Efervesciencia
Efer 474 (17-4-19): M87, o burato negro fotoxénico
- Autor: Vários
- Narrador: Vários
- Editor: Podcast
- Duración: 0:55:03
- Mas informaciones
Informações:
Sinopsis
Falar de buratos negros é tan habitual, que para moitos foi unha sorpresa saber que nunca se tiñan observado directamente ata que o "Event Horizont Telescope" deu a coñecer a primeira "foto" dun destes obxectos. Conversamos sobre buratos negros con Javier Mas Solé (2:16), profesor do departamento de física de partículas da USC e investigador do IGFAE. José Luis Gómez, do Instituto de Astrofísica de Andalucía-CSIC formou parte do equipo que tomou a famosa foto do burato de M87 (22:05). Os nosos estreleiros Irene Baspino e Martin Pawley ensínannos a localizar M87 no ceo (40:10). Neste enlace tedes unha axuda visual https://youtu.be/FqcXiYqDXEI