Efervesciencia

  • Autor: Vários
  • Narrador: Vários
  • Editor: Podcast
  • Duración: 475:45:23
  • Mas informaciones

Informações:

Sinopsis

Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?

Episodios

  • Wicherías: ExoMars, Naukas Coruña e Nativos Dixitais

    03/04/2016 Duración: 13min

    Sección do microsiervo Wicho, Javier Pedreira, emitida no Efer 349 (3-4-16)

  • Efer 349 (3-4-16): O peixe cubista desvela o seu xenoma

    03/04/2016 Duración: 55min

    Se hai un animal picassiano por excelencia, ese é o rodaballo. Este peixe é plano, vive camuflado nos fondos mariños e ten os dous ollos situados na cara que apunta á superficie. Os equipos de Paulino Martínez (USC) e Antonio Figueras (IIM-CSIC) veñen de secuenciar o xenoma do rodaballo, un peixe cuxos misterios xa obrigaron ao mesmiño Darwin a falar del na súa sexta edición da "Orixe das Especies". Wicho tráenos as útlimas novas da misión ExoMars, preséntanos Naukas Coruñas e nos anticipa libro sobre os nativos dixitais (que no existen). Realizamos un pequeno anticipo sonoro de Regueifas de ciencia con @jmmulet @BlancaRuibal @joseluisyela

  • Efer 348 (27-03-15): Unha mirada á escuridade

    27/03/2016 Duración: 54min

    "Se atopan vostedes malo este mundo deberían ver algún dos outros" Philip K. Dick Da man da doutora en historia do cine María Vázquez coñecemos como se traducen en imaxes os mundos do escritor de ciencia ficción Philip K. Dick. As cousas non son o que semellan. "O perigo das mascotas nas illas" é a última produción de Divulgare. Unha realidade incómoda que nos contan Luis Navarro e Iván Rodríguez Arós "Esfenodón". Pablo López de Gciencia preséntanos o concurso "Contar a Ciencia"

  • Solución #ondeestáMira

    27/03/2016 Duración: 02min

    Desvelamos onde estaba Jorge Mira e sorteamos o exemplar de "¿A que altura está o ceo"

  • Agora si Portugal: Centro Ciencia Viva de Guimarães

    26/03/2016 Duración: 07min

    "Curtir a ciencia" e o lema do novo centro interactivo de ciencia de Guimarães. Con Silvio Mendes da Asociación "Viver a Ciência" facemos unha achega rápida a cultura científica en Portugal.

  • Efer 347 (20-3-16): Formigóns armados

    20/03/2016 Duración: 56min

    "A veracidade dos materiais de construción: formigón, ladrillos e pedra manterase en tódolos edificios construídos ou por construír" Le Corbusier Con Manuel Herrador do Grupo de Investigación en Construción da Universidade de A Coruña falamos sobre a historia do formigón armado. Emilio Molina denuncia o perigo das pseudoterapias que sosteñen que toda enfermidade se cura coa mente. Desvelamos #ondaestáMira. Coñecemos o alcance do último gran descubrimento de Atapuerca, a secuenciación de ADN nuclear de restos da Sima dos Osos de hai 430.000 anos, da man do paleantropólogo Ignacio Martínez da Universidade de Alcalá. @silviomendes de @viveraciencia Preséntanos o centro @cienciaviva de Guimarães.

  • A dendroarqueóloga Marta Domínguez Delmás

    17/03/2016 Duración: 25min

    A dendrocronoloxía é algo mais que contar aneis nas árbores. A dendroarqueóloga da USC Marta Domínguez Delmás estuda a orixe e datación de restos arqueolóxicos de madeira empregando técnicas dendrocronolóxicas. Esta investigadora participa na acción Marie Sklodowska-Curie ForSeaDiscovery que pescuda o uso da madeira nos imperios ibéricos na época dos descubrimentos. Por outro lado Marta Domínguez ven de publicar en PNAS unha validación de naufraxios como proxy dos furacáns no Caribe. Con sorpresa climática incluída.

  • Rodeados de resortes [Ciencia para andar por casa]

    16/03/2016 Duración: 10min

    Bibiana García Visos axúdanos a coñecer a ciencia que hai nas nosas casas. Vos decatastes que estamos rodeados de resortes?

  • Aberto o concurso de relatos "Ciencia que Conta 16"

    16/03/2016 Duración: 05min

    O Concurso de relatos inspirados na ciencia "Ciencia que conta" chega a súa 8ª edición. Prepara lápis e papel para participar. Hai categorías de escolares e de público xeral. Os finalistas verán as súas obras en papel. Ademais os de Efervesciencia faremos as nosas recreacións radiofónicas dos relatos gañadores. Prazo aberto durante o mes de marzo.

  • Solución #ondeestáDeborah

    16/03/2016 Duración: 02min

    Resolvemos o misterio de "Onde está Deborah" e sorteamos un exemplar de "Todo es cuestión de química"

  • '¿A que altura está o ceo?' con Jorge Mira

    14/03/2016 Duración: 17min

    Jorge Mira presenta en Efervesciencia o seu segundo libro "¿A que altura está o ceo?". A conversa facémola desde un desde un lugar secreto relacionado coa ciencia. Adiviña onde estamos e participa no sorteo dun exemplar do libro asinado polo autor. Envía a túa resposta por twitter coa etiqueta #ondeestáMira? ou cólgaa no noso facebook ata o 18 de marzo. O sitio é moi concreto. Daremos pistas todos os días.

