Sinopsis
Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?
Episodios
-
Estudan as cidades de bacterias que tes na boca
07/11/2016 Duración: 09minOs biofilms que crean as bacterias nas nosas bocas son como cidades en miniatura. Se queremos probar a efectividade dos antisépticos orais non abonda, como agora, con ensaialos nunha cápsula petri. Cómpre facelo "in sito" instalando dispositivos na boca. A doutora Isabel Prada cóntanos que con este método os resultados difiren do que se coñecía ata agora.
-
O necrobioma resolve asasinatos [Circo de bacterias]
07/11/2016 Duración: 12minCando morremos ponse en marcha un reloxo bacteriano que agora sabemos interpretar. Circo de Bacterias especial Samaín con Esteban Fernández Moreira.
-
Efer 370 (6-11-16): Pódese previr o alzheimer?
06/11/2016 Duración: 58minJordi Camí é o director xeral da Fundación Pascual Maragall. Polo de agora todos os fármacos desenvolvidos para curar o alzheimer en humanos teñen fracasado. Quizáis se aplican demasiado tarde. As novas estratexias apuntan cara a prevención. O Estudio Alfa da Fundación Pascual Maragall explora esta liña xunto con outros proxectos europeos. En paralelo xorden cuestións éticas ás que cómpre dar resposta. A boa nova é que aparecen indicios de que os elementos de vida saudable que protexen ao corazón tamén teñen efecto como reserva cognitiva. Déborah García Bello amósanos como unha mala publicidade pode encubrir interesantes desenvolvementos en I+D. Facemos un cruce de micros con Falamelide do IES de Melide, unha das radios escolares mais veteranas de Galicia. Entrevistamos ao director do Centro Oceanográfico de Xixón Javier Cristobo.
-
Innovador encapsulante de vidro de seguridade "made in Galicia"
30/10/2016 Duración: 05minO premio de transferencia de tecnoloxía 2016 da Real Academia Galega de Ciencias na modalidade de pemes recaeu en EVASA. Esta empresa fornece a mais de 20 países o polímero que se atopa entre os laminados dos cristais de seguridade. Conversamos con José María González Pardo, conselleiro delegado EVASA.
-
A invención do cristal de seguridade [radioteatro]
30/10/2016 Duración: 05minRecreamos o descubrimento do cristal laminado de seguridade por Édouard Bénédictus en 1903
-
Detección de quorom contra placa dental
30/10/2016 Duración: 07minO boicot da comunicación entre as bacterias é unha estratexia novidosa contra a placa dental. A microbióloga da USC Ana Otero coordina un proxecto multidisciplinar que explora esta vía, e que vén de recibir o premio 2016 de transferencia de tecnoloxía para grupos de investigación da Real Academia de Ciencias.
-
Efer 369 (30-10-16): Por que nos sigue fascinando Verne?
30/10/2016 Duración: 56min"Todo o que unha persoa poida imaxinar, outras poderano facer realidade" O xornalista e historiador Eduardo Rolland é un "verniano" ata a medula. Con el parolamos sobre o creador de "20000 leguas debaixo do mar", a súa visión da ciencia e os científicos e a súa relación con Vigo. Tendemos a asociar ás mareas vermellas con episodios tóxicos, e non é así na maioría das veces. O equipo de Bioimaxe, xunto con Ardora SCG, mergúllanse nas nosas rías para producir o documental "Mareas Vermellas" que conta co asesoramento do investigador do IEO Francisco Rodríguez. Os biofilms que crean as bacterias nas nosas bocas son como cidades en miniatura. Se queremos probar a efectividade dos antisépticos orais non abonda, como agora, con ensaialos nunha cápsula petri. Cómpre facelo "in sito" instalando dispositivos na boca. A doutora Isabel Prada cóntanos que con este método os resultados difiren do que se coñecía ata agora. O necrobioma pode resolver asasinatos. Cando morremos ponse en marcha un reloxo bacteriano que agora s
-
Axenda 368: Crebeiros no Mundo / Beachcombers around the world
27/10/2016 Duración: 02minNa nosa axenda semanal destacamos o encontro "Crebeiros do mundo" que terá lugar no Ceida o 29 e 30 de outubro no CEIDA. Con Isabel García de RetoqueRetro.
-
A enxeñeira de sistemas do telescopio James Webb
26/10/2016 Duración: 08minDesde Houston a enxeñeira de sistemas da NASA Begoña Vila cóntanos coa axuda da Axencia SINC todos os detalles do telescopio espacial James Webb, chamado a ser o substituto do Hubble.
-
Osos polares, formigas e nenos con Alba Aguión
26/10/2016 Duración: 19minVisítanos Alba Aguión, a bióloga mariña gañadora do concurso de comunicación científica Famelab 2016. Coñecemos as súas investigacións e aventuras nas illas Svalbard e a importancia de comunicar ciencia aos mais pequenos.
-
Efer 368 (23-10-16): As cigarras son traballadoras
23/10/2016 Duración: 58minVisítanos Alba Aguión, a bióloga mariña gañadora do concurso de comunicación científica Famelab 2016. Desde Houston a enxeñeira de sistemas da NASA Begoña Vila cóntanos coa axuda da Axencia SINC todos os detalles do telescopio espacial James Webb. Viaxamos ao Paris de 1903 para coñecer como o vidro de seguridade tivo a súa orixe nunha serendipia. Conversamos cos gañadores do Premio de Transferencia de Tecnoloxía 2016 da Real Academia Galega de Ciencias.
