Efervesciencia

  • Autor: Vários
  • Narrador: Vários
  • Editor: Podcast
  • Duración: 475:45:23
  • Mas informaciones

Informações:

Sinopsis

Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?

Episodios

  • Ondas gravitacionais e o motor de curvatura con Alcubierre

    20/06/2016 Duración: 12min

    LIGO ven de descubrir a súa segunda onda gravitacional. O físico mexicano Miguel Alcubierre describiu en 1994 como poderíamos facer para surfear estas ondas gravitacionais e viaxar a velocidades hiperlumínicas ao máis puro estilo Star Trek.

  • Diabesidade con Sulay Tovar

    20/06/2016 Duración: 18min

    A epidemia actual de obesidade está moi relacionada co aumento de casos de diabetes II na pobuación. O grupo Diabesidade do CIMUS-USC que dirixe Sulay Tovar estuda os mecanismos que emprega o corpo para facer o balanzo enerxético e por que poden fallar.

  • Xuício á fonética forense con @mcatanzaro e Jordi Cicres

    20/06/2016 Duración: 26min

    Inocentes condenados por unha mala peritaxe de voz, técnicas forenses desfasadas, peritos sen formación,... o proxecto de investigación xornalística Hearing Voices expón as eivas da fonética forense ao longo do continente. Conversamos co xornalista freelance Michele Catanzaro e con Jordi Cicres, director do ForensicLab da Universidade Pompeu Fabra sobre que as posibilidades e limitacións desta disciplina.

  • Efer 360 (19-6-16): Culpable ou inocente por unha identificación de voz

    19/06/2016 Duración: 58min

    A identificación dunha voz nun xuízo está moi lonxe de ter a fiabilidade das probas de ADN. A investigación xornalística Hearing Voices pon enriba da mesa as limitacións e posibilidades da fonética forense. Conversamos co xornalista freelance Michele Catanzaro e con Jordi Cicres, director do ForensicLab da Universidade Pompeu Fabra. A epidemia actual de obesidade está moi relacionada co aumento de casos de diabetes II. O grupo Diabesidade que dirixe Sulay Tovar estuda os mecanismos que emprega o corpo para facer o balanzo enerxético e por que poden fallar. LIGO ven de descubrir a súa segunda onda gravitacional. O físico mexicano Miguel Alcubierre describiu en 1994 como poderíamos facer para surfear estas ondas gravitacionais e viaxar a velocidades hiperlumínicas ao puro estilo Star Trek.

  • Que gañan os investigadores coa divulgación? con @ScientiaJMLN

    15/06/2016 Duración: 16min

    Un investigador que escribe un blog de divulgación científica pode recibir retornos inesperados. Cando o bioquímco José Manuel López Nicolás visitou Santiago en 2014 para participar nunha charla de divulgación en EEEP-Compostela atopouse cunha solicitude de entrevista por parte de Ismael Martínez, responsable de proxectos de Feiraco. Martínez coñeceu a existencias as ciclodextrinas de Nicolás grazas ao seu blog de divulgación. E este foi o inicio dunha proveitosa colaboración científica.

  • De como un auténtico Leeuvenhoek rematou en Galicia con Tomás Camacho

    15/06/2016 Duración: 24min

    O único microscopio Leewenhoek autentificado do mundo pertence á colección dos médicos Pallas-Camacho. Actualmente se exhibe no Museo de Historia Natural da USC xunto cun exemplar de Micrographia de Robert Hook. O doutor Tomás Camacho cóntanos como adquiriu esta xoia en e-bay pola que pedían 50 €. Unha historia fascinante onde as haxa. Tamén conversamos co restaurador de artesanía e instrumentos científicos Rafael San Marcial.

  • Arbores fluorescentes no Circo de Bacterias

    14/06/2016 Duración: 11min

    Cos xenes dunhas bacterias fluorescentes é posible crear árbores que brillan na noite ou novos sistemas criptográficos. Novo Circo de Bacterias con Esteban Fernández Moreira.

  • Efer 359 (12-6-16): O misterio do microscopio atopado na lama

    12/06/2016 Duración: 57min

    Contamos a incrible historia do microscopio atopado na lama, vendido en e-bay por 50€ e valorado como o mais valioso dos microscopios históricos. O coleccionista galego Tomás Camacho saltou do súa cadeira cando veu un lote de barateiras nunha poxa de e-bay. Agora é o propietario do único microscopio autentificado de Leeuwenhoek. No "Circo de bacterias" de Esteban Fernández Moreira coñeceremos como xenes fluorescentes de bacterias poden acabar en árbores ou para cifrar mensaxes. A divulgación tamén pode retroalimentar a investigación. Un caso real é o de José Manuel López Nicolas, @scientiaJMLN, e Ismael Martinez, responsable de proxectos de Feiraco.

