Efervesciencia

Efer 473 (13-4-19): Bioética do día a día

Informações:

Sinopsis

Profesionalidade, liberdade, responsabilidade, creatividade, honradez, respecto, xustiza, lealdade, ben común, confiabilidade, seguridade: estes son os puntos do código ético da investigación da Universidade da Coruña. Conversamos con José Antonio Seoane, profesor titular de filosofía do dereito na UDC e presidente do Consello de Bioética de Galicia, sobre as orixes da bioética, a ética na investigación, a edición de embrións con CRISPR, pero tamén da bioética que nos pode afectar no día a día. Sonia García da Asociación AMIPA poderá exercer o dereito ao voto por primeira vez malia teren pasado multitude de eleccións logo de acadar a súa maioría de idade. En Galicia vense de constituír o primeiro comité de bioética en servizos socias. Virginia Alonso é a presidenta deste comité do Consorcio de As Mariñas. NeuroART é o concurso de imaxe e vídeos artísticos relacionados co sistema nervioso convocado pola Sociedade Española de Neurociencia. O primeiro premio de imaxe e mais o segundo teñen a sinatura galega de