Efervesciencia

  • Autor: Vários
  • Narrador: Vários
  • Editor: Podcast
  • Duración: 475:45:23
  • Mas informaciones

Informações:

Sinopsis

Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?

Episodios

  • Quen era Julio Palacios?

    28/09/2016 Duración: 05min

    A curiosidade non matou o gato,senón que sen curiosidade atrofiamos un chisco a nosa mente. Curiosidade como a que tivo o investigador do Instituto de Quimica-Física Rocasolano do CSIC, Josep Mª Oliva cando se dedicou a revisalos números da revista Alemá Annalen der Physik do ano 1926 cando Schrodinguer, o do gato, publicou a fórmula da súa famosa ecuación da función de ondas. Entre estes artigos de Annalenk, Oliva atopou un asinado por un español, un tal Julio Palacios. Pescudando neste personaxe descoñecido pra el, reparou que este investigador esquecido era un dos mais grandes científicos españois do século XX. Pra homenaxear á figura deste físico celebrouse este verán na Universidade da Coruña o primeiro simposio internacional Julio Palacios.

  • Helfgott, o matemático que deixou o campo base

    28/09/2016 Duración: 14min

    O matemático Harald Helfgott resolveu a conxetura feble de Goldbach que levaba aberta desde 1742. Agora xa é un teorema que di que todos os números impares pódense expresar por suma de tres números primos. Conversamos con Helfgott no reitorado da UDC en Coruña no I Simposio Julio Palacios.

  • Ordenadores cuánticos con Ignacio Cirac

    27/09/2016 Duración: 12min

    O ordenador cuántico non existe. Aínda. Pero o día que se consiga crear, os códigos criptográficos actuais, entre eles o da túa tarxeta de crédito, quedarán obsoletos. Na teoría sabemos como se podería construír unha desas máquinas - capaz de resolver problemas que se lle quedan grandes aos superordenadores actuais - pero na práctica os sistemas cuánticos se resisten a deixarse manipular. Un dos científicos que máis ten contribuído á carreira do ordenador cuántico é Ignacio Cirac, do Instituto Max Plank de Óptica Cuántica. Conversamos con Cirac aproveitando o seu paso por A Coruña no I Simposio Julio Palacios.

  • Palabras pentavogálicas [A chave de cristal]

    27/09/2016 Duración: 05min

    Que é A Chave de Cristal? Entre outras cousas unha nova sección efervescente na que imos presentarvos enredos e adiviñas para facer pensar. Xosé Luis Veiga Goy é o mestre de cerimonias e nos deixa un reto para ir quentando neuronas apto para pequenos e grandes: Envíanos as túas frases con palabras pentavogálicas ás nosas redes ou a efervesciencia@gmail.com

  • Concurso de Tuinguels

    27/09/2016 Duración: 11min

    Manda un chío cunha letra pegadiza sobre a cultura científica para que se converta na nosa melodía #tuinguel Conversamos co compositor Manuel Riveiro e co director do coro Encaixe Manuel Abraldes que serán os encargados de converter os textos gañadores en auténticos jingles musicais. Prazo ata as 24 horas do 12 de outubro de 2016. Todas as bases en http://blogs.crtvg.es/efervesciencia/concurso-de-tuinguels/

  • Efer 364 (25-9-16): Palacios, Cirac e Helfgott

    24/09/2016 Duración: 58min

    Este verán celebrouse na Universidade de A Coruña o primeiro simposio internacional Julio Palacios. E ata alí levamos os nosos micros para conversar con mentes brillantes como o especialista en computación cuántica Ignacio Cirac ou o matemático Harald Helfgott que resolveu unha conxetura que levaba aberta desde 1742. Ademais tamén poremos a proba a vosa creatividade con dous concursos que inauguraremos hoxe: tuinguels e a Chave de Cristal.

  • O encrucillado da avoa [Promo verán 16]

    23/07/2016 Duración: 59s

    2 horizontal: Estado de grande excitación ou inquietude, de emoción viva, en que se atopa unha colectividade. Sabías que en verán temos sesión dobre efervescente na @radiogalega os sábados e domingos ás 15 h co mellorciño da tempada?

  • Efer 363 (10-6-16): Astronomía para gozar este verán

    13/07/2016 Duración: 57min

    Os nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley preséntannos desde o MUNCYT da Coruña 6 iniciativas de astronomía para todos os públicos para gozar do ceo este verán 2016. Coñecemos o labor do Centro Oceanográfico da Coruña do Instituto Español de Oceanografía da man do seu director, Santiago Parra, e do axudante de investigación, Joaquín Valencia. Ana Latorre Pellicer - investigadora do grupo de medicina xenómica da USC - é a primeira asinante dun artigo que se ven de publicar esta semana en Nature. Neste traballo dan conta da importancia da "sincronización" entre os dous xenomas que portamos nas nosas células - o nuclear e o mitocondrial -cara a un mellor proceso de envellecemento. No MUNCYT da Coruña conversamos co neurocientífico Luís Martínez que é un dos impulsores de Corbi Foundation, unha nova fundación galega que quere impulsar ós mellores investigadores mundiais en biomedicina.

