Efervesciencia

  • Autor: Vários
  • Narrador: Vários
  • Editor: Podcast
  • Duración: 475:45:23
  • Mas informaciones

Informações:

Sinopsis

Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?

Episodios

  • Previa do xeolodía 16

    03/05/2016 Duración: 08min

    Falamos cos organizadores en cada provincia galega do "Geolodía 16", desde a visita ás "praias" da Fonsagrada ata o imperial monte Pindo, pasando polas Pozas de Melón e o campus da Universidade de Vigo. O "Geolodía" é unha iniciativa da "Sociedade Xeolóxica de España"

  • Todo sobre o tránsito de mercurio

    03/05/2016 Duración: 10min

    Na Guía do Ceo de maio de 2016 os nosos estreleiros Martin Pawley e Irene Baspino cóntannos todo o que hai que saber do vindeiro tránsito de mercurio do 9 de maio.

  • Efer 353 (1-5-16): Medindo a enerxía escura desde Javalambre

    01/05/2016 Duración: 57min

    #geolodía16 @CajalWinter2016 #observatorioJavalambre #tránsitomercurio

  • Polbos, espectadores vulnerables nas Cíes

    26/04/2016 Duración: 13min

    O documental "Un espectador vulnerable" recolle o traballo de estudo e protección dos polbos realizado no proxecto "Cefaparques". Documentase con imaxes por primeira vez casos de canibalismo en Octupus Vulgaris na natureza. No ámbito de protección defende a necesidade de crear zonas de reserva para a conservación deste e outros cefalópodos. Conversamos con Ángel Guerra, director do grupo de investigación EcoBiomar do IIM-CSIC.

  • Criptografía para comparar listaxes de pasaxeiros

    26/04/2016 Duración: 06min

    É posible saber se un pasaxeiro sospeitoso vai voar en avión sen desvelar a listaxe de pasaxeiros? Si. Aplicando tecnoloxías criptográficas Gradiant, o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia, vén de desenvolver unha ferramenta para compartir listaxes de pasaxeiros sen violar a privacidade dos mesmos.

  • Innovando: H2 Hydroponics

    26/04/2016 Duración: 07min

    Na ISS cultívanse leitugas mediante hidroponía. En Galicia temos empresas como H2 Hydroponics.

  • Parola con Xurxo Mariño e Iolanda Casal sobre a divulgación galega

    26/04/2016 Duración: 21min

    Dámoslle un repaso de arriba a abaixo a divulgación científica en Galicia da man do neurocientífico Xurxo Mariño e a xornalista Iolanda Casal, poñentes do último informe do Consello da Cultura Galega, que precisamente se dedicou a este tema.

  • Efer 352 (24-4-16): Radiografía á divulgación galega

    24/04/2016 Duración: 57min

    Neste programa íntegro facémoslle unha radiografía á divulgación científica en Galicia da man de Xurxo Mariño e Iolanda Casal, coñecemos o proxecto de conservación de cefalópodos Cefaparques, explicamos como se pode garantir a privacidade e seguridade dos pasaxeiros dos avións e ao tempo compartir listas de sospeitosos de terrorismo, e presentamos a unha empresa pioneira na hidroponía en Galicia.

  • Adianto "A Divulgación da Ciencia en Galicia"

    19/04/2016 Duración: 06min

    Xurxo Mariño convida aos oíntes de Efervesciencia á presentación do informe "A Divulgación da Ciencia en Galicia" no Consello da Cultura Galega

  • Premios de transferencia de tecnoloxía da RAGC

    19/04/2016 Duración: 06min

    O presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Miguel Ángel Ríos, preséntanos os II Premios de Transferencia de Tecnología en Galicia.

  • Epixenética con Roberto Agis

    19/04/2016 Duración: 26min

    A epixenética é a ponte que une a xenética co medio. Por exemplo, só cunha dieta diferente actívanse 500 xenes nas abellas que acaban diferenciando ás raíñas das obreiras. Conversamos co neuroepixenetista Roberto Agís, investigador Ramón y Cajal no Instituto de Investigación Biomédica de Vigo.

  • Efer 351 (17-4-16): Un post-it sobre o xenoma

    17/04/2016 Duración: 42min

    Imaxinemos que lle damos a dúas persoas un mecano xunto coas súas instrucións. Nun dos manuais introducimos aleatoriamente post-it que non deixan ler parte do texto. Probablemente os resultados finais sexan diferentes aínda que partindo das mesmas instrucións. Dun xeito similar funciona a epixenética. Conversamos co neuroepixenetista Roberto Agís, investigador Ramón y Cajal no Instituto de Investigación Biomédica de Vigo. O presidente da Real Academia Galega de Ciencias, Miguel Ángel Ríos, preséntanos os II Premios de Transferencia de Tecnología en Galicia. Xurxo Mariño convídanos á presentación do "Informe sobre a divulgación da ciencia en Galicia" no Consello da Cultura Galega.

  • Emmy Noether en "Entrevisas no alén"

    14/04/2016 Duración: 14min

    Esta tarde en Efervesciencia contaremos coa raíña das simetrías, porque este é o único programa do mundo mundial que conta con liña directa co alén onde moran as mentes mais privilexiadas da historia mentres os seus corpos crían malvas dous metros baixo terra. Da nosa convidada dixo Albert Einstein que foi o mais significativo dos xenios matemáticos creativos desde que se estableceu a educación superior para as mulleres. Hoxe en entrevistas no Alén, Emmy Noether. Emitido o 5-4-15.

  • Guia do ceo abril 16: Novidades en contaminación luminosa

    10/04/2016 Duración: 15min

    Retomamos a nosa Guía do Ceo cos nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley. Deste volta abordamos as novidades sobre contaminación luminosa en Galicia dos últimos meses

  • A orixe da vida con Carlos Briones

    10/04/2016 Duración: 28min

    "Hai unha diferenza de 2500 millóns de anos entre a aparición da vida e a da morte na terra" Carlos Briones Conversamos en profundidade con bioquímico Carlos Briones (Centro de Astrobioloxía INTA-CSIC) sobre a orixe da vida ao fío do seu libro "Orígenes: el universo, la vida, los humanos" coescrito con José Mª Bermúdez de Castro e Alberto Fernánez Soto, con quen tamén falamos.

  • O cabo Ortegal está niquelado

    10/04/2016 Duración: 08min

    A contorna do cabo Ortegal presenta altos niveis naturais de niquel e cromo segundo os estudos do grupo de Bioxeoquímica Mariña do IIM-CSIC. Ricardo Prego cóntanos como este coñecemento pode axudar á xestión ambeintal e sanitaria.

  • Efer 350 (10-4-16): Na busca da orixe da vida

    10/04/2016 Duración: 56min

    As últimas teorías sobre a orixe da vida apuntan a que puido ter lugar nunha especie de "lasaña" prebiótica. Conversamos a fondo co bioquímico Carlos Briones do INTA-CSIC sobre a orixe da vida no noso planeta. Ricardo Prego é bioxeoquímico do IIM-CSIC. O seu equipo ven de analizar os metais pesados na contorna do cabo Ortegal. Os nosos estreleiros contánnos as novidades en Galicia na loita contra a contaminación luminosa.

  • 'Contar a ciencia' por GCiencia

    05/04/2016 Duración: 10min

    Pablo López de GCiencia, o portal galego da Ciencia, fálanos do concurso de xornalismo científico "Contar a Ciencia". Esta terceira edición foi presentada cunha aula aberta do xenetista Ángel Carraceda na facultade de Ciencias da Comunicación da USC.

  • Sexo dos peixes e xenoma do rodaballo con Paulino Martínez e Antonio Figueras

    05/04/2016 Duración: 30min

    O sexo dos peixes é infinitamente máis interesante e complicado ca o dos anxos. Conversamos con Paulino Martínez Portela, catedrático de xenética da facultade de veterinaria da USC e coordinador do Grupo Acuigen, xenética para a acuicultura e para conservación de recursos biolóxicos. Acuigen xunto co Centro Nacional de Análise Xenética de Barcelona, e o Instituto de Investigacións Mariñas veñen de publicar a secuenciación xenética do primeiro vertebrado realizada en España, o rodaballo. Antonio Figueras do IIM-CSIC cóntanos o complicado que é traballar desde distintas institucións científicas.

  • Avance da primeira Regueifa Científica: transxénicos

    04/04/2016 Duración: 09min

    Regueifas de Ciencia son debates intelixentes sobre temas apaixonantes. A USC apadriña este novo formato de divulgación inspirado nos debates estilo Oxford. Dous poñentes por cada bando e un tema polémico. Con votación e preguntas do público en directo A primeira Regueifa versará sobre: Son os transxénicos unha opción valida? Avance con J. M. Mulet, José Luis Yela, Blanca Ruibal e Laura Sánchez Piñón.

página 40 de 43