Efervesciencia
Efer 420 (7-1-18): Luz contra o verdello
- Autor: Vários
- Narrador: Vários
- Editor: Podcast
- Duración: 0:57:24
- Mas informaciones
Informações:
Sinopsis
As pedras de granito coas que está construído boa parte do noso patrimonio son atacadas por consorcios de algas, bacterias e outros organismos. O proxecto "Light4Heritage" estuda como a luz artificial pode modular o crecemento destes colonizadores. Tras os test no laboratorio agora os investigadores ensaian nun entorno real sobre 3 paredes de monumentos composteláns. Achegamos os nosos micros ao Departamento de Edafoloxía da USC para conversar sobre "Light4Heritage" con Patricia Sanmartín, Justo Arines, Rafael Carballeira e Javier Cancelo. Será a luz ornamental unha ferramenta de control do verdello ou o seu uso é incompatible coa loita contra a contaminación luminosa? O infografista e ilustrador galego Alvaro Valiño é o autor da portada e da imaxe do achado do ano da revista Science. Deborah García Bello desmonta o viño do vaso de viño diario cardiosaudable e nas Moléculas en Galego Javier Balea desvela o secreto do cheiro a choiva.