  • Efer 346 (13-3-16): Dendroarqueoloxía

    13/03/2016 Duración: 57min

    Nesta edición efervescente coñeceremos á dendroarqueóloga da USC Marta Domínguez Delmás. Os aneis das árbores proporcionan unha información valiosa que pode servir desde para saber como se forxaron os imperios navais español e portugués ata pra coñecer indirectamente a influencia das manchas solares na frecuencia de furacáns tropicais. Con Bibiana García Visos sorprendémonos dos usos dos resortes. Presentamos o libro de Jorge Mira: ¿A que altura está o ceo?. Se queres participar no sorteo dun exemplar so tes que dicirnos #ondeestámira? nas redes sociais.

  • O Atlántico cada vez máis ácido con Maribel G. Ibañez

    13/03/2016 Duración: 18min

    Coa baixada do pH do Atlántico Norte perigan os arrecifes de coral de augas frías en poucas décadas. Conversamos coa investigadora do Instituto de Investigacións Mariñas - CSIC Maribel García Ibañez sobre a medición e efectos das emisións de CO2 nos océanos.

  • Postal Planetaria: Bowie

    11/03/2016 Duración: 14min

    Nova Postal Planetaria de Borja Tosar. Poñédevos cómodos que imos viaxar ao espazo coa música de David Bowie.

  • Al-Kimia: O Videoxogo da química

    10/03/2016 Duración: 10min

    Alguén vén de roubar antigos documentos que conteñen o saber científico da humanidade. Zósimo e os seus acólitos queren destruílos para sumir a humanidade nunha época de escurantismo e ignorancia. Serás quen de atopar as páxinas perdidas do diario antes de que o faga o representante do mal? Estamos encantados de facer a presentación mundial do videoxogo Al-kimia. E non foi un gran estudio que tivo a boa idea de facer un videoxogo no que esta de fondo a historia da química, senón a facultade de química da USC. Conversamos coa súa decana Pilar Bermejo, e Beatriz Legerén que é profesora de videoxogos no departamento de comunicación audiovisual da Universidade de Vigo.

  • Efer 345 (6-3-16): Acidificación dos nosos océanos

    06/03/2016 Duración: 57min

    "Se os océanos da nosa terra morreran sería a mais formidable das catástrofes na historia atormentada do home e dos demais animais que con el comparten este planeta" Jacques Custó Cando o afamado documentalista dos mares escribiu isto aínda non sabiamos que o 30% do CO2 que botamos á atmosfera vai parar os océanos e que por iso son cada vez máis ácidos. Maribel García Ibáñez do Instituto de Investigacións Mariñas - CSIC estuda á evolución da acidez no Atlántico Norte. Nunhas poucas décadas poden desaparecer os arrecifes de augas frías. Facemos a presentación mundial do videoxogo Al-Kimia, damos a coñecer a nova convocatoria do concurso de ralatos Ciencia que Conta, desvelamos #ondaestáDeborah? e vamos de Postal Planetaria con David Bowie e Borja Tosar.

  • Unha cebra de auga nos laboratorios con Laura Sánchez Piñón

    04/03/2016 Duración: 28min

    Conversamos coa catedrática de xenética da USC Laura Sánchez Piñón. Preséntanos as investigacións que realizan no grupo ACUIGEN utilizando como modelo ao peixe cebra. Un exemplo delas son as súas pescudas en xenotransplantes e toxicidade de nanopartículas. Tamén falamos con Lois Anxo Rodríguez Calvo do CPI San Sadurniño do proxecto "Unha cebra na auga". Entrevista emitida o 12-4-15 no programa Efer 323.

  • A malaria e o indio Pedro Leyva: Circo de Bacterias

    03/03/2016 Duración: 11min

    No noso Circo de Bacterias de Esteban Fernández Moreira coñeceremos avances na loita contra a malaria que saíron do coñecemento indíxena. Saberes que foron validados polo método científico e que agora son patrimonio da humanidade. Linneo chamou á quina Cinchona officinalis e esqueceu ao seu descubridor o indio Pedro Leyva.

  • Xestión forestal na nube con Eucatool

    03/03/2016 Duración: 06min

    Alberto Rojo, profesor do departamento de Enxeñería Agroforestal da Universidade de Santiago preséntanos Eucatool, unha aplicación dixital para estimar a produción das plantacións de eucalipto. Con Eva Rodríguez da Axencia SINC.

  • Novas estratexias inmunolóxicas con África González

    03/03/2016 Duración: 22min

    A catedrática de inmunoloxía da Universidade de Vigo África González cóntanos os seus traballos para mellorar a vacina da tuberculose e o uso da nanotecnoloxía nesta disciplina. Tamén lembramos a figura de César Milstein, premio nobel de medicna, con quen África estivo 4 anos como investigadora de postdoutoramento.

página 41 de 43