Sinopsis
Doses de ciencia sen contraindicacións.Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os domingos ás 15 horas.Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Economía e Competividade)Presentado e dirixido por Manuel Vicente. No 2013 recibimos o Prisma de Bronce dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.Aínda non coñeces á Avoa de Einstein?
Episodios
-
De Schiaparelli a "Escacharreli" con @Wicho
04/12/2016 Duración: 09minO noso espazotrastornado confeso Wicho de Microsiervos cóntanos o que hai atrás do accidente en Marte da sonda Schiapareli da ESA
-
'A burbulla da ciencia na tele pinchou' conversa con @mimesacojea
04/12/2016 Duración: 14minConversamos con José Pérez Ledo, @mimesacojea, sobre televisión, divulgación e escepticismo.
-
Como encher un lago con matemáticas, con Elena V. Cendón
27/11/2016 Duración: 26minA simulación numérica permite solucionar problemas da industria, desde como encher o lago das Pontes ata o software co que os químicos estudan os seus compostos. Conversamos con Elena Vázquez Cendón, profesora do grupo de investigación en enxeñería matemática da USC. Coñecemos tamén os traballos dos matemáticos industriais Marcos Loureiro - Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur - e Santi Pontes - Mestre Lab -
-
Forest 112: Unha aplicación para salvar un bosque
27/11/2016 Duración: 11minO proxecto de ciencia cidadá "Forest 112" proporciona unha ferramenta no noso móbil coa que podemos reportar nas nosas saídas ao campo especies invasoras e pragas. Cun pouco de práctica e coa axuda da aplicación aprenderemos a identificar a estes inimigos das nosas fragas. Conversamos con Javier Tabernero de Forest 112.
-
Participa nun experimento cuántico: The Big Bell Test
27/11/2016 Duración: 12minConspiran as partículas cando as medimos? Existe a acción fantasmagórica a distancia? Bohr ou Einstein? Marta García Matos do Instituto de Ciencia Fotónicas (ICFO) explícanos en que consiste o test de Bell e as súas implicacións filosóficas. No proxecto "The Big Bell Test" os xeradores de números aleatorios para realizar os experimentos de óptica cuántica han ser milleiros de voluntarios.
-
Efer 373 (27-11-16): Ciencia cidadá e mates industriais
27/11/2016 Duración: 56minGrazas a ciencia cidadá a xente de a pé podemos achegar o noso pequena colaboración en proxectos de investigación de todo tipo. Nesta edición efervescente presentamos "Forest 112" - monitorización de pragas e especies invasoras nos nosos bosques - e "Big Bell Test" - xeración de números aleatorios para que laboratorios de óptica cuántica leven a cabo o test de Bell - Conversamos con Elena Vázquez Cendón, investigadora do grupo de enxeñería matemática industrial da USC. Grazas á simulación numérica a industria resolve problemas, desde o enchido de lagos como o de As Pontes ata os programas de procesado de datos espectroscópicos que empregan os químicos en todo o mundo.
-
Prismas 2016 [Parte 2]
24/11/2016 Duración: 14minSegunda parte do especial Prismas 2016 desde a Domus con Angel Loureiro (director dos Museos Científicos Coruñeses) e co equipo do Radioscopio (Susana Escudero, Emilio García e José Miguel Álvarez) Prisma ao mellor programa de radio.
-
Prismas 2016 [Parte 1]
24/11/2016 Duración: 24minLevamos o laboratorio portátil de Efervesciencia á Domus na Coruña para coñecer a algúns dos gañadores dos Premios Prismas Casa das Ciencias á divulgación científica 2016. Na primeira parte conversamos co Prisma Especial do Xurado Ángel Roldán da revista "Astronomía", con Fernando Ballesteros (Prisma ao mellor texto inédito) e con Ángel Loureiro (director dos Museos Científicos Coruñeses).
-
Solución #uloaberrón
24/11/2016 Duración: 02minDesvelamos onde presentou Antonio Martinez Ron "Aberrón" o seu libro "El ojo desnudo"
-
Ultrasóns para chegar ao cerebro [SINC]
24/11/2016 Duración: 09minCarlos Sierra da Universidade de Columbia en New York investiga en como microburbullas poden traspasar a barreira hematoencefálica do cerebro empregando ultrasons. Estas investigacións son unha ventá a poderen facer chegar fármacos a rexións específicas do cerebro. Unha nova da axencia SINC con Eva Rodríguez.
-
Están seguros os nosos datos xenómicos? Conversa con Ana Marzo
23/11/2016 Duración: 17minOs datos xenómicos son especialmente sensibles, e non so nos afectan a nós senón tamén aos nosos familiares. Poden acceder as aseguradoras a eles? Pódense traspasar? Están ben custodiados actualmente? Están seguros na nube? Conversamos coa avogada especializada en propiedade intelectual e protección de datos Ana Marzo. Tamén coñeceremos o proxecto europeo Witdom no que participa Gradiant.
