Efervesciencia

Efer 450 (31-10-18): Arqueoloxía da emoción na terra de María Castaña

Informações:

Sinopsis

Neste programa monográfico os protagonistas han ser un soñador e a morte. O soñador é o arqueólogo, e amigo, Xurxo Ayán que logo de andar a escavar e a investigar por Galicia e polo mundo adiante regresa á súa a súa Cereixa natal, na Pobra de Brollón para catalizar un proxecto de arqueoloxía pública. Os mortos son unha pequena e humilde comunidade labrega de hai uns oitocentos anos que repousa nun camposanto ao pe dunha ermida derruída edificada sobre o que era un castro mineiro romano que nos remonta case outros mil anos pra atrás. O caso é que estes defuntos son tamén veciños de Cereixa e as súas tumbas foron descubertas no marco do proxecto arqueolóxico do Castro de San Lourenzo que dirixe Xurxo Ayán. Estamos a 30 de agosto de 2018 e logo de dous meses de traballo arreo está a piques de rematar a cuarta campaña de escavación no Castro de San Lourenzo promovida pola a asociación de veciños María Castaña. Hoxe vanse abrir varias tumbas que semella que conservan restos óseos, algo nada común nos chan ácidos