Efervesciencia

Como non reparar o xenoma pode axudar contra o cancro con @KP_twitt_llo

Informações:

Sinopsis

Os practicantes da arte marcial do aikido empregan as forzas dos opoñente para vencer ao seu rival. Óskar Fernández Capetillo, investigador do CNIO, emprega unha estratexia semellante para loitar contra o cancro. As células tumorais son bastante refractarias aos mecanismos de reparación do ADN, pero se lles quitamos totalmente estes mecanismos, pásanse de freada e acaban acumulando tantas mutación que se fan inviables. Con Capetillo tamén conversamos sobre envellecemento e inestabilidade xenómica, e de como abrir novas vías de ataque a un cumio inexplorado: o tratamento da ELA.