-
Ciencia no cine mudo: Einstein antes ca Betty Boop [Ciencia e Cinema]
21/11/2016 Duración: 16minEinstein antes ca Betty Boop: de como o cinema divulgou ciencia de vangarda. Na segunda entrega da sección de Ciencia e Cinema de Martin Pawley descubrimos os documentais en cine mudo sobre relatividade e evolución de Max Fleischer. Pequenas xoias que tamén nos ensinan os riscos de divulgar os últimos descubrimentos.
-
Efer 372 (20-11-16): Especial Prismas 2016
20/11/2016 Duración: 58minLevamos o laboratorio portátil de Efervesciencia á Domus na Coruña para coñecer a algúns dos gañadores dos Premios Prismas Casa das Ciencias á divulgación científica 2016. Conversamos co Prisma Especial do Xurado Ángel Roldán da revista "Astronomía", con Fernando Ballesteros (Prisma ao mellor texto inédito) e co equipo do Radioscopio (Susana Escudero, Emilio García e José Miguel Álvarez) Prisma ao mellor programa de radio. Desvelamos o misterio de "U-lo Aberrón" e coñecemos da man da axencia SINC un orixinal método para traspasar a barreira hematoencefálica para a liberación de fármacos creado polo bioenxeñeiro Carlos Sierra.
-
"Previremos o alzheimer antes que curalo", conversa con Jordi Camí
14/11/2016 Duración: 23minJordi Camí é o director xeral da Fundación Pascual Maragall. Polo de agora todos os fármacos desenvolvidos para curar o alzheimer en humanos teñen fracasado. Quizáis se aplican demasiado tarde. As novas estratexias apuntan cara a prevención. O Estudio Alfa da Fundación Pascual Maragall explora esta liña xunto con outros proxectos europeos. En paralelo xorden cuestións éticas ás que cómpre dar resposta. A boa nova é que aparecen indicios de que os elementos de vida saudable que protexen ao corazón tamén teñen efecto como reserva cognitiva.
-
O champú que escondía o I+D con @deborahciencia
14/11/2016 Duración: 11minDéborah García Bello @deborahciencia amósanos como unha mala publicidade pode encubrir desenvolvementos en I+D contrastados e eficaces. Unha maxistral lección de como ver as cousas máis alá da primeira impresión.
-
Se non o vemos onde é que está o Aberrón?
13/11/2016 Duración: 17minAntonio Martínez Ron presenta en Efervesciencia o seu libro "El ojo desnudo". A conversa realizámola nun lugar secreto cheo de sorpresas. Se afinas as orellas, estás atento as pistas e cres saber onde estamos poderás participar no sorteo dun exemplar do libro asinado polo autor. Envía a túa resposta por twitter coa etiqueta #UloAberron? ou cólgaa no noso facebook ata o 18 de novembro. Daremos pistas todos os días.
-
Efer 371 (13-11-16): Dentro dunha cámara escura
13/11/2016 Duración: 58minAnalizaremos a protección que teñen os nosos datos xenómicos coa avogada Ana Marzo, saberemos do primeiro documental en cine mudo sobre a relatividade de Einstein con Martin Pawley, e exploraremos a historia da visión e a luz da man do xornalista científico Antonio Martínez Ron.
-
Crossover Efervesciencia-FalaMelide con Javier Cristobo
08/11/2016 Duración: 15minFacemos un cruce de micros con Falamelide do IES de Melide, unha das radios escolares mais veteranas de Galicia. Xunto Inés, Elisa, Xanaia, Carlos, Carla, Ana e Paco entrevistamos ao director do Centro Oceanográfico de Xixón Javier Cristobo. Cristobo é o investigador español que ten participado en máis expedicións á Antártida.
-
Verne, o divulgador científico
07/11/2016 Duración: 25min"Todo o que unha persoa poida imaxinar, outras poderano facer realidade" O xornalista e historiador Eduardo Rolland é un "verniano" ata a medula. Con el parolamos sobre o creador de "20000 leguas debaixo do mar", a súa visión da ciencia e os científicos e a súa relación con Vigo.
-
As mareas vermellas chegan a gran pantalla
07/11/2016 Duración: 08minTendemos a asociar ás mareas vermellas con episodios tóxicos, e non é así na maioría das veces. O equipo de Bioimaxe, xunto con Ardora SCG, mergúllanse nas nosas rías para producir o documental "Mareas Vermellas" que conta co asesoramento do investigador do IEO Francisco Rodríguez.