-
Efer 367 (16-10-16): A maxia da Noite Efervescente no observatorio de Cotobade convertida en radio
16/10/2016 Duración: 54minPor cuarto ano os de Efervesciencia xunto cos nosos estreleiros argallamos unha noite de observación pública do ceo para todos. Acollidos pola Agrupación Sirio xuntámonos mais de 60 persoas no observatorio astronómico de Cotobade. Ademais de Sirio acompañáronnos os amigos da Agrupación IO e as asociacións Amipa da Comarca do Sar e Chamorro de Narón (Liga Provincial de Clubs de Ocio de Persoas con Discapacidade Intelectual da Coruña). Nesta festa da astronomía para todos tivemos un pouco de lúa, ceo estrelecido e a mellor compaña. Unha experiencia que é posible revivir grazas a maxia da radio.
-
Cédric Villani e a arte das matemáticas
14/10/2016 Duración: 07minAs matemáticas son arte de dar o mesmo nome a cousas diferentes. Coñecemos as declaracións do matemático Cédric Villani na súa visita a Compostela no programa Conciencia, xunto con apuntamentos de Jorge Mira.
-
O oso cavernario sempre volve á cova materna
14/10/2016 Duración: 10minCon Eva Rodríguez de SINC conversamos con Gloria Fernández Fortes da Universidade de Ferrara. A súas investigacións xenéticas veñen de descubrir a fidelidade dos extintos osos cavernarios ás súas covas natais.
-
Illantes topolóxicos con Joaquín Rossier #nobel16
13/10/2016 Duración: 13minCertos estados da materia conducen a electricidade non en función da súa estrutura ou composición senón a súas propiedades matemáticas como o número de buratos que presentan. Joaquín Fernández Rossier, director do proxecto de "Spintrónica do Grafeno" do Laboratorio Ibérico de Nanotecloxía (INL), preséntanos o nóbel de física que se lle concedeu a Thouless, Haldane e Kosterlitz.
-
Máquinas moleculares con Rosa Pedrido #nobel16
13/10/2016 Duración: 11minA nosa colaboradora e profesora de química da USC Rosa Pedrido debúllanos o premio nobel de química 2016 concedido a Stoddart, Sauvage e Feringa polo desenvolvemento das máquinas moleculares.
-
Autofaxia con Ana Mª Cuervo #nobel16
13/10/2016 Duración: 08minAna Mª Cuervo é unha investigadora de referencia en autofaxia no Albert Einstein College of Medicine de Nova Iorque. Ela explícanos o nobel concedido a Yoshinori Ohsumi.
-
Efer 366 (9-10-16): Tres nóbeles e unha medalla Fields
09/10/2016 Duración: 58minDebullamos os nóbeles de ciencia 2016 cos mellores especialistas: - Ana Mª Cuervo é unha investigadora de referencia en autofaxia no Albert Einstein College of Medicine de Nova Iorque. - Joaquín Fernández Rossier dirixe o proxecto de "Spintrónica do Grafeno" do Laboratorio Ibérico de Nanotecloxía (INL) - A nosa colaboradora Rosa Pedrido, profesora de química da USC Con Eva Rodríguez de SINC conversamos con Gloria Fernández Fortes. A súas investigacións xenéticas veñen de descubrir a fidelidade dos extintos osos cavernarios ás súas covas natais. Escoitamos as declaracións do matemático Cédric Villani na súa visita a Compostela no programa Conciencia, xunto con apuntamentos de Jorge Mira.
-
Noite Efervescente e Astrogalicia 2016
07/10/2016 Duración: 04minPresentamos a Noite Efervescente e o Astrogalicia 2016, dúas actividades de astronomía para todos que han ter lugar no observatorio astronómico de Cotobade da agrupación Sirio e no Náutico de Castrelo de Miño. Noite Efervescente é unha iniciativa do programa Efervesciencia da Radio Galega e os seus «estreleiros», e no que participan a Agrupación Astronómica IO e Sirio,e a Liga Provincial de Clubs de Ocio de Persoas con Discapacidade Intelectual da Coruña. A Noite Efervescente 2017 terá lugar no observatorio de Cotobade o sábado 8 de outubro ás 22 h. Estades todos invitados.
-
Efer 365 (2-10-16): A que distancia están as estrelas?
02/10/2016 Duración: 56minEstá ben medida a distancia tradicional ás Pleaides? Que datos achega a misión Gaia? A astrófisica da UdC Minia Manteiga explícanos por que coñecer a distancia as estrelas máis próximas é imprescindible para todas ás áreas da astronomía. Agustín Agra gañou o último Inspiraciencia co relato "Déjà vu" que dramatiza maxistralmente César Goldi. Lluis Montoliu preséntanos o “Acordo de transparencia sobre o uso de animais en experimentación científica en España” . Con Dosi Veiga e Martín Pawley coñecemos como se van levar a cabo o Astrogalicia 16 e a Noite Efervescente, astronomía para todos en Castrelo de Miño e Cotobade.