Efervesciencia

Efer 477 (8-5-19): Desde Galiciencia

Informações:

Sinopsis

Programa con público desde o salón de actos de Tecnópole no marco da edición XIV da feira científica Galiciencia. Con Ricardo Capilla (director xerente de Tecnópole), os profesores Camilo Ojea (CPI Mosteiro-Meis), Beatriz López (Compañía de María de Santiago) e María Malvesada (CPR Santiago Apostol de Soutomaior). Tamén interveñen o actor Vicente Mohedano, a enxeñeira de minas experta en geotermia Lucía Novelle (Ingeo) e Óscar Chao Penabab do IES San Rosendo de Mondoñedo (profesor do equipo gañador da edición anterior). Julio Rodríguez (sicólogo e investigador da Fundación Publica Galga de Medicina Xenómica) preséntanos o seu libro "Que dice la ciencia de la educación y crianza de los niños" (Plataforma Editorial)