  • Leeuwenhoek en Entrevistas no Alén

    12/06/2016 Duración: 14min

    "Na miña boca hai mais seres vivos que en todos os Paises Baixos" Entrevistamos ao pai da microscopía en Entrevistas no Alén. A sección na que conversamos cos grandes investigadores de todos os tempos.

  • O ladrón de esperma

    05/06/2016 Duración: 04min

    Dramatización dun fragmento de "O ladrón de esperma" de Xavier Queipo. Este texto inpirouse na tese de doutoramento de Adolfo Cordero sobre o comportamento reprodutor e análise da selección sexual na libélula Ischnura graellsii (entrevista anexa)

  • Loita de sexos nas libélulas con Adolfo Cordero

    05/06/2016 Duración: 26min

    O comportamento sexual dos cabaliños do demo é tan fascinante que leva a investigadores como Adolfo Cordero - Laboratorio de Ecoloxía Evolutiva e da Conservación da Universidade de Vigo - a viaxar por todo o mundo para estudalo. A guerra pola selección sexual non remata no coito, senón que despois poden pasar moitas cousas...

  • Regueifa de ciencia: Debemos cambiar o fuso horario?

    05/06/2016 Duración: 10min

    Avance da Regueifa de Ciencia: Debemos cambiar o fuso horario? A favor: José Mª Fernández Crehuet (ARHOE) e Francisco Jorquera (BNG). En contra: Jorge Mira (USC) e José Mª Matín Olalla (U. Sevilla).

  • "Atrapado nun cumulonimbo" con Bea Hervella

    05/06/2016 Duración: 12min

    A meteoróloga Bea Hervella de 4gotas.com cóntanos o estraño caso do piloto que quedou atrapado nun cumulonimbo e outras curiosidade meteorolóxicas

  • Efer 358 (5-6-16): Sexodiversidade

    05/06/2016 Duración: 57min

    Nesta edición coñeceremos a diversidade sexual das libeliñas da man do investigador da Universidade de Vigo Adolfo Cordero, saberemos do estraño caso dun home atrapado nunha nube con Bea Hervella de 4gotas.com e polemizaremos co fuso horario coas Regueifas de Ciencia.

  • Terapia de vangarda para as nosas mascotas

    01/06/2016 Duración: 26min

    As células nai adultas propias xa curan mascotas. Centauri Biotech é unha empresa de base tecnolóxica galega pioneira no emprego de terapia celular en saúde animal. Manuel Hermida e Luis Mariñas, fundadores de Centauri, explícannos casos de éxito de terapia con células nai, a necesidade de prescrición por parte dos veterinarios, e en que casos están indicadas.

  • A langostilla, mellor no prato

    01/06/2016 Duración: 06min

    Seguro que nunca probaches a langostilla, un marisco que estamos tirando literalmente pola borda. No Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC o investigador Santiago Aubourg pon coñecemento para evitar este descarte pesqueiro.

  • Buda, a lúa e o sesgo de publicación

    01/06/2016 Duración: 05min

    Un estudio suízo en Current Biology amosa "por primeira vez a existencia dun ritmo lunar no sono". Na actualidade hai centos de traballos - con mostraxes moi pequenas - que falan dos beneficios do mindfullnes. Sen embargo, hai algo que non cadra...

  • IBSEN simula o comportamento humano e ti podes participar

    29/05/2016 Duración: 13min

    Anxo Sánchez (Grupo de Sistemas Complexos da Carlos III) cóntanos que buscan voluntarios para experimentos on-line sobre economía simultáneos con miles de persoas. E ademais pagan! O proxecto IBSEN H2020 pretende crear un simulador do comportamento humano.

  • Efer 357 (29-5-16): As células nai xa curan á túa mascota

    29/05/2016 Duración: 57min

    Comezamos falando de Buda, a lúa e o sesgo de publicación. As células nai adultas propias xa curan mascotas, pero Manuel Hermida e Luis Mariñas de Centauri Biotech advirten que non son milagreiras. Seguro que nunca probaches a langostilla, un marisco que estamos tirando pola borda. No @iim_csic o investigador Santiago Aubourg pon coñecemento para evitar este descarte pesqueiro. Pódese deseñar un simulador do comportamento humano nun sistema conectado? Este é o obxectivo de @IBSEN_H2020. Anxo Sánchez cóntanos que buscan voluntarios para experimentos on-line sobre economía simultáneos con miles de persoas. E ademais pagan!

  • A maior cámara do mundo busca a materia escura desde Teruel

    28/05/2016 Duración: 22min

    Ramón Iglesias Marzoa é astrónomo técnico no observatorio astrofísico de Javalambre en Teruel do Centro de Estudos de Física do Cosmos de Aragón. Desde alí van facer unha completa cartografía 3D do ceo para medir a enerxía escura. Para iso van empregar a maior "cámara fotográfica" xamais construída.

página 38 de 43