  • 6 suxestións astronómicas para este verán [Guía do Ceo]

    13/07/2016 Duración: 13min

    Os nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley preséntannos desde o MUNCYT da Coruña 6 iniciativas de astronomía para todos os públicos para gozar do ceo este verán 2016.

  • Corbi Foundation con Luis Martínez

    13/07/2016 Duración: 09min

    O mecenado non é algo exclusivo das artes. Tamén na ciencias existen institucións privadas que fan achegas importantes ao mundo da investigación, como por exemplo a fundación Melisa e Bil Gates, ou mais preto de nós a Fundación Pascual Maragall. No MUNCYT da Coruña conversamos co neurocientífico Luís Martínez que é un dos impulsores de Corbi Foundation, unha nova fundación galega que quere impulsar ós mellores investigadores mundiais en biomedicina.

  • De campaña co Oceanográfico da Coruña

    13/07/2016 Duración: 22min

    Coñecemos o labor do Centro Oceanográfico da Coruña do Instituto Español de Oceanografía da man do seu director, Santiago Parra, e do axudante de investigación, Joaquín Valencia.

  • Xenomas sincronizados para envellecer ben

    13/07/2016 Duración: 05min

    Ana Latorre Pellicer - investigadora do grupo de medicina xenómica da USC - é a primeira asinante dun artigo que se ven de publicar esta semana en Nature. Neste traballo dan conta da importancia da "sincronización" entre os dous xenomas que portamos nas nosas células - o nuclear e o mitocondrial -cara a un mellor proceso de envellecemento.

  • Efer 331 (7-6-15): Biocerámicas de dentes de tiburón e outras historias de biomateriais

    11/07/2016 Duración: 56min

    Emprendemos unha viaxe fascinante desde os primeiros implantes dentais nos inicios da nosa época, ata os biomateriais de 3ª xeración que nos achegan á medicina rexenerativa da man da Rede Galega de Biomateriais.

  • Xuvenciencia en AMS Labs

    06/07/2016 Duración: 03min

    En AMS Labs realizan todo tipo de ensaios na roupa que vestimos para que chegue a nós sen fraudes, cumprindo a lexislación e as medidas de seguridade e saúde.

  • Xuvenciencia en Xenética Fontao

    06/07/2016 Duración: 04min

    Acompañamos á rapazada de Xuvenciencia na súa visita á empresa pública Xenética Fontao, de onde parten a maior parte das doses seminais de vacún que se venden en Galicia.

  • Efer 362 (3-8-16): Especial Xuvenciencia

    03/07/2016 Duración: 57min

    Levamos o laboratorio portátil de Efervesciencia ao Campus Científico de Verán Xuvenciencia en Lugo. Compartimos aventuras coa rapazada participante e visitamos con eles desde unha operación nun quirófano ata a selección de seme vacún en Xenética Fontao pasando por unha análise de calidade textil de AMS Lab.

  • Juno xa está as portas de xúpiter con @wicho

    29/06/2016 Duración: 09min

    Wicho cóntanos todos os detalles da misión Juno a Xupiter.

  • Invento para ver ben polo telescopio

    29/06/2016 Duración: 08min

    Se miras por un telescopio e tes astigmatismo non vas ver nada ben as estrelas, a non ser que empregues o ocular que veñen de inventar Justo Arines e Eva Acosta de Óptica e Optometría da USC.

  • Kit de argumentación con Blanca Puig e Christian Plantin

    29/06/2016 Duración: 33min

    Podemos vivir nun mundo sen abellas? Este un dos casos que propón ao alumnado Blanca Puig para ensinar a argumentar cientificamente na aula. Conversamos con Blanca Puig, investigadora en didáctica das ciencias experimentais da USC, e con Christian Plantin, profesor de Ciencias da Linguaxe na Universidade de Lyon 2 e especialista en argumentación.

  • Efer 361 (27-06-16): Aprender a argumentar e razoar científicamente

    27/06/2016 Duración: 58min

    Conversamos con Blanca Puig, investigadora en didáctica das ciencias experimentais da USC, e Christian Plantin, profesor de Ciencias da Linguaxe na Universidade de Lyon 2, en como ensinar a argumentar en ciencias. Se miras por un telescopio e tes astigmatismo non vas ver nada ben as estrelas, a non ser que empregues o ocular que veñen de inventar Justo Arines e Eva Acosta de Óptica e Optometría da USC. Wicho cóntanos todos os detalles da misión Juno a Xupiter.

página 37 de 43