preparou un so átomo! Logo de anos de verificacións a IUPAC decidiu completar a sétima fila da táboa periódica. O catedrático emérito de Química Inorgánica da USC Manolo Bermejo cóntanos todo o que hai atrás destes descubrimentos.

  • Efer 341 (7-2-16): A nosa dieta coxea

    07/02/2016 Duración: 01h05s

    Neste episodio efervescente entrevistamos a Aitor Sánchez @midietacojea para falar dos fallos das mensaxes nutricionais que nos chegan de cote. En moitos casos o coñecemento actual en nutrición non ten que ver que que levamos escoitando durante décadas. Hai alimentos bos e malos? Vale a pena contar caloría? É o mesmo dieta equilibrada ca dieta san? Comer antes a froita? A tradución galega do APOD da NASA vai celebrar o seu 5º aniversario. Falamos con Dosi Veiga, tradutor, e Dani Caxete, astrofotógrafo galego con 4 APODs. Caxete cóntanos as dificultades que tivo para convencer á famosa web de fotografía astronómica de que a súa última creación foi realizada dun único disparo. Os raposos galegos acumulan baixos niveis de metais pesados. Este é un traballo do profesor de toxicoloxía da Universidade de Extremadura Marcos Pérez recollido pola axencia SINC. A empresa innovadora FAZ Cultura e Desenvolvemento aposta pola potencialidade do turismo científico.

  • Blanca Laffón: A seguridade das nanopartículas

    05/02/2016 Duración: 07min

    Blanca Laffon da Universidade da Coruña analizou a toxicidade de nanopartículas de óxido de ferro. Con este traballo o seu equipo gañou o premio Ernesto Vieitez Cortizo da Real Academia Galega de Ciencias na modalidade de investigadores senior.

  • Axenda feminista de científicas galegas

    05/02/2016 Duración: 04min

    Inés García Seijo preséntanos a axenda feminista de investigadoras galegas do Observatorio da Mariña pola Igualdade. Casualmente un programa de Efervesciencia estivo na orixe da idea ...

  • Entrevista a Javier Guitián: Biodiversidade do Courel, xanzá,...

    05/02/2016 Duración: 26min

    Na entrevista central desta edición efervescente conversamos co catedrático de botánica da USC Javier Guitián. A serra do Courel leva décadas despoboándose con gran impacto negativo no noso patrimonio cultural. Pero, esta perda de poboación afecta tamén á riqueza biolóxica? A outra protagonista da nosa entrevista é a xanzá. Esta planta tense empregado para o amargo do vermú, e polo que nos comentou un oínte é unha das favoritas do poeta Manuel María. En Galicia ten a particularidade de que é alaranxada en vez de amarela, por que? Tamén coñecemos os proxectos educativos do CPI Poeta Uxío Novoneyra da man da profesora de bioloxía Lourdes Sotelo.

  • Efer 340 (31-1-16): Courel de alaranxadas xanzás

    31/01/2016 Duración: 57min

    A maior biodiversidade de Galicia atópase concentrada no 5% do territorio. No Courel podemos atopar o 40% das plantas galegas. Por outro lado, a serra do Courel leva décadas despoboándose con gran impacto negativo no noso patrimonio cultural. Pero, esta perda de poboación afecta tamén á riqueza biolóxica? Na entrevista central desta edición efervescente conversamos co catedrático de botánica da USC Javier Guitián. Tamén coñecemos os proxectos educativos do CPI Poeta Uxío Novoneyra da man da profesora de bioloxía Lourdes Sotelo. Inés García Seijo preséntanos a axenda feminista de investigadoras galegas do Observatorio da Mariña pola Igualdade. Blanca Laffon da Universidade da Coruña analizou a toxicidade de nanopartículas de óxido de ferro. O catedrático emérito de química inorgánica da USC Manolo Bermejo debulla para nós os 4 últimos elementos da táboa periódica.

página 42 de 43