Efervesciencia
Vén á VI Noite Efervescente en Guitiriz
- Autor: Vários
- Narrador: Vários
- Editor: Podcast
- Duración: 0:04:24
- Mas informaciones
Informações:
Sinopsis
A “VI Noite Efervescente” terá lugar en Guitiriz o sábado 6 de outubro. Comezaremos gravando entre 20 e 21h un especial Efervesciencia desde a Casa Habanera de Guitiriz aproveitando a conmemoración do World Space Week, evento global no que participa a Noite Efervescente. E ás 22 h. gozaremos dunha observación pública do ceo desde a Área Recreativa de San Xoan da man dos nosos estreleiros, Martin Pawley, Irene Baspino e Borja Tosar. Unha festa familiar da astronomía para todas as idades na que contamos como invitados especiais os amigos das asociacións Aspaber e Amipa. Agardámoste! Programa e localizacións da VI Noite Efervescente De 20 a 21 h. Recepción. Gravación de Efervesciencia na casa Habanera de Guitiriz (Localización) De 21 a 22 h. Tempo de cea libre De 22 h a 24 h. Observación pública na área recreativa de San Xoan (Localización). Gravación da segunda parte do programa de radio. A actividade é apta para calquera tipo de público e idade (menores acompañados). Pódese asistir o tempo que cada quen