Efervesciencia

Efer 448 (17-10-18): Correspondentes no mundo do coñecemento: O SciComPT18

Informações:

Sinopsis

Desprazámonos a Figueira de Castelo Rodrigo para asistir ao encontro SciCom Portugal, da Rede Portuguesa de Comunicadores de Ciencia. Entre amendoeiras, o viño Pinking, e estrelas conversamos con Pedro Russo (Universidade de Leiden), Maria Vicente (Plataforma de Ciencia Aberta de Figueira de Castelo Rodrigo), Ana Godiño (coordinadora de comunicación do CERN, RIcardo Brandao (Hospital de animais salvaxes da Serra da Estrela CERVAS) e coa nosa colaboradora Joana Magalhaes. Tamén reunimos nunha mesma mesa aos responsables das asociacións de comunicación científica de España, Portugal e Brasil: Antonio Calvo Roy (AECC), Joana Lobo Antunez (SciComPt) e Luisa Massarani (Instituto Nacional de Comunicação da Ciência e Tecnologia). Miguel Alcalde (ICP-CSIC) e Esteban Fernández Moreira (Universidade de las Américas) debullan para nós a evolución dirixida de enzimas e anticorpos que merceu o premio Nobel de Química 2018.