Efervesciencia

  • Autor: Vários
  • Narrador: Vários
  • Editor: Podcast
  • Duración: 475:45:23
  • Mas informaciones

Informações:

Sinopsis

Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?

Episodios

  • Carta ás estrelas, poema de Manuel Maria

    24/05/2016 Duración: 02min

    Carta ás estrelas de Manuel María na voz de Belén Regueira e con música do Juanjo Fernández Quinteto. Visto no blogue da Agrupación IO.

  • De como a curiosidade astronómica axudou ao nacemento do cinema [Ciencia e Cinema]

    24/05/2016 Duración: 12min

    Iniciamos sección de Ciencia e Cinema con Martin Pawley. A primeira entrega ten este suxestivo título "De como a curiosidade astronómica axudou ao nacemento do cinema. E de como o cinema axudou ao progreso da astronomía". Viaxaremos desde o revólver fotográfico de Janssen ata o filme "Barrabás" con eclipse incluída.

  • Cociña con Ciencia con Pepe Solla e Graciela Ramilo

    24/05/2016 Duración: 11min

    Estás listo para cociñar - con ciencia - con Pepe Solla? Cociñar non é outra cousa que facer química nun laboratorio que todos temos nas nosas casas, pero un factor que se nos esquece as veces é que debemos facelo con seguridade. E este é obxectivo do proxecto de divulgación "Cociña con Ciencia" do grupo de Microbioloxía e Tecnoloxía de Produtos Mariños do IIM-CSIC con apoio da FECYT.

  • II andaiana pola esclerose múltiple [Axenda]

    24/05/2016 Duración: 01min

    Rosa Villar preséntanos a segunda carreira e andaina pola esclerose múltiple organizada pola Asociación Compostelana de EM

  • Novos e vellos virus con Carmen Rivas

    24/05/2016 Duración: 23min

    Que se coñece do ébola, zika e outros virus? Por que estamos agora máis expostos aos virus emerxentes? Conversamos coa viróloga do @cimususc Carmen Rivas que estuda vulnerabilidades do ébola en colaboración co Laboratorio de Virus Emerxentes que dirixe César Muñoz Fontela en Hamburgo. Este laboratorio do Leibniz Institute for Experimental Virology é un dos poucos en Europa con nivel de bioseguridade P4.

  • Efer 356 (22-5-16): Virus emerxentes

    22/05/2016 Duración: 58min

    Son os virus emerxentes unha moda ou un perigo real? Conversamos coa viróloga do @cimususc Carmen Rivas que estuda vulnerabilidades do ébola en colaboración co Laboratorio de Virus Emerxentes que dirixe César Muñoz Fontela en Hamburgo. Este laboratorio do Leibniz Institute for Experimental Virology é un dos poucos en Europa con nivel de bioseguridade P4. A cociña é un laboratorio de química que todos temos na nosa casa. Co programa "Cociña con Ciencia" do @iim_csic coordinado por Graciela Ramilo podes cociñar co gran Pepe Solla e aprender a facelo con seguridade alimentaria. Inauguramos sección de ciencia e cine con @pawley co capítulo "De como a curiosidade astronómica axudou ao nacemento do cinema e de como o cinema axudou ao progreso da astronomía".

  • A ciencia de Superman con Borja Tosar

    17/05/2016 Duración: 13min

    Destripamos a ciencia de Superman con Borja Tosar. Atención á súa hipótese da vexiga voadora de enerxia escura do home de aceiro.

  • O negro na arte con Deborah García Bello

    17/05/2016 Duración: 10min

    Déborah García Bello cóntanos que é posible explicar toda a historia da arte co uso do negro en cada movemento artístico. Grazas á nanotecnoloxía agora dispomos do negro mais negro de todos os negros. Pero so un artista, Anish Kapoor, ten os dereitos en exclusiva para empregar esta cor...

  • Relato CQC 10: "Os segredos do Chii"

    17/05/2016 Duración: 06min

    Dramatización do concurso Ciencia que Conta 2016. “Os segredos do Chii” de Celia Duran. Primeiro premio na categoría de Público Xeral. Locución Anxo Quintela e Susana Rois

  • Casting televisivo para "Científicas en Biomedicina"

    16/05/2016 Duración: 03min

    A miniserie de televisión "De maior quero ser científica" busca nenas e investigadoras. Esta miniserie pertence ao proxecto "Científicas en Biomedicina" coordinado pola investigadora do INIBIC Joana Magalhães

  • Nin Idade, nin Media con Antonia de Oñate

    16/05/2016 Duración: 24min

    A Idade Media considérase unha época da historia chea de sombras que apenas aportou nada á humanidade. Unha época de transición de 1000 anos? A historiadora Antonia de Oñate reflexiona criticamente sobre os mitos da Idade Media. Oñate tamén é directora xeral de "ARP-Sociedad para el avance del pensamiento crítico"

  • Efer 355 (15-5-16): Negro

    15/05/2016 Duración: 58min

    O cliente pode escoller o coche da cor que queira, sempre a cando sexa negro (Henry Ford) Déborah García Bello cóntanos que podiamos explicar toda a historia da arte co uso do negro en cada momento. Que obras se poderán facer con negro mais negro de todos? Asóciase á Idade Negra a uns séculos escuros. A historiadora Antonia de Oñate emprega o pensamento crítico para derribar tópicos sobre esta época. Destripamos a ciencia de Superman con Borja Tosar. Atención á súahipótese da vexiga voadora de enerxia escura do home de aceiro. Joana Magalhaes busca nenas e cienfícias nun casting para a minserie de televisión "Científicas en biomedicina".

  • Efer 354 (8-5-16): Gala Ciencia que Conta 16

    08/05/2016 Duración: 56min

    Retransmitimos a gala de entrega de premios do concurso de relatos científicos "Ciencia que Conta" na súa oitava edición organizada polo grupo Divulgatia. Dramatizamos os relatos gañadores.

  • Relato CQC 16: 'O xenio que non foi figura'

    08/05/2016 Duración: 06min

    Dramatización do concurso Ciencia que Conta 2016. “O xenio que non foi figura” de Paula Xirasola (Paula Fernández Rodríguez) Primeiro premio na categoría de Público Xeral. Locución Anxo Quintela.

  • Relato CQC 16: "Ondiñas do mar de Vigo"

    08/05/2016 Duración: 07min

    Dramatización do concurso Ciencia que Conta 2016. “Ondiñas do mar de Vigo” de Mar Sola Sanmartín do IES Politécnico de Vigo. Primeiro premio na categoría de Bacharelato e Ciclos FP. Locución Belén Regueira.

  • Relato CQC 16: 'A ombros de xigantes'

    08/05/2016 Duración: 07min

    Dramatización do concurso Ciencia que Conta 2016. “A ombros de xigantes” de Manuel Francisco Lamela Gómez do Instituto Basanta Silva de Vilalba. Primeiro premio na categoría de Educación Secundaria Obligatoria. Locución César Góldi e Pepe Carreira.

  • Relato CQC 16: "O doador doado"

    08/05/2016 Duración: 02min

    Dramatización do concurso Ciencia que Conta 2016. “O doador doado” de Lucas López Sanmartín do CEIP de Ponte Sampaio. Primeiro premio na categoría de Educación Primaria. Locución Cristina García.

  • No Cajal Winter de Sanxenxo III

    06/05/2016 Duración: 04min

    Levamos os nosos micrófonos ao Cajal Winter que se veu de celebrar en Sanxenxo organizado pola Sociedad Española de Neurociencia. Ali conversamos con neurocientíficos da talla de Kia Nobre (Universidade de Oxford), Jose Abad Rodríguez (Hospital Nacional de parapléjicos) e Javier Mínguez (Universidad de Zaragoza e Bit Brain Technologies).

  • No Cajal Winter de Sanxenxo II

    05/05/2016 Duración: 02min

    Levamos os nosos micrófonos ao Cajal Winter que se veu de celebrar en Sanxenxo organizado pola Sociedad Española de Neurociencia. Ali conversamos con neurocientíficos da talla de Kia Nobre (Universidade de Oxford), Jose Abad Rodríguez (Hospital Nacional de parapléjicos) e Javier Mínguez (Universidad de Zaragoza e Bit Brain Technologies).

  • No Cajal Winter de Sanxenxo I

    05/05/2016 Duración: 02min

    Levamos os nosos micrófonos ao Cajal Winter que se veu de celebrar en Sanxenxo organizado pola Sociedad Española de Neurociencia. Ali conversamos con neurocientíficos da talla de Kia Nobre (Universidade de Oxford), Jose Abad Rodríguez (Hospital Nacional de parapléjicos) e Javier Mínguez (Universidad de Zaragoza e Bit Brain Technologies).

página 39 de 43