Efervesciencia

Efer 356 (22-5-16): Virus emerxentes

Informações:

Sinopsis

Son os virus emerxentes unha moda ou un perigo real? Conversamos coa viróloga do @cimususc Carmen Rivas que estuda vulnerabilidades do ébola en colaboración co Laboratorio de Virus Emerxentes que dirixe César Muñoz Fontela en Hamburgo. Este laboratorio do Leibniz Institute for Experimental Virology é un dos poucos en Europa con nivel de bioseguridade P4. A cociña é un laboratorio de química que todos temos na nosa casa. Co programa "Cociña con Ciencia" do @iim_csic coordinado por Graciela Ramilo podes cociñar co gran Pepe Solla e aprender a facelo con seguridade alimentaria. Inauguramos sección de ciencia e cine con @pawley co capítulo "De como a curiosidade astronómica axudou ao nacemento do cinema e de como o cinema axudou ao progreso da astronomía".