Efervesciencia

O segredo do sulfuro de hidróxeno [Rede Galega de Biomateriais 2]

Informações:

Sinopsis

O sulfuro de hidróxeno é un veleno moi potente, pero pola contra aparece en moi pequena proporción nas augas dos balnearios galegos empregadas no tratamento das doenzas reumáticas. No Grupo de Bioenxeñería Tisular e Terapia Celular do Inhibic están a estudar os mecanismos polos que o sulfuro de hidróxeno é beneficioso para as doenzas reumáticas. A idea é desenvolver na Rede Galega de Biomateriais substancias reabsorbibles para administrar este principio activo. Nolo conta a investigadora de postdoutoramento Elena Fernández